Juan Rulfo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaJuan Rulfo
Biografía
Nacemento(es) Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno Editar o valor em Wikidata
16 de maio de 1917
Apulco, Xalisco
Morte7 de xaneiro de 1986
Cidade de México
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, filme e Fotografía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritor
Membro de
Xénero artísticoNovela, conto
MovementoXeración do 52
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Pedro Páramo
El Llano en llamas
Familia
CónxuxeClara Angelina Aparicio Reyes
Premios
Príncipe de Asturias

Páxina webelem.mx… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0750031 Allmovie: p314452
Musicbrainz: a518872e-c078-40ce-8dba-444ef83e6c71 Discogs: 2342289 Find a Grave: 7943903 Editar o valor em Wikidata

Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno, máis coñecido como Juan Rulfo (Juan Rulfo.ogg pronunciación ), nado en Xalisco o 16 de maio de 1917 e finado na Cidade de México o 7 de xaneiro de 1986 foi un escritor, guionista e fotógrafo mexicano, pertencente á xeración do 52.[1] A reputación de Rulfo aséntase en dous pequenos libros, El Llano en llamas, composto de dezaseis relatos, e a novela Pedro Páramo.

Juan Rulfo foi un dos grandes escritores latinoamericanos do século XX. Nas súas obras combina realidade e fantasía en accións desenvolvidas en escenarios mexicanos. As súas personaxes representan e reflicten os estereotipos do lugar cos seus grandes problemas socioculturais entretecidos co mundo fantástico. A obra de Rulfo, e sobre todo Pedro Páramo, marca o fin da novela revolucionaria, o que permitiu as experimentacións narrativas como no caso da xeración do medio século en México ou os escritores pertencentes ao boom latinoamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orfo de pai aos sete anos, catro anos despois finou a súa nai. En 1929 trasladouse a San Gabriel e viviu coa súa avoa e posteriormente no orfanato Luis Silva en Guadalaxara. En 1933 tentou ingresar na Universidade de Guadalaxara pero ao estar en folga, optou por trasladarse á Cidade de México e asistiu como ouvinte ao Colegio de San Ildefonso. En 1934 comezou a escribir os seus traballos literarios e a colaborar na revista América.

A partir de 1938 viaxou por algunhas rexións do país en comisións de servizo da Secretaría de Gobernación e comezou a publicar os seus contos máis relevantes en revistas literarias. Desde 1946 dedicouse tamén á fotografía, realizando composicións notables. Traballou para a compañía Goodrich-Euzkadi de 1946 a 1952 como axente viaxeiro.

En 1947 casou con Clara Angelina Aparicio Reyes, coa que tivo catro fillos (Claudia Berenice, Juan Francisco, Juan Pablo e Juan Carlos). De 1954 a 1957 foi colaborador da Comisión del Papaloapan e editor no Instituto Nacional Indigenista na Cidade de México.[2]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

En 1930 participou na revista México. En 1945, publicou, para a revista Pan en Guadalaxara os contos La vida no es muy seria en sus cosas, Nos han dado la tierra eMacario. Establecido na Cidade de México en 1946 publicou o conto Macario na revista América. En 1948 publicou La cuesta de las comadres e en 1950 Talpa e El Llano en llamas. En 1951 a revista América publicou o conto ¡Diles que no me maten! e en 1955 publicouse Pedro Páramo.

Entre 1956 e 1958 escribiu a súa segunda novela, El gallo de oro, que non foi publicada ata 1980.[3]

Logo de concluír as súas dúas novelas, Rulfo abandonou a escritura de libros. En 1974, durante un diálogo con estudantes na Universidade Central de Venezuela, Rulfo xustificou ese abandono coa morte do seu tío Celerino, que "lle contaba todo".[4] O tío Celerino realmente existiu e con el, Rulfo recorreu moitos lugares escoitando as súas historias, que eran consideradas como fantasiosas.[4] O escritor Enrique Vila-Matas, no seu libro Bartleby y compañía, describe esta xustificación como unha das máis creativas que se coñecen.[5] Para o escritor César Leante, Rulfo quixo evitar a repetición de evocar a crueldade e a dor expresadas en El Llano en llamas e Pedro Páramo.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un pedazo de noche, fragmento da novela El Hijo del desaliento
  • La vida no es muy seria en sus cosas (conto) (1945)
  • El Llano en llamas, (1953).
  • Pedro Páramo, (1955).
  • El gallo de oro (1980)
  • Talpa (conto)
  • Tríptico para Juan Rulfo: Poesía/Fotografía/Crítica (Colección das súas fotografías, a súa poesía e artigo sobre estes temas, publicado postumamente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Universia (16 de maio de 2008). "El 16 de mayo de 1917 nació Juan Rulfo, escritor mexicano perteneciente a la generación del 52". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2010. 
  2. Semblanzas de académicos (ed.). "Nuestros centenarios: humanistas mexicanos". Consultado o 14 de novembro de 2009. 
  3. "Juan Rulfo - Página oficial - El gallo de oro". clubcultura.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Rulfo, Juan (1996). "Ensayos discursos conferencias y prólogos". En Editorial Universidad de Costa Rica. Toda la obra. p. 451. ISBN 9788489666160. Consultado o 18 de setembro de 2013. 
  5. Vila-Matas, Enrique (2000). Bartleby y compañía. Anagrama Editorial S. A. p. 17. ISBN 9788433924490. Consultado o 18 de setembro de 2013. 
  6. Noya, Mario (14 de agosto de 2006). LibertadDigital.com, ed. "Juan Rulfo: pocas pero bruscas obras juntas". Consultado o 18 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]