Samosa
| Samosa | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Prato
| |
|
Composto por
| |
| Ingredientes | |
|
Ingredientes
| |
| Orixe | |
|
País de orixe
| |
| Produto | |
|
Método de fabricación
| |
| Identificadores | |
| TasteAtlas | samosa |
| Wikidata G:Commons C:Commons | |


A samosa é unha empanadilla de forma triangular, típica da cociña do sur de Asia (a India, Paquistán e o Tíbet). Por regra xeral sérvese fresca e nalgúns casos con diversos aliños.
Descrición
[editar | editar a fonte]Está constituída por unha envoltura exterior de masa de fariña de trigo moi fina e fresca (similar a pasta fío) tradicionalmente elaborada de fariña de maida, rechea de pataca e chícharos ou outros vexetais cocidos e aderezados con curry que se frite en aceite ou ghi antes de servila. Non se descarta que se sirva rechea tamén de carne de pito ou cordeiro. En Portugal e Goa coñécense como chamuças, levadas polos mariñeiros portugueses. Cada país ten as súas propiedades específicas da súa cultura cos seus ingredientes máis utilizados.
Servizo
[editar | editar a fonte]As samosas sérvense xeralmente con galletas chaat (e coa salsa chaat masala) así como iogur (especie de leite callado), salsa picante chatni, cebolas finamente picadas e coandro. Sérvense quentes e coa masa exterior fresca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samosa |
| O Galilibros ten un manual sobre: Samosa |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Samosa |