Saltar ao contido

Evaristo de Sela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvaristo de Sela
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1917 Editar o valor en Wikidata
A Granxa, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1994 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1054423 BUSC: evaristo-de-sela-1917-1994 Nomes e Voces: 14232

Evaristo González Fernández, coñecido como Evaristo de Sela, nado na Granxa (Sela, Arbo) o 2 de marzo de 1917 e finado en Vigo o 28 de xuño de 1994, foi un catedrático de grego, poeta e tradutor galego[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai reloxeiro e nai labrega, foi o cuarto e derradeiro fillo do matrimonio. Aos doce anos conseguiu unha bolsa para estudar no Seminario de Tui onde estivo catro anos. Despois pasou dous anos cos Xesuítas de Marquain (Tournai, Bélxica) e antes de facer os votos dubidou e regresou á súa aldea en 1935. Ao ano seguinte alistouse como voluntario no Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e espantado pola represión dos franquistas, desertou xunto co soldado Manuel Rincón Álvarez e o cabo Manuel Quinteiro Segade. Colleron un tren, baixaron nas Neves e atravesaron o río Miño. Foron capturados pola policía portuguesa e entregado á Garda Civil en Salvaterra de Miño. Xulgados por deserción en consello de guerra o 19 de setembro de 1936,[2] Evaristo e Manuel Rincón foron condenados a cadea perpetua e Manuel Quinteiro, considerado o indutor, a pena de morte.[3] Estivo preso en Caldas de Reis e na illa de San Simón. Ingresou na prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona o 11 de outubro de 1937, de onde saíu en prisión atenuada o 1 de xuño de 1941.[4] Despois enviárono ao Campo de concentración de Miranda de Ebro e de alí pasou ao Batallón Disciplinario de Soldados Traballadores número 91 en Fuerteventura, de onde saíu en liberdade condicional o 23 de xullo de 1942.[5]

Autodidacta, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no ensino medio.[6] Finou en Vigo o 28 de xuño de 1994.[7]

Tradución

[editar | editar a fonte]

É autor das tradución ao galego dende a lingua orixinal dos clásicos a Ilíada e a Odisea,[8] editadas polo Consello da Cultura Galega en 1990 e distribuídas pola Editorial Galaxia como parte da colección "Clásicos Greco-Latinos".[9]

Tamén verteu obras de autores contemporáneos como Kavafis, Giorgos Seferis ou Odiseas Elytis (Poesía Neohelénica, 1708-1977. Xunta de Galicia, 2001).

Obra poética

[editar | editar a fonte]
  • Amar (Vigo, 1945)
  • Versos de preso e outras rimas (Ediciós do Castro, 2007 - publicación póstuma)
  1. Alonso Montero, Xesús (4 de setembro de 2002). "Evaristo de Sela: paixón polo grego". La Voz de Galicia. 
  2. El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7.
  3. El Diario de Pontevedra, 21-9-1936, p. 2.
  4. "González Fernández, Evaristo". Los presos del penal de Ezcaba. 
  5. Cabe sinalar que xusto tras a morte de Francisco Franco, Sela escribiu unha catártica execratio contra el: «Asesino de auroras, / frío Herodes de España / sanguinario profeta», como sinala o académico Alonso Montero.
  6. Homenaxe a Evaristo de Sela Arquivado 13 de novembro de 2016 en Wayback Machine., no blog da editorial Galaxia o 28 de novembro de 2011.
  7. La Voz de Galicia, 30-6-1994, p. 64
  8. Crónica da homenaxe a Evaristo de Sela
  9. "Evaristo de Sela ou Homero en galego, vinte anos após a súa morte". Sermos Galiza. 28 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]