Faláfel
| Faláfel | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Prato
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||

| Valor nutricional por 100 g | |
|---|---|
| Enerxía | 1 393 kJ (333 kcal) |
31.84 g | |
17.80 g | |
13.31 g | |
| Vitaminas | Cantidade %DV† |
| Vitamina A | 13 IU |
| Tiamina (B1) | 13% 0.146 mg |
| Riboflavina (B2) | 14% 0.166 mg |
| Niacina (B3) | 7% 1.044 mg |
| Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.292 mg |
| Vitamina B6 | 10% 0.125 mg |
| Ácido fólico (B9) | 20% 78 μg |
| Vitamina B12 | 0% 0.00 μg |
| Minerais | Cantidade %DV† |
| Calcio | 5% 54 mg |
| Ferro | 26% 3.42 mg |
| Magnesio | 23% 82 mg |
| Manganeso | 33% 0.691 mg |
| Fósforo | 27% 192 mg |
| Potasio | 12% 585 mg |
| Sodio | 20% 294 mg |
| Cinc | 16% 1.50 mg |
| Outros constituíntes | Cantidade |
| Auga | 34.62 g |
| |
| †As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient | |
O faláfel[1] é unha preparación típica dalgúns países de Oriente Próximo e Oriente Medio, semellante a unha croqueta, mais de forma arredondada e elaborada cunha masa de garavanzos ou fabas, á que se lle engade diversas especias[2].
Consiste nuns boliños fritidos de garavanzos ou fabas moídos, normalmente mesturados con condimentos como allo, ceboliño, pirixel, coandro e comiño.[3] Moitas veces, consómense en pan pita, con hummus (pasta de garavanzo), tahina (pasta de sésamo) e ensalada (tomate, cogombro, cebola e leituga). Hoxe en día, o faláfel consómese en todo o mundo grazas aos restaurantes de comida oriental.
Popularidade
[editar | editar a fonte]O faláfel tornouse popular entre os vexetarianos e vegáns como unha alternativa á carne nos establecementos de rúa orientais (principalmente nos tipo döner kebab). Aínda que tradicionalmente considerábase coma unha "hamburguesa vexetariana", o seu uso tense expandido a medida que máis e máis persoas foron adoptando unha dieta rica en proteínas.
Nos Estados Unidos, a versatilidade do faláfel permitiu a reformulación de receitas para bolos, espaguetes e albóndegas, en pratos vexetarianos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome recomendado en galego en Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ (en inglés) Cociña de Arabia Saudita Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Faláfel |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| O Galilibros ten un manual sobre: Faláfel |
- Falafel, Canal Cocina, receita do faláfel (en castelán).
- Cómo hacer faláfel, receita pronta no YouTube
- Camo facer faláfel no YouTube
- Faláfel en pita no YouTube
- Faláfel con mollo de iogur no YouTube
- Alfez
- Atopar faláfel e adubo tahina no supermercado.