Carlos de Castro Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos de Castro Álvarez
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Castil de Vela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carlos de Castro Álvarez, nado en 1960 en Castil de Vela (Palencia), é un historiador e escritor residente en Pontedeume.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de rematar os estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid, enfocou a súa vida laboral cara ao ensino, sendo na actualidade profesor de Xeografía e Historia no IES Breamo de Pontedeume.

Está considerado como un dos máximos expoñentes da nova historiografía galega, centrando as súas investigacións na Comarca do Eume. De entre os seus numerosos traballos o titulado Muíños hidráulicos do concello de Pontedeume foi galardoado co Premio de Investigación Concello de Pontedeume, na edición de 1998.

É cofundador da revista Cátedra, Revista Eumesa de estudios, e membro do seu consello de redacción. Así mesmo forma parte do consello asesor e científico da revista Estudios Mindonienses.

Dentro do seu labor historiográfico leva publicados arredor dun centenar de artigos, principalmente no desaparecido El Comarcal, onde tiña unha sección fixa; na revista Cátedra; en La Voz de Galicia; na revista Estudios Mindonienses; e nos libros das festas de Pontedeume, Ombre e Nogueirosa. Tamén publicou os libros:

  • Igrexas románicas da Comarca do Eume (1997).
  • El Monasterio de San Juan de Caaveiro: Historia y arte (1999).
  • La iglesia de Santiago de Pontedeume, Historia y Patrimonio artístico (2003).
  • Prehistoria, Idades Antiga e Media, e manifestacións artísticas na comarca do Eume: material didáctico para 1º e 2º de ESO (2006).
  • Calles, plazas y jardines de Pontedeume, denominación, morfología y actividad en el espacio público (1270-1970) (2007).

No eido do fomento do turismo comarcal colaborou na guía das Fragas do Eume (2002), da que fixo a parte de Historia, e no folleto Rutas da Historia e do Arte (2003). Guías turísticas da súa propia autoría son:

  • El Monasterio de Santa María de Monfero (2011).
  • Pontedeume, Cabanas y comarca (2012).
  • Ferrol desde Ferrol, con fotografías de Rafael Saura (2013).

Outra das súas facetas é a de escritor de ficción, tendo publicadas tres novelas nas que a historia xoga un papel destacado. Estas son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ampla relación dos seus traballos no seu libro Calles, plazas y jardines de Pontedeume, denominación, morfología y actividad en el espacio público 1270-1970. Ed. Concello de Pontedeume, 2007. ISBN 978-84-921952-4-4