Cistro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cistro
"Muller con cistro", 1677 por Pieter van Slingelandt (ca. 1630-1691).

O cistro ou cistre é un instrumento musical de corda pulsada, ben sexa cos dedos ou cun plectro.

Ten forma de mandolina (con caixa plana), e as súas cordas metálicas distribúense en ordes dobres. Foi moi popular nos séculos XVI e XVII, era propio de músicos afeccionados por ser máis doado de tocar (e de construír) có laúde.[1] Semella que deriva da cítola medieval.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Roy Bennett: Léxico de música, tradución de Bárbara Zitman, Akal, Madrid, 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]