Licenciado en Dereito en 1958 e doutorado en 1961. Foi profesor de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada e despois catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1966) onde dirixiu, entre outras, a tese doutoral de Carolina Rovira. Profesor invitado das Universidades de Toulousse, Coimbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana. Foi fundador da Fundación Alfredo Brañas e presidente do seu padroado dende 1990. Dirixiu un programa de investigación trienal (1999-2002) na USC sobre "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega.
Foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela en 1973 en representación do terzo familiar[1]. A proposta de Alianza Popular, foi membro e secretario da comisión do Estatuto dos dezaseis.