Conversa usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 337: Liña 337:
Mentres non aprenda máis código limitareime a editar grallas.
Mentres non aprenda máis código limitareime a editar grallas.
--[[Usuario:Lourixe|lx]] 23:13, 29 febreiro 2008 (UTC)
--[[Usuario:Lourixe|lx]] 23:13, 29 febreiro 2008 (UTC)
*Respecto ao que dis de personalidades da política por países non creo que deba ser como dis, a categoría personalidades da literatura por país son escritores de Arxentina, Brasil, etc. e segundo o teu razoamente tiñan que ser personalidades da literatura de Arxentina, Brasil, etc.--[[Usuario:Arco de Rayne|Arco de Rayne]] 15:18, 1 marzo 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2008 ás 15:18

Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.

Ola de novo

Grazas polas túas palabras sobre a imaxe de Commons. A verdade é que inda non me explico como esa imaxe foi aprobada, pois ten defectos (a man do neno está sobreexposta). Supoño que será polo difícil que é captar esa expresión nunha cara, mais non pola técnica. Logo de facela, intentei repetila moitísimas veces e con mellor cámara, e non volveu saír.

Expreseille a Sobreira, agora mesmo, o meu desexo de acudir á cea do San Clodio, se é posible. Agradézovos que me teñades informado. Os próximos tres días non poderei conectarme polo que non estarei presente ata o martes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:38, 22 decembro 2007 (UTC)


Feliz Nadal

Ola, queríache desear un Feliz Nadal a ti e a os teus pra este ano 2008. Grazas pela túa axuda en todo e perdona se algo que fixe ou dixe che molestase. --Chabi 10:14, 24 decembro 2007 (UTC)

solicitados

boas! xa sei que vas andar liado, pero se tés un minuto podías mudar os artigos solicitados de animais, que é un campo totalmente descoñecido para min? descansa! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:32, 24 decembro 2007 (UTC)

Reino de Galicia

Bon dia Albert, parabéns polo traballo que fas aqui. Envioche unha proposta porque non sei realmente onde poñela, se na taberna ou realmente non sei, o caso é que estou traballando como xa veriades en documentar e encher ocos documentais relativos á entrada "Reino de Galicia/Galiza), o tema que propoño é unha reformulación dos periodos históricos, é dicir, ata agora temos: Idade Antiga: Cultura castrexa, Gallaecia, Reino Suevo, e despois Idade Media: Reino de Galiza, Época Altomedieval e Galicia Feudal. Entendo a quen dispuxo así a historia galego, pero con todo penso que é mellorable, explicome;, propoño que fagamos un cambio é que na historia antiga non engadamos o Reino Suevo, porque?, porque o comezo da idade media en Europa a marcan xustamente as invasións xermánicas e a caida de Roma, iso é un feito universal e como tal penso que deberiamos respectalo.

É dicir, eu cingiría a 2 periodos a Idade Antiga: Cultura castrexa (ou galaica), e periodo Galaico-romano (Gallaecia simplemente é o nome latino de Galicia), aínda que os termos poden quedar como estaban. Por outra banda, é incuestinabel que no século V comeza a Idade Media, tampouco ten senso que na nosa cronoloxía apareza Epoca Altomedieval se despois non lle acompaña unha Época Baixomedieval. Con todo eu propoño seguir novamente o modelo que dende uns anos acó se situa como máis correcto. Sería dentro da IDADE MEDIA: Periodo Tardo-Antigo (V-VIII), Periodo Altomedieval (VIII-XIII), e Periodo Baixomedieval XIII-XVI. Nese momento a finais do XV e comezo do XVI é cando comeza a Idade Moderna, estes séculos varian sensiblemente dun país a outro, pero en liñas xerais son aceptados pola comunidade, e visible mesmo en internet.

Asi a Idade Media, que está marcada polos reinos ten unha coerencia maior, e a historia antiga tamén.

Vou ver onde podo colocar isto, de todos xeitos, agardo a túa opinión e a de todos os galipedianos.

Parabéns a todos.

Wikiproxecto Linguas do mundo

Ola Albert! O 27 de decembro puxen en marcha o Wikiproxecto Linguas do mundo, para comezar un traballo de creación e mellora dos artigos relacionados coas linguas, un tema que (dende o meu punto de vista) debe ser obxecto de importantes melloras. Para isto convídote a participar neste pequeno proxecto para, pouco a pouco, ir mellorando este gran proxecto. Sen mais, un saúdo --Resorte(Falamos?) 21:34, 28 decembro 2007 (UTC)

pedido

Eras ti quen me pedía isto, nonsí? Que teñas boa entrada no 2008. -- Sobreira (parlez) 00:09, 30 decembro 2007 (UTC)


Pais vasco

Por que borraches os arreglos no artigo pais vasco para deixalo como estaba? isto é unha guerra de versións? Agora só representa un punto de vista non oficial, non recoñecido e non maioritaro. Ademáis non representa a variedade de opinions axeitada sobre o tema. Poderías ter comentado algo na páxina de conversa antes de tirar todo o meu traballo (cousa que por respeto eu non fixen antes apesares do absurdo de que pais vasco explicase algo non ofinial nin recoñecido internacionalmente.Xermánico 19:21, 30 decembro 2007 (UTC)


A cuestión é que para ti País Vasco é a traducción de Euskal Herria e para min de Euskadi. O retoque que eu fixen foi para representar as dúas opinións. Non fun eu quen desprezou. o artigo, que continuaba a ser confuso era algo máis imparcial. Agora voltou á súa parcialidade.O absurdo non é o que penses. O absurdo é representar só iso.Xermánico 19:34, 30 decembro 2007 (UTC)


Agradezo moito a túa disposición.Teño unha idea. Facer unha páxina de desambiguación en Pais vasco. Unha que leve a Comunidade Autónoma Vasca-Euskadi e outra que leve a Vascongadas-Euskal Herria. Eu non sei como facelo Xermánico 19:40, 30 decembro 2007 (UTC)


Gracias. Agora xa é máis serio e plural. Bon Traballo.Xermánico! 20:19, 30 decembro 2007 (UTC)

País Vasco

Síntoo non estar de acordo co contido da desambiguación. Ó meu ver a cousa debería ir:

   * País Vasco - Euskal Herria, con redireccións dende País Vasco e Euskal Herria
   * Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomi Erkidegoa, con redireccións dende ditos termos e dende CAV
   * Mover esta páxina a País Vasco (desambiguación)

Por outra parte, decidir trocar todo iso tan só nunha tarde seméllame moi forte. Nunca tivéramos tales problemas, pero semella polo que teño ollado ultimamente que isto comeza a semellarse á wikipedia castelá. Non debería haber máis consenso antes de mover páxinas? --Norrin_strange (Talk) 22:11, 30 decembro 2007 (UTC)

UPyD

De verdade que a miña intención ao pór fragmentos do seu manifesto non era facer propaganda, senón simplemente usar fontes primarias para expor o que é, o que di ser este partido. Respecto do do financiamento xa expuxen na discusión porque o considero importante. E respecto do do nacionalismo español, tamén o deixei moi claro na discusión. Espero que os intereses e opinións persoais non se impoñan á obxectividade aquí en wikipedia. Un saúdo compañeiro.--Macalla 23:01, 30 decembro 2007 (UTC)

solución 1

Quen anda co deseño da nova portada? -- Sobreira (parlez) 16:33, 31 decembro 2007 (UTC)

Regalos antes da fecha !

Ola Alberte ! sen que sexa o 6 de xaneiro xa teño con Mozilla os botos de Notas, Vexase tamem e tuti cuanti ! Non e de dudar o 2008 vai ser un ano moi boo. Saudos --ElviraConversa con mi 17:32, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Benvida

Benvido ao wikiproxecto concellos galegos, como o pos tan así (para o que se che pida), teño unha suxerencia, que che parece dividir as provincias entre as do interior e as costeiras, e engadirlle aos concellos os datos do uso do galego segundo as táboas que fixo Caronium, ti elixes as provincias que queiras e eu as outras dúas, e xa sacamos de enriba un dos traballos pendentes do wikiproxecto. Aceptas a luva? Saúdos e feliz ano!!!-- Alma (fálame eiquí) 17:18, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Non me importa, :), moi ao contrario sei o traballo que supón e por iso agradezo máis que o aceptaras, vou poñelo logo na páxina do wikiproxecto que ti comezas con Pontevedra, e eu con Ourense, ao principio costa aclararse, pero son só 4 datos os que hai que engadir no modelo: Concello info, na páxina do wikiproxecto tes as ligazóns ás táboas. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:29, 3 xaneiro 2008 (UTC)
  • Bo ano e que se che vaian facendo os teus proxectos, na vida real e na virtual. Contento de coñecérmonos na cea. Sobreira (parlez) 21:40, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Olá Albert: Vale, sinto a desfeita pero supuxen que primaría as recomendacións da Norma. Como ves aínda estou algo verde por estes pagos pero pouco a pouco vou aprendendo. Ata logo e bo ano--zanaer 19:33, 9 xaneiro 2008 (UTC)


tururú

Eu cando creei os artigos eses tiñan o outro nome, polo nome que eran mais coñecidos, pero na lista de artigos solicitados seguían saindo como non creados, pois saían cos nomes aos que os movín eu hoxe; por iso cambieino, para que mudase a cor ao azul. Sauudos! Meu rei

Unha dúbida

Ola! Vexo que es administrador e estas activo neste intre... poderías botar unha man cunha dúbida que tenho...? Non levo moito tempo e non sei como facer. Gostaría de ampliar o artigo de Rotuma pero para facerlo tería que trocar drásticamente a edición principal. Púxenme en contacto co usuario que a fixo para saber se non había problema mais non resposta. Podería porme a editar e facer ese "cambio radical"?--Jurjinho 13:31, 11 xaneiro 2008 (UTC)

  • Ok. De todas maneiras imaxino que o usuario non ten pensado respostarme posto que desde que lle escribín a mensaxe xa ten feito un número considerábel de edicións en diferentes días--Jurjinho 13:42, 11 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas pola resposta

Grazas pola resposta no tocante ás licenzas de imaxes de ImageShack. Por certo, alguén que di ser o Webmaster da páxina na que atopei as imaxes deixou una mensaxe dicindo que non precisan de licenza Creative Commons. O problema é que a súa sinatura é só unha IP :). Ti que pensas?--Manudosde 16:30, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Infobox concello

Vin que vas a comezar a traballar co modelo Infobox concello, xenial!!!!, pódense facer propostas? Saúdos-- Alma (fálame eiquí) 15:14, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Ia dicir o dos orzamentos pero xa vin que o quitaches, do que me falas, o dos escudos e situación, non sei como arranxalo, creo que sobreira dixera algo de que xa tiña a solución cos escudos, pero non puxo onde. O que sí e que si se lle muda o look a este, hai que adaptar tamén o de parroquia e os de lugares, todos os que se meten nos concellos para que non desentonen. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:07, 15 xaneiro 2008 (UTC)
Teño unha suxerencia ou idea: Depende de si na páxina dos concellos se manteñen os datos das eleccións ou só unha ligazón a páxina onde están os datos de todas as eleccións dado que son obxecto de múltiples vandalismos, pero como de tódolos xeitos esta sería unha decisión a tomar na Taberna, a suxerencia é que no campo de {{{Outros}}} este Outros poida ser substituído por outro partido político, cousa que é importante naqueles concellos onde o partido maioritario é precisamente o Outro, por exemplo, Narón onde o partido que gañou as eleccións do 2007 foi o Tega pero non se pode recoller no Modelo senon dunha forma non moi técnica. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:12, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Contacto

Tiña que falar contigo... Andas por aí? --Xabier Cid 19:17, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Repito mensaxe, ;) --Xabier Cid 11:49, 22 xaneiro 2008 (UTC)

Ciutadans

Aínda que pareza mentira, son artigos distintos sobre cousas distintas. Un é unha asociación. Outro un partido político. Quizais habería que darlle unha volta á redacción da asociación, e conectalo algo co que pasou despois do labor político. --Xabier Cid 11:00, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Os ríos de Francia

Ola Alberte ! Veño de iniciar o artigo Marne (río) e doume conta que teño dous problemas :

  • O nome de artigo Marne (río), non concorda cos outros nomes da Categoría:Ríos de Francia. Que che parece move a Río Marne e en tal caso poñolle orden os outros ríos pa que non se orden todos a letra R ? Ou movo todos o outros ríos o xeito de Nome do Río (río) e a categoria queda homoxena e ordenada ?
  • Non dín posto a caixa do modelo dos ríos. Ai duas posibilidades e ninghuna me sae ben ??? copie doutro río !

Farei o que mandes tú. Saúdos ElviraConversa con mi 22:53, 19 xaneiro 2008 (UTC)

Foto Barquiño en S. Antón

O barco da foto, penso que é unha reproducción que se fixo nos anos 80 dunha antiga embarcación galega coa que se pretendeu demostrar a capacidade dos nosos antergos para acadar as Illas Británicas (demostrado xa con estudos xenéticos?).Foi confeccionado como un cesto e recuberto de coiro. Eu vino na FIMO en Ferrol nos 80. Comentocho por si che vale de algo. Saúdos.--PepedoCouto 11:31, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas

Pensaba cambialo o acabar, xa que dinme de conta diso xusto despois. Un saúdo--Mskina (Fálame) 16:42, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas pola corrección

Grazas Albert pola túa corrección no artigo Tipado Pato Saúdos --Fran Diéguez 23:00, 20 xaneiro 2008 (UTC)

O Sena

Ola Alberte ! No artigo Río Sena, dise que hay que recoller o material do artigo Sena. Veño de fagelo e engadin un pouco mais. Ainda queda moito que arranxar, pero xa é outra cousa. Podes borrar Sena. Saúdos ElviraConversa con mi 23:20, 21 xaneiro 2008 (UTC)

problemas ?

Ola Alberte ! Hoxe que tiña mais tempo, non tuven sorte, tuven problèmas de conecion a Galipedia. Controlei algo do que fixen e niste caso : [1] só fixen os cambios da liña 42 pa baixo. Os cambios nas imaxes non fun eu, e deso estou mui segura. Que che parece ? ElviraConversa con mi 20:49, 27 xaneiro 2008 (UTC)

¡Oxalá! teñas razon, estaba pensabo algo asi : Conversa Usuario:213.60.56.143. Eso tranquilizame. Moitas gracias Alberte, pola semana paserei mui pouco. Sáudos ElviraConversa con mi 21:24, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Reversión

Ola, Alberte, revertín un troco que fixeches nunha páxina de conversa, creo que por erro... Bicos. --Xabier Cid 11:52, 28 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:46, 30 xaneiro 2008 (UTC)

  • Grazas, xa o conseguín propór, o caso é que fixera mal o primeiro paso e claro todo o resto ía mal.Acerto 15:49, 2 febreiro 2008 (UTC)


Noso Pai

Ola, non quero entrar nunha guerra de edicións, podes mirar o artigo Noso Pai e a súa páxina de conversa para establecer a edición correcta?, grazas.Acerto 11:18, 3 febreiro 2008 (UTC)

Sobre Mac OS X e calendario chinés

Revisei as dúas entradas e fixen a fusión do artigo do calendario chinés vota unha ollada por si agora está ben. --Fran Diéguez 17:06, 7 febreiro 2008 (UTC)

Dear Albert; please look at the links at commons:user:i18n#useful links. Thanks in advance! Best regards Gangleri
‫·‏לערי ריינהארט‏·‏T‏·‏m‏:‏Th‏·‏T‏·‏email me‏·‏‬ 17:55, 7 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. SaudosMiguel.lima 22:24, 7 febreiro 2008 (UTC)

Abrir votación modificación política

Pois a verdade é que non sei exactamente cal é o procedemento exacto para abrir a votación. Agradecería me indicases a ligazón á política que o especifíque.

Sobre o cando, a miña idea era recoller opinións nesta páxina de conversa, tentando chegar a unha proposta de consenso, para logo poder levar un texto definitivo, que sexa ratificado coa votación oficial. Non sei si é este o camiño mellor, nin o oficial, a min pareceume boa solución. Outro xeito sería abrir directamente o debate durante a votación oficial, e ir cambiando o texto alí. Eu, persoalmente, prefiro tantear o terreo e aproximar posturas antes. Durante a votación oficial paréceme máis coñazo que pasen cousas como o cambio que fixen no medio da votación, tendo que pedirlle a xente que volva a votar, porque se cambiou o que se está votando. Prefiro levar un texto máis maduro e consensuado.

E resumindo, parece que hai consenso maioritario en varios puntos, pero non no título do artigo. O que podo facer e levar á votación oficial un novo texto para a política, que no apartado do título recolla as dúas opcións que se están valorando, e alí se vote.

Saudos e grazas Miguel.lima 18:22, 8 febreiro 2008 (UTC)

Por certo, non esquezas mover o teu voto, agora que dividin esa parte en dúas. Obrigado (espero non estar mareando moito á xente :? Miguel.lima 18:24, 8 febreiro 2008 (UTC)

reposición de liquen

Ola, Albert galiza, recurro a ti a ver se me podes axudar: refixen a primeiros de ano o artigo liquen para poñelo de exemplo (quizais non o mellor exemplo) ao expor unha proposta de reforma de políticas en canto a redireccións de páxinas con títulos erróneos. Agora, de volta, vexo que tal páxina foi borrada por ti, pero entendo que foi porque non estabas a seguir o debate. Sería posible recuperar (des-borrar) a páxina mentres dure o debate, e despois bórrala de novo se aplica? Graciñas en calquera caso.--QuatriNauta 15:56, 9 febreiro 2008 (UTC)

home, sin coñecer moito de políticas non vexo a que diga que é incorrecto, e tamén me estraña que, entre centos de artigos en similares circunstancias, xusto se borrase ese artigo en particular, pero vale, aguantareime. Saüdiños--QuatriNauta 16:45, 9 febreiro 2008 (UTC)
Albert, dicía que hai centos de páxinas similares no sentido de que son formas non correctas e que parece que non molestasen excepto a que eu modifiquei, que se borrou de inmediato en base a algunha política que descoñezo; resúltame paradóxico que para borrar un artigo de publicidade, por exemplo, se necesite votación mentres que para o meu artigo, que intenta exemplificar unha política, se borrase inmediatamente. Desconcértamee cando o relaciono coa agresividade que a miña proposta suscitou nalgunha usuaria, cousa que xa é pasado. Nada máis, respeto o borrado e seguiremos traballando. --QuatriNauta 17:20, 9 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:32, 9 febreiro 2008 (UTC)

modelo cita web

Xusto por iso non o toquei. Por que está en varias páxinas. Tiña pensado preguntar que facer logo na taberna, pero xa que sacaches o tema... ¿como podo facer? O modelo actual ten os parámetros en inglés, eu estou creando este cos parámetros en galego (ademáis de para incluir unha descripción de como usalo). Os artigos que usan cite web e meteron {{cite web author=blabla title=blabal.... deixarían de funcionar (supoño) si traduzo o modelo. ¿que se pode facer? ¿como podo redirixir iso?

Grazas polo aviso Miguel.lima 18:13, 9 febreiro 2008 (UTC)

Si non tes experiencia cos Templates non te mates a buscar, xa porei na taberna a cuestión a ver si alguén que controle máis o tema me bota unha man. Saudos Miguel.lima 18:14, 9 febreiro 2008 (UTC)

Batalla Final

Ola, grazas pola túa mensaxe. Pois a Batalla Final é como se coñece á Dagor Dagorath, a batalla da fin dos tempos, que no legendarium de Tolkien será a fin do mundo actual e a derrota definitiva de Morgoth. No Silmarillion só se fai unha breve referencia ao final de Akallabêth (the Last Battle and the Day of Doom). Polo que se di na Wiki inglesa, a profecía completa está incluída en The Shaping of Middle-earth e en The Lost Road, que non sei se están nin sequera traducidos ao castelán. Espero terche servido de axuda :) Un Saúdo.--Manudosde 17:23, 10 febreiro 2008 (UTC)

Xabarín Club

Desculpa, pero estiven a ver que mudaches a bandeira do país no cadro do Xabarín Club. Non é unha cuestión de "españolismo" nin nada así, pero por como país de orixe a Galicia é ir lonxe. Podemos falar de moitas cousas culturais, termos culturais e demáis, pero non se lle pode dar trato de país ao que é administrativamente unha comunidade autónoma. "Lugar de orixe" ou "orixe" responden moito mellor nese cadro que a palabra "país". Un saúdo Xermánico! 17:49, 10 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario

Ola Albert galiza. Vexo que o pasado 13 de xaneiro se cumpriron dous anos desque estás na Galipedia. Con case un mes de retraso parabéns polo teu traballo e pola gran contribución que fixeches para que este proxecto permaneza vivo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:27, 10 febreiro 2008 (UTC)

artigos solicitados

boa tarde! creo que non é boa idea retirar ás ligazóns a artigos doutras wikis dos artigos solicitados na galipedia, xa que boa parte dos artigos solicitados creados son en base a traducións. Ademais diso, creo que en vez de mudar Anatoly por Anatoli puidéchelo retirar, que xa está creado.

Espero que non tomes a mal isto, que sei que non sempre gustan as críticas, aínda que sexan (ou pretendan ser) constructivas.

Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 20:51, 10 febreiro 2008 (UTC)

lista de vixilancia

Ola Alberte ! Non sei si podes darme luces, pero intento : non teño problemas pa engadir, segir e retirar artigos e usuarios na miña lista de vixilancia, mais no que se trata das outras paxinas da taberna, dos votos, pois ando como unha parviña. Por exemplo, nunca sei cando ponse una nova proposta de imaxen, si non vou ver pasando pola ligazon que puxen na miña paxina de usuario. Haber si tes algun consello no fiadeiro pa o meu caso desesperado . Saudos ElviraConversa con mi 21:53, 10 febreiro 2008 (UTC)

desfacer

Porque non das unha resposta en lugar de tapar? Eu non estou editando na votación senón debaixo xa que aproveitouse o peche para marcar a dúas persoas. Colabora no que queiras, pero recorda dúas persoas que non teñen máis obrigas entre eles que as que se queiran marcar voluntariamente. Lansbricae (Ti dirás) 12:37, 12 febreiro 2008 (UTC)

Prégolle que solucione o problema que sinalei no Taboleiro

Puxen un grave problema no Taboleiro, ante a súa actitude resolutiva contra un dos usuarios implicados nese problema, e como parte do mesmo, pídolle que entre a solventalo, e que solucione o problema existente. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 12:58, 12 febreiro 2008 (UTC)

postman always rings twice

boas, Alberte!

como carteiro, prefiro mandar este correo certificado e asegurarme que chega ó destinatario. déixoche aquí unha ligazón ó texto que me mandou Alma para colgar no taboleiro de Admons, pois ten unha referencia a ti (velaquí).

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:51, 13 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que invalida os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

Grazas e petición

Grazas por tentar desbloquear a Ip, de feito non se desbloqueou ata que expirou o prazo de dous días que poñía á mensaxe, ás 22.26 do 13 de febreiro tal e como te mandei na primeira mensaxe de correo-e, ahí si xa me deixou editar. Pedín no taboleiro unha explicación dos bloqueos aos dous usuarios bloqueados, sinto causarte molestias, pero eu non entendo as causas que figuran nos resumos dos bloqueos, podesme explicar os actos deles que constitúen e dan dereito a ser sancionados con eses bloqueos? Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:54, 13 febreiro 2008 (UTC)

Alberte, xa tiña revisadas as edicións, o que che pido, se queres mándamo ao correo, éme o mesmo, xa cho pedira eu e tamén lansbricae é que me digas que comportamento concreto constituiu acoso, cal ameazas e cal menosprezo? Lameiro tampouco entendeu o bloqueo e así o fixo constar no Taboleiro e tampouco lle respondiches, non é unha cuestión de sentimento, pois noutras ocasións teño dito que se o houberas feito, ben feito estaría (na cea en decembro o falamos en persoa por se non o recordas). Pero é que neste caso non o entendo, podes explicarmo, por favor? Grazas. Alma (fálame eiquí) 14:16, 14 febreiro 2008 (UTC)
Alberte, só matizar algunhas cousas:
  1. A 1ª reversión que sinalas fíxoa Estevoaei, non Lansbricae, co que lansbricae non infrinxiu a normas das 3 reversións. Compróbao por favor.
  2. Se consideras que eses comentarios son menosprezo, cousa túa, é outra aprezación, igual que o dos correos, subxectivo a máis non poder, quen os queira llos envío e que se forme o seu propio criterio. Non se poden dicir esas cousas así á lixeira.
  3. O de solicitar a súa revogación, non é un acoso, é un acto permitido por unha política oficial Wikipedia:Elección de administradores#Revogación dos permisos de administrador, do mesmo xeito que que ti votaras ao favor do seu bot e logo en contra tampouco é acoso, senon outra posibilidade que da a política de votacións. Cando un considera que os actos que fai un administrador vulneran as políticas aprobadas pode pedir a revogación dese administrador, xulgar eso como acoso, é unha esaxeración para xustificar unha medida absolutamente desproporcionada. Puidéchelo bloquear noutras ocasións e ben motivado pero nesta, de verdade que Discordo con 2 dos teus 3 motivos e calquera pode velo, que é un despropósito.

No caso de Maañón, xulgalo por actos pasados tamén semella inxusto a máis non poder, e o comentario que fixo na páxina de conversa non atenta contra nada (sempre baixo o meu punto de vista, claro).

Síntoo, desde o meu punto de vista noutras ocasións puideras ter tido razón ao facer os bloqueos, agora NON. No caso de Lansbricae, son falsos 2 dos 3 argumentos, no de Maañón non entendo un xuízo polo teu "pasado" e por un comentario onde non ofende a ninguén. Se a razón do bloqueo a Maañón é a existencia de supostos insultos na súa páxina de usuario, non vexo insultos, non ofende a ninguén, non fala de nadie en particular. Hai unha cita e un comentario, nada máis. Concordar cunha solicitude de revogación que está establecida nunha política é obxecto de bloqueo porque é considerada un acoso ¿?. Que forte!! . Menos mal que non concordou ninguén máis e que eu non pensaba facelo. Grazas polo aviso a navegantes. O peor de todo esto é o convencido que estás de que o xeito de actuar é o correcto.-- Alma (fálame eiquí) 16:14, 14 febreiro 2008 (UTC)

  • Alma di que "no de Maañón non entendo un xuízo polo teu "pasado" e por un comentario onde non ofende a ninguén. Se a razón do bloqueo a Maañón é a existencia de supostos insultos na súa páxina de usuario, non vexo insultos, non ofende a ninguén, non fala de nadie en particular. Hai unha cita e un comentario, nada máis"
  • Aquí a cousa é clara como a auga clara e cristalina. Maañón, na votación de revogación estivo quente e agresivo, coma sempre e iso non é novidade ningunha, pero o que escribiu na súa páxina de usuario é ofensivo, insulta e aínda que "non fala de ninguén en particular" a todos nos queda claro o destinatario (cousa tamén habitual nel: deixar cae-las cousas, como quen non di nada a ninguén). Mesmo ti, Alma, sobreentendes a quen fala. Nada máis lonxe da realidade que "o comentario que fixo na páxina de conversa non atenta contra nada". Atenta contra os destinatarios e contra os que pasamos por aquí. La poesía es un arma cargada de futuro, que dicía alguén.
  • "Hai unha cita e un comentario, nada máis" ¿Como que "nada máis"? Esa cita e ese comentario están escollidos co obxectivo de emitir unha mensaxe, unha mensaxe ben clara e entendible. ¡Que Deus nos libre da súa reacción se alguén tivese ... de dirixirlle a el esas mesmas palabras, textualmente!
  • Extráñaste tamén por "xulgalo por actos pasados". ¿A que vén esa extrañeza se iso é algo que facemos todos? Alberte, Xabier, ti, Lans, eu e Maañón temos unha opinión dos demais -boa ou mala- baseada en actos pasados. Todos xulgamos e a todos nos xulgan polo que fixemos no pasado. Ese historial, bo ou malo, é o que nos define e o que valoramos. Que non se actuase antes como agora non perdoa nin esquece nada, ó revés: son agravantes ou eximentes. Tamén se di que "Palabra solta non ten volta".
  • Pedro --Lameiro (conversa) 20:34, 14 febreiro 2008 (UTC)
Oe, unha cousa, coa historia da modificación dos bloqueos, o sistema engadiu dous días máis o bloqueo a Lansbricae e na mensaxe agora saélle 20 de febreiro as 19 e pico cando o luns (que foi o día que o bloqueaches), na primeira era ata o 18 (7 días) pero con cada troco foiselle engadindo un día. Non sei como se pode amañar, supoño que lembrándote ti de desbloquealo o día en que se cumpren 7 días. Non? Alma (fálame eiquí) 20:02, 14 febreiro 2008 (UTC)

Museos

A verdade é que esa era a miña intención, facer logo artigos individuais de cada museo. Cando comecei quería escribir unha introdución que remitise logo a un artigo principal, pero esa introdución fíxose longa de máis segundo ía metendo máis e máis museos. Agora mesmo, cando aínda faltan non menos de 60 ou 70 xa me está avisando de que a páxina pesa moito; tanto é así que ata pensei en fracciona-lo artigo en "Museos da Coruña", de Pontevedra, etc. Segundo vou consultando textos e a rede, e visitando museos, para enterarme de qué vai cada un vou archivando información para eses futuros artigos individuais, de xeito que aquela introdución inicial é realmente unha moi pequena parte do que teño. En resumo, que dáme tempo e iremos creando artigos con máis enxundia que o que podía dicir aquel texto breve. O problema é que teño demasiadas frontes abertas e o tempo non me dá para moito máis. Mesmo a área de alimentos e alimentación, que foi a razón de fondo de meterme na Galipedia é do que máis documentación teño e o que máis abandonado está. Outra idea que me propuxen foi deixarme de discusións e correccións ortográficas e dedicarme a crear e editar artigos que me interesaran persoalmente, pero cando vexo os "cambios recientes" non podo deixar de saca-lo meu papel de notiñas e anotar que teño que corrixir isto, comprobar aquilo ou contestar o de máis alá. E así se me van as horas. Vale, logo, farei o que me dis e retomarei o mundo dos museos. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:15, 14 febreiro 2008 (UTC)

non o entendo

Albert galiza, perdoa pero non o entendo: se eu poño cousas personais resulta que está prohibido por ser un "blog". Non sei se o que poño é un blog, pero vexo na túa páxina que es un estudante de 20 anos nado en Vigo, residente en Parderrubias, Salceda de Caselas e coa Universidade en Madrid, que durante o curso escolar vives en Madrid, que estudas Enxeñaría Forestal na UPMque te rexistrache na Galipedia o 13 de xaneiro do 2006, que xa colaborabas dende antes. ¿iso non é logo blog? ¿e que me dis de faceres publicidade na túa páxina do teu blog personal? ¿iso non rompe ningún piar?

Mira: non paga a pena que discutamos: supoño que o que molesta non é que a páxina sexa blog senón o que digo nela. Iso ten remedio fácil: ti disme se hai algo que che amole e eu borrareino.--QuatriNauta 22:16, 14 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida

Ola. Só queríache agradecer as molestias. Pensaba que o termo 'ao' era substitutivo como de 'servicio' a 'servizo'; mais non sei onde o lin, dábase preferencia á forma 'ao' (por aquilo que é máis preto ao portugués). En calqueira caso de agora en adiante serei menos escrupuloso.--Shaqster 00:38, 15 febreiro 2008 (UTC)

Agardar

Entendo. Neste caso non muda o resultado desta votación. No entanto, imaxina que o resultado dunha votación fose "a favor 6, agardar 7" - aprobaríase? Si, non? --Xosé (✉) 19:56, 16 febreiro 2008 (UTC)

RE

Carezo da información que aportas. Non tiven nunca ese dato polo que o cálculo fíxeno por horas. Só teño visto bloqueo ata o día 19 e despois ata o día 20, non din chegado a ver o primeiro bloqueo. Desculpa e procede como debas. non foi a miña intención saltarme ningún bloqueo, pero carecín da información suficiente a pesares de tela pedido en repetidas ocasións. Un saúdo. Lansbricae

Correcto

Recibido, só era por darlle maior información a través das propias verbas dos veciños.

O que si volvín correxir foi o da rúa ¿peonil? Oidor Gregorio Tovar. Son veciño da zona e sei do que falo, a rúa Oidor Gregorio Tovar non é peonil, é unha rúa de tráfico normal perpendicular á rúa peonil Angel Senra, que é a rúa transformada en peonil polo Concello para intentar revitalizar o barrio.

Saúdos.

Arrevoire

floculación

¡que paciencia tes, Alberte! Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:00, 20 febreiro 2008 (UTC)

  • Albert, repasa a páxina de conversa desta floculación e decide qué facer. Unha cousa é que un alumno teña que facer un traballo de clase na Galipedia e outra é que lle admitamos unha tradución dun folleto publicitario. Ou que o traballo llo teñamos que facer nós corrixíndolle a tradución e o estilo. Admitirllo nin é bo para a Galipedia nin para a formación dese alumno. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:05, 20 febreiro 2008 (UTC)
    • E non esquezas borra-lo artigo -1800.

Subir imaxes

Ola. Quería comenzar a subir fotografías da miña autoría para ilustrar algúns artigos da Galipedia, e non estou seguro de se o fago ben. Subín de proba esta foto:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:Escultura_de_homenaxe_a_Lu%C3%ADs_Pimentel_na_Praza_Maior_de_Lugo.jpg

... dunha escultura de Luís Pimentel, e gustaríame saber se está ben cubertos os datos necesarios. Ademáis, gustaríame saber se as imaxes que subo as pode engadir calquera aos artigos ou é algo que ten que facer o que as sube. Grazas por adiantado.

--Iago 17:24, 20 febreiro 2008 (UTC)


Grazas pola axuda. Só unha dúbida: onde teño que copiar ese cadro cos datos? No resumo? Saúdos.

  • Grazas por mover a mensaxe á conversa. Intento traballar a máis velocidade da que son capaz--Lmbuga Commons - Galipedia 17:38, 21 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida

E polos acalaracións e consellos. E polo atraso nada, porque me acabo de enterar de que existe a páxina de conversa. Estou un pouco verde, pero pouco a pouco. Saúdos--mariquinhagz 14:27, 22 febreiro 2008 (UTC)

Albert galiza, perdoa se entendicheisto como acusación personal, simplemente me limitei a indicar uns feitos. Se ti os interpretas desa forma é outro cantar. Agradézoche que compartas comigo o anoxo que sentes, quizais se non lle buscas terceiras intencións ás miñas palabras te sintirías mellor e comprenderías máis claramente o que intento dicir, que non está relacionado coa túa páxina de usuario senón coa miña e coas reversións arbitrarias que, ao meu entender, foron feitas nela. O problema, no meu entender, non é a miña tímida protesta que eu poda facer (se eu non son ninguén eiquí!) senón os feitos polos que protesto, a arbitrariedade feita ao reverteres a miña páxina de usuario, ao acusaren a unha usuaria de monicreque ou outras actuacións similares, eís o problema. Estamos aquí para colaborar, e podes contar comigo, pero cada un debería poder ter criterios propios. Saúdos moi cordiais. --QuatriNauta 18:56, 22 febreiro 2008 (UTC)

¡Un ano!

Grazas, Alberte, por estar en todo e polos ánimos que nos dás. Un ano... ¡como pasa o tempo! Será que o chollo é divertido, a compaña agradable e o sitio interesante. Como dicía o meu sogro: "Se non fora por estes momentos e máis outros...". Saúdos, grazas de novo e a por outro. Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 24 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida

Mentres non aprenda máis código limitareime a editar grallas. --lx 23:13, 29 febreiro 2008 (UTC)

  • Respecto ao que dis de personalidades da política por países non creo que deba ser como dis, a categoría personalidades da literatura por país son escritores de Arxentina, Brasil, etc. e segundo o teu razoamente tiñan que ser personalidades da literatura de Arxentina, Brasil, etc.--Arco de Rayne 15:18, 1 marzo 2008 (UTC)