Manuel Rincón Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1917 ![]() As Neves, España ![]() |
Morte | 4 de febreiro de 1939 ![]() Pamplona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
![]() |
Manuel Rincón Álvarez, nado nas Neves o 12 de outubro de 1917 e finado en Pamplona o 4 de febreiro de 1939, foi un dependente e soldado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rincón e Leopoldina Vázquez. Dependente de comercio. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era soldado do Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra, e espantado pola represión dos franquistas, desertou xunto co seu compañeiro Evaristo González Fernández e o cabo Manuel Quinteiro Segade. Colleron un tren, baixaron nas Neves e atravesaron o río Miño. Foron capturados pola policía portuguesa e entregados á Garda Civil en Salvaterra de Miño.
Xulgados por deserción en consello de guerra o 19 de setembro de 1936,[1] Manuel e Evaristo foron condenados a cadea perpetua e Manuel Quinteiro, considerado o indutor, a pena de morte.[2] Estivo preso na illa de San Simón e ingresou na prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona o 11 de outubro de 1937. Participou na fuga masiva do 23 de maio de 1938, sendo capturado ao día seguinte e reingresando no Penal.[3] Finou na forte o 4 de febreiro de 1939 a causa dunha lesión pulmonar. Foi soterrado no cemiterio de Berriosuso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 21-9-1936, p. 2.
- ↑ "Rincón Álvarez, Manuel". Los presos del penal de Ezcaba.