Conversa Wikipedia:Toponimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A min aínda non me quedou claro os casos de Bielorrusia e San Mariño, non teño un atlas en galego por iso dudo coas formas Belarús e San Marino... --Adalbertofrenesi(talk) 17:48, 8 Abr 2005 (UTC)

  • Neste enlace tes unha das fontes que seguimos: Galego en liña - Toponimia (unha páxina de información sobre a lingua galega desenvolvida pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo). A entrada principal é: http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:56, 8 Abr 2005 (UTC)
  • Entendo perfectamente todo o que me dis, Prevert, na miña páxina de discusión: User:Xabier Cid. O meu problema non vén tanto do respecto ás regras, que é algo que teño bastante claro desque comecei a traballar na galipedia (e pídoche desculpas as veces que non as cumprín coa eficiencia necesaria). Pero si me gustaría saber qué debate houbo para escoller como fonte de referencia esa da Universidade de Vigo (feita por quen? cando? con que criterios?) cando hai fontes bastante boas e completas de toponimia e esa é, sen lugar a dúbida, a peor, máis incoherente e mala lingüisticamente falando. E dígoo con coñecemento de causa.--Xabier Cid 07:19, 21 agosto 2006 (UTC)

Regulación toponimia de Galicia[editar a fonte]

Na regulación oficial da Galipedia sobre a toponimia de Galicia acordouse seguir o nomenclator oficial da Xunta. No desenvolvemento dos artigos dos concellos crearonse as parroquias que se usaron sen a advocación, como exemplo Aríns, Santiago de Compostela, artigo no cal se fala de San Martiño de Aríns (xa que non debemos esquecer que a división parroquial ten unha orixe relixiosa). A realización dos artigos de parroquias seguiu este esquema, facéndose mención nas caixas de parroquias da advocación, ex. Aríns (San Martiño).

Cando se comezan as edicións dos lugares de cada parroquia e a realización das súas respetivas caixas eu persoalmente atopeime co problema de distinguir a parroquia do lugar que leva o mesmo nome. Isto levoume ao erro de nomear os lugares coa advocación, exp. Santa María de Cenlle, Cenlle, Cenlle erro evidente, xa que o lugar é Cenlle e o da parroquia é Santa María de Cenlle (ademais de falar no contido tamén de Santa María de Cenlle no canto de Cenlle).

O feito de que as parroquias se forman co nome do santo de advocación e o nome dun lugar da parroquia é indudabel. Agora ben para un mellor funcionamento do buscador da Galipedia tamén estiven a realizar, como outros usuarios, redirecións ás parroquias de Galicia, de xeito que a redireción sería por exemplo Baíñas que levaría a Baíñas, Vimianzo ao artigo da parroquia de Santo Antoiño de Baíñas, que ocorre logo co lugar de Baíñas? como facilitamos a súa busca?

En moitos casos estas redirecións non eran posibles polo que se fai necesaria unha páxina de homónimos, xa que cantos Cima de Vila, Vilar de Rei, ou A Pena hai en Galicia como parroquias e lugares?. Isto deu lugar a páxinas de homónimos con listados de lugares e parroquias que co tempo faranse demasiado longas, creo eu, para seren útiles(se se incluise a advocación na parroquias páxinas de homónimos serían mais eficaces para os lugares xa que as parroquias poderíanse redirecionar en maior número).

Outro problema é o da parroquia que da nome ao concello: Cidade ou vila, parroquia e concello. No caso de Santiago de Compostela só existe o artigo Santiago de Compostela é está incluido na caixa de parroquias do concello como tal, pero no caso de Monforte, por exemplo, temos o artigo Monforte de Lemos sobre o concello e a vila e na caixa de parroquias un enlace en vermello para Monforte de Lemos, Monforte de Lemos. Deberiamos buscar un criterio para homoxeneizar estes usos.

O que trato de explicar con isto é que co desenvolvemento da Galipedia esperemos que os artigos dos lugares das parroquias aumenten considerablemente en número, o que fai, entendo eu, convinte pechar a regulación da toponimia aos niveis máis locais co obxecto de servir para homoxeneizar as edicións.

En resumo:

Eu sería partidario de incluir a advocación no nome da parroquia, no nome do artigo sería moi dificultoso e traballoso (pero non imposible), aínda que persoalmente o prefira, pero incluila na redireción ao artigo da parroquia sería máis doado e permitiría deixar o oco á redireción do lugar que comparte ou lle da o nome á parroquia.

Tamén proporía a posibilidade de poder crear os artigos das parroquias aínda non creados co nome completo, e dicir coa advocación, como por exemplo San Lourenzo da Pena, Cenlle para deste xeito permitir unha mellor diferenciación das distintas entidades poboacionais (lugares, vilas, cidades) ou administrativas (parroquias, concellos e provincias) entre elas, un traballo que respetaría máis a microtoponimia galega e seguiría respetando o nomenclator oficial. Lansbricae (Ti dirás) 11:29, 16 agosto 2007 (UTC)

  • Ufff. Síntome responsábel en parte deste debate por corrixir a denominación dun artigo de Cenlle. Pero, Lansbricae, poderías explicarme en poucas e directas palabras cal é a vantaxe exacta de que as parroquias sexan nomeadas con advogación incluída? Porque eu, por moito que intento entendelo, non vexo qué aclaran e separan: Cenlle, Cenlle, Cenlle é un lugar Cenlle, Cenlle é unha parroquia e Cenlle é un concello, independentemente da pertinencia da existencia das tres formas todas a un tempo. --Xabier Cid 12:43, 16 agosto 2007 (UTC)
  • Tratando de contestar en poucas palabras: Maior claridade e diferenciación para os novos editores, evitar erros e que ao mesmo tempo sirva para aclarar algo as páxinas de homónimos (claro que non necesariamente cambiando o nome do artigo da parroquia, ben se pode coas redirecións como decía), para exemplo Lamas, páxina de homónimos nos que incluín a advogación, sen facer referencia a ela quedaría todos Lamas, parroquia de .... A idea vai cara a concretar máis o uso da toponimia para mellor diferenciar lugares de poboación das divisións administrativas. Un exemplo mais A Pena, páxina de homónimos que medrará moito co tempo, onde atopamos dúas parroquias tratadas de xeito distinto e un lugar do mesmo concello que unha das parroquias, pero que pertence a outra parroquia, ¿non facilita o entendemento da información o uso da advogación neste caso? Lansbricae (Ti dirás) 13:11, 16 agosto 2007 (UTC)
  • Obviamente, aquí terá que opinar máis xente. Pero creo que deberiamos diferenciar o nome do artigo da referencia a esa parroquia. Eu non sei se é máis claro ou menos (teño as miñas dúbidas) o artigo Lamas con advogacións, pero iso non obriga a incorporar o santo ao título do artigo. Non creo que sexa necesario, e ademais construiría uns artigos taaaaan longos... O exemplo co que me metín neste sarillo era A Barca de Barbantes, Santo Antonio da Barca de Barbantes, Cenlle. Cal é a necesidade de Santo Antonio aí cando xa a parroquia é abondo clara e ademais é a forma que recoñece o Nomenclátor da Xunta para a parroquia? Véxase a ese respecto a diferencia entre San Xoán de Laíño, Dodro e Esmelle (San Xoán), Ferrol na web da Xunta. --Xabier Cid 13:34, 16 agosto 2007 (UTC)

Fusionar artigos Galiza e Galicia[editar a fonte]

Despois de case un mes de debate, no que varios usuarios intercambiamos opinións para tentar tirar unha proposta consensuada, abrín a votación oficial para modificar esta política.

Podedes votar en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia

Por favor, non sigades opinando e votando na sección de abaixo, e facedeo xa na votación oficial. Obrigado. Miguel.lima 16:20, 9 febreiro 2008 (UTC)

Fusionar artigos Galiza e Galicia (debate antigo)[editar a fonte]

Propoño modificar esta política oficial para fusionar os artigos Galicia e Galiza. Non sei moi ben como é o procedemento para abrir un debate de modificación dunha política oficial, ¿fai falla un número mínimo de usuarios? Sóname ter visto algunha páxina que específicaba estas cousas, pero non lembro onde. Miguel.lima 12:30, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Onde podo atopar o arquivo do debate que levou a tomar a decisión de ter dous artigos? Miguel.lima 12:43, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Aquí: [1] , no punto 2. Symbol support vote.svg Concordo coa modificación da política e a proposta de fusión. Lansbricae (Ti dirás) 15:57, 13 xaneiro 2008 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo coa modificación da política e a proposta de fusión. Pero: ¿que facer coas mencións que nun se fan a Galicia e no outro a Galiza? Propoño que se vaian alternando os dous nomes (Galiza, logo Galicia, logo Galiza, ..) ao longo do artigo (aproximadamente igual cantidade, tampouco faría falta ir "medindo co metro").--QuatriNauta 16:22, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo tamén coa fusión. Sobre os nomes e o seu uso, creo que da un pouco igual mentres non se faga política diso. En principio para min que haxa unha cantidade semellante entre os dou paréceme ideal (persoalmente prefiriría que apareza preferentemente Galicia por ser esta a máis recomendada pola RAG e máis utilizada -de lonxe- pola poboación, pero recoñezo que ao igual que non quero que ataquen á miña sensibilidade, tampouco quero atacar á sensibilidade da xente que prefire o termo Galiza). Pero se nunha parte do artigo comezamos por Galicia, non podemos meter no mesmo parágrafo Galiza e viceversa. É só por estilo de redacción. Ainda que para min o máis importante é de lonxe que estean fusionados. O demáis xa virá despois. Xermánico! 23:06, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo coa fusión, e propoño que nos títulos dos artigos se use Galicia como se ven facendo (criterio actual) e no contido usar como criterio o mesmo que usamos cando o Volga admite dúas entradas válidas, respetar o criterio do primeiro editor, que é o que tamén hai adoptado agora. O único que suporía unha modificación sería a fusión destes dous artigos que daría pé a facer un bo artigo sobre Galicia. Alma (fálame eiquí) 18:56, 3 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo coa fusión, entendo que foi necesario no seu momento pero a madurez dos usuarios é dabondo para que non haxa maiores problemas, sempre que no artigo se usen ambas denominacions. ---- Maañón (o que?) 08:14, 4 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo coa fusión. Supoño que xa se dará por suposto, pois puxen eu a proposta, pero poño o simboliño por si acaso. Miguel.lima 22:32, 4 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Non é que sexa boa idea, é que é algo imprescindible, necesario, lóxico; tanto que non me explico como non caimos antes. A dificultade vai estar na forma escollida e discordo radicalmente con emprega-las dúas formas (aquí Galicia, alí Galiza). É absurda esta opción -dito sexa sen acritú- e debémonos á coherencia interna. Son, personalmente, contrario á forma Galiza pero como xa vos vou coñecendo sei que é a que preferides. Por iso, aínda co meu disgusto, prefiro un artigo Galiza antes que unha mestura incoherente. Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 4 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol wait alternative.svg Agardar Uis, vaia tema espiñento... A min paréceme moi positiva a fusión. Pero gustaríame coñecer antes de pronunciarme a opinión dos "vellos" que estaban daquela, coñecer como ven agora a Galipedia de madura pra afrontar unha mudanza destas carecterísticas, etc. --Xabier Cid 23:36, 3 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Como semella que hai un clamor xeral pois admito que se fusionen os artigos. Son partidario do termo Galiza (como me coñeces Lameiro), mais coido que o título do artigo debería ser Galicia (Galiza redirixe cara ésta), e como di Lameiro no artigo ten que empregarse unha soa forma (é dicir, Galicia, de acordo co título escollido). Pódese facer un apartadiño ó comezo, despois da introdución, metendo o tema Galicia vs Galiza. e unha vez relaizada esta fusión e modelado un pouco o artigo fago un chamamento xeral a todos os usuarios para facer dese artigo o noso buque insignia. Creo que é un bo obxectivo o de ter un moi bo artigo en 2-3 meses. AlberteSi, digame? 23:26, 4 febreiro 2008 (UTC)
    • Symbol comment vote.svg Comentario Son de terra adentro e maréome na mar, pero apúntome ó rol deste buque insignia. Pedro --Lameiro (conversa) 23:54, 4 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo concordo a 100% co que di Alberte, (agas que eu son partidaria de Galicia (oups!)), e seriamente agas que se saque dos arquivos un argumento potente (non lein os apuntes os historicos de iste tema ( ainda oups!) ElviraConversa con mi 23:47, 4 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo despois de ler (moi rapidamente...) os comentarios deixados por aí enriba. --Toliño Fala aquí comigo 20:18, 5 febreiro 2008 (UTC)

Proposta máis concreta[editar a fonte]

Hola, como parece que hai un grupo grande de xente interesada en traballar na fusión, vou poñendo unha proposta máis concreta. Máis que unha proposta pechada, vou sinalando os posibles puntos problemáticos, para que vaiamos opinando todos/as, e tentar chegar a un consenso. Os que se me ocorren agora poderían ser:

Título do artigo[editar a fonte]

Aquí teríamos a opción Galicia (e Galiza é unha redirección), Galiza (e Galicia é unha redirección), ou as solucións intermedias: "Galicia (Galiza)", "Galiza - Galicia", non lembro se había máis propostas por ahí.

Galicia

  • Symbol support vote.svg Concordo É o termo máis empregado, e máis "oficializado". Ademáis, para a meirande parte da xente Galiza ten unhas connotacións políticas que Galicia non ten. Por tanto, vexo Galicia máis representativo da maioría, e máis correto como título do artigo. Miguel.lima 18:22, 5 febreiro 2008 (UTC) mudei de opinión Miguel.lima 21:34, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 18:32, 5 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 21:14, 5 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Xa dixen que eu son dos de Galiza, mais creo que como norma xeral usamos Galicia nos títulos. AlberteSi, digame? 00:02, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:51, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Toliño Fala aquí comigo 14:07, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol oppose vote.svg Discordo Sería parcial demais.--QuatriNauta 15:27, 9 febreiro 2008 (UTC)

Galiza

  • Symbol support vote.svg Concordo poder copular --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:27, 5 febreiro 2008 (UTC)
    • Symbol comment vote.svg Comentario ¿copular? Pola sombra, Estevo, pola sombra, que se te queiman as ideas ;) Pedro --Lameiro (conversa) 23:58, 5 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Quizais votando co corazón.--QuatriNauta 14:51, 9 febreiro 2008 (UTC)

Galicia (Galiza)


Galicia - Galiza

  • Symbol support vote.svg Concordo Con redireccións desde Galicia e Galiza xa non hai problema e o título así dá idea de concordia. --Xosé (✉) 21:59, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Polas mesmas razons.----Maañón 22:15, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Estou superencontra dos títulos dobres, pero este paréceme o único caso onde é razonable empregalo. --Xabier Cid 23:03, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Mudo o sentido do meu voto por varias razóns:
    • aínda que estou en contra dos títulos dobres como norma xeral, quizáis Xabier teña razón, i este sexa un caso coa relevancia suficiente como para facer unha excepción.
    • repensando como quedaría a situación, vexo que Galicia está en tódolos títulos de artigos (ríos de Galicia, comarcas de Galicia, etc.), nos cadros, na portada (sobre Galicia), no título...... en fín, que unha cousa é que Galicia sexa maioritario, e por tanto sexa opción preferente, e outra moi distinta que Galiza non apareza por ningures, como si non fosemos moitos os que usamos o termo.
    • e a última e máis importante. De cara a unha solución por consenso, que aínda que non satisfaga 100% a todos/as, polo menos todo o mundo a vexa como válida, paréceme máis doado facer que os que prefiren "Galicia" acepten ese engado, que pedirlle aos que prefiren "Galicia - Galiza" renunciar a que Galiza apareza no título. Porque aínda que moita xente, entre eles eu, non lle deamos moita importancia a si somos Galicia ou Galiza, si que hai outros para os que estos detalles son relevantes. Miguel.lima 21:34, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo- A min váleme calquera destas dúas opcións, por eso deixo os votos nas dúas, se me teño que decantar, prefiro esta, polo último motivo que sinala Miguel.Lima. --Alma (fálame eiquí) 21:39, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo, aínda que eu prefira Galicia porque non me acaba de convencer de todo Galiza, non por iso a vou discriminar. --Toliño Fala aquí comigo 18:00, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario En todo caso non sería ó revés Galiza - Galicia? En primeiro termo adouta figurar a forma galega, e en segundo o nome oficial. Xa sei que Galicia tamén é forma galega (ou iso din) mais se se fai Galicia - Galiza entón non concorda. AlberteSi, digame? 18:33, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo, opinando exactamente igual que o usuario Toliño, dúas liñas más arriba.Xermánico! 21:16, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Eu voto "Galicia-Galiza", non "Galiza-Galicia". Non estou dacordo en absoluto con Albert galiza neste asunto. E apoio a presencia do termo "Galiza" porque está aceptado como forma galega ("ou iso din", parafraseando a outros")Xermánico! 21:16, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Sigo preferindo a forma Galicia no título e no texto do artigo (do artigo Galicia, concreto), pero non ata o punto de rexeita-la proposta alternativa dobre de Miguel (Galicia-Galiza). Se realmente, ise serve para achegar posturas, por min adiante: non cambio o voto pero quero engadir este matiz. O resto da discusión estase liando bastante e facendo difícil segui-lo fío, pero dáme a impresión de que imos entendéndonos e que isto pode chegar a porto con felicidade. Únennos máis cousas das que nos poden separar e así é fácil atopar solucións satisfactorias para todos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 8 febreiro 2008 (UTC)

*Symbol support vote.svg Concordo por razoamento pareceme que se debe deixar Galiza ao lado de Galicia, porque Galiza tuvo historia no siglo XX e ten presente, e o futuro non e meta da Galipedia. Sendo Galicia a toponimia que vai levar o artigo adiante, van duas toponimiss porque as duas existen e son alternativas e lexitimas pao lector.ElviraConversa con mi 22:16, 8 febreiro 2008 (UTC) Ando cavilando en espera retirome do debate e do votoElviraConversa con mi 20:00, 11 febreiro 2008 (UTC)

  • Symbol oppose vote.svg Discordo Quizais discorde porque considere o tema de pouca relevancia na actualidade: Colocar Galiza opóndose a Galicia semella unha volta atrás que non ten sentido: lembrar controversias e non tomar partido--Lmbuga Commons - Galipedia 02:40, 9 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Sin ser a opción preferida, tamén a vexo aceptábel.--QuatriNauta 15:27, 9 febreiro 2008 (UTC)

Uso do termo dentro do artigo[editar a fonte]

uiuiuiuiui, ao ver o comentario de Xabier Cid (como medida inicial...) xa me entra outra dúbida. Esta vez sobre esta votación. Realmente poderíamos diferenciar dúas fases:

  1. A fusión do artigo. Xa que partimos de textos iguais, pero un coa palabra Galiza, e outro con Galicia, cal se respeta? que se fai?
  2. Como norma xeral unha vez creado. Esto xa é outro tema, pois temos a opción de manter a política actual (1-o editor que engade contido decide o termo, 2-pero respetando coherencia interna, 3-un editor non vai a cambiar Galicia por Galiza ou viceversa no texto existente), que no proceso do fusión non nos serve, pois temos o problema que comento arriba.

Non me atrevo a mover nada do que había debaixo, porque non sei que entendiades vós cando emitistes o voso voto, si se estaba referendo á creación do novo artigo, ou á norma xeral. Así que divido este apartado en dous, e cada un que mova os seus votos a onde corresponda. Espero non estar liando moito as cousas con todos estos cambios, pero acho que é mellor deixalas claras agora, que non atoparnos coa incongruencia no medio do proceso de fusión, e ver como se interpreta o acordado. Saudos, e desculpas polo incordio. Miguel.lima 22:18, 7 febreiro 2008 (UTC)


No proceso de fusión[editar a fonte]

Aquí votamos como faremos para fusionar os textos que xa existen en Galicia e Galiza. Podedes engadir as solucións que se vos ocorran.

Usar Galicia en todo o artigo

  • Symbol support vote.svg Concordo--Alma (fálame eiquí) 00:04, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Xabier Cid 22:40, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo AlberteSi, digame? 18:33, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Persoalmente considero esta unha votación de escaso interese pero, dado que dei con ela, e cometín o erro de votar días atrás, continúo expresando que é absurdo botar o que se vai empregar no artigo antes de saber cal vai ser o título. Así que opto por isto sempre e cando o título non sexa Galiza, pois nese caso optaría por empregar sempre Galiza. A verdade é que se no artigo se vai empregar sempre unha opción, entendo que debería empregarse a mesma no título, calquera outra posibilidade resúltame desagradable, anómala e absurda. Iso si, empregar dúas opcións no artigo (e, inda por riba, poñer regras para usar unha opción ou outra) pareceme o absurdo máximo: négome a chamar a atenció a ninguén ou a corrixir o texto por empregar unha forma válida en galego. Quero con isto dicir que se se optase por sempre Galicia, ou por sempre Galiza, e algún editor empregase a outra forma, eu non a vou corrixir, pois hai moitos motivos serios para entrar en lerias e non este. Por certo, para facer unha votación xusta debería poderse votar deixar as cousas como están (que non están tan mal: respéctase a todo o mundo nos seus gustos, que hoxe é cuestión de gusto), a única dificultade é ter á par os dous artigos, pero co tempo perdido nesta votación poderían ter estado á par durante anos --Lmbuga Commons - Galipedia 02:47, 9 febreiro 2008 (UTC)
O que dis Lmbuga dame moito que cavilar, vou buscar o que di Prevert respeto a esto. ElviraConversa con mi 11:27, 9 febreiro 2008 (UTC)
"Para facer unha votación xusta debería poderse votar deixar as cousas como están" Bon, realmente isto non é unha votación, pois como política oficial haberá que abrir unha páxina de votación en curso (abrireina en breve). Pedín a opinión da xente, para levar unha proposta algo traballada. Alí será onde se voten as dúas opcións que hai: deixar a política tal como está (dous artigos), ou mudala, e pasar a ter un único artigo. Miguel.lima 15:21, 9 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol oppose vote.svg Discordo Confeso non ter a solución, pero poñer somentes Galicia non o vexo.--QuatriNauta 14:55, 9 febreiro 2008 (UTC)

Usar Galiza en todo o artigo

Alternar por seccións

Como norma xeral[editar a fonte]

Isto sería o que se faría unha vez rematado o novo artigo. Podedes engadir as solucións que se vos ocorran.

Seguir a política común a tódolos artigos (ver puntos 3 e 4 do apartado Galicia-Galiza desta política que estamos detabindo modificar)

  • Symbol support vote.svg Concordo. Nos títulos Galicia, e nos contidos prefiro respectar o criterio do editor orixinal, se este usa Galicia, Galicia e se usa Galiza, Galiza, sempre que sexa así en todo o artigo. --Alma (fálame eiquí) 22:28, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo--Xabier Cid 22:40, 7 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Miguel.lima 09:38, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo AlberteSi, digame? 18:33, 8 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --QuatriNauta 14:53, 9 febreiro 2008 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --Magus18:16 11 febreiro 2008 (UTC)

Usar Galicia en todo o artigo

Usar Galiza en todo o artigo

Alternar por seccións

Votación antiga (pendentes de mover)[editar a fonte]
 Sempre Galicia, sempre Galiza, misturado, misturado pero dun xeito coherente.....
 Usar Galicia en todo o artigo
 *Symbol support vote.svg Concordo AlberteSi, digame? 00:02, 6 febreiro 2008 (UTC)

 *Symbol support vote.svg Concordo --Toliño Fala aquí comigo  14:07, 6 febreiro 2008 (UTC)
 *Symbol support vote.svg Concordo (ainda que eu prefira Galiza).--Xosé (✉)  22:00, 6 febreiro 2008 (UTC)
 *Symbol support vote.svg Concordo como medida inicial, pero non deberiamos corrixirlle aos editores que engadindo e non suprimindo, incorporasen Galiza.  --Xabier Cid 23:05, 6 febreiro 2008 (UTC)
 Usar Galiza en todo o artigo
 *Symbol support vote.svg Concordo --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:27, 5 febreiro 2008 (UTC)
 Usar indistintamente Galicia ou Galiza, segundo criterio do editor nese momento
 *Symbol oppose vote.svg Discordo Creo que das outras tres opcións valeriame calquera, pero misturar de calquera xeito non me acaba de convencer. Ademáis, daria lugar a guerras de edicións, nas que cada día estarían uns cambiando Galiza por Galicia, e logo outros Galicia por Galiza. Miguel.lima 18:29, 5 febreiro 2008 (UTC) Non dixen nada. Acabo de reler con máis calma a política que xa está aprobada, e realmente, impoñendo un dos dous, estaríamos facendo unha excepción para este artigo que quizáis non teña moito sentido. Máxime cando o que máis me preocupaba, as guerras de edicións, xa están resoltas na política actual "intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos", e o tema da coherencia tamén está proposto "Procurarase ser coherentes no uso dos termos". Miguel.lima 21:43, 7 febreiro 2008 (UTC)
 *Symbol oppose vote.svg Discordo polo que se di xusto antes.--Xosé (✉)  22:00, 6 febreiro 2008 (UTC)

Proceso de migración[editar a fonte]

Isto sería xa máis unha cuestión "loxística". Eu propoño o seguinte:

  1. Crear un cadro para poñer na cabeceira dos artigos Galicia e Galiza. Nel explicariase que están en proceso de fusión.
  2. Debater a estrutura que terá o novo artigo. Nesta estrutura sería bo que un punto fose o tema "Galicia vs Galiza".
  3. Bloquear as edicións en Galicia e Galiza, e abrir o novo artigo. Explicar no cadro destes dous artigos, que están bloqueadas as edicións porque están en proceso de fusión.
  4. Traballar na fusión (e ampliación e mellora). Este novo artigo tería na cabeceira un cadro explicando a "fusión en progreso".
  5. Cando se teñan todos os contidos dos dous artigos movidos, faise que tanto Galicia como Galiza sexan unha redirección ao novo artigo. Bórrase o cadro "fusión en progreso".
  6. Poñer con orgullo, na páxina da taberna, que o novo artigo xa naceu. :)
  7. Seguir traballando nel para que sexa un dos artigos destacados, que cumpla tódolos criterios definidos en Wikipedia:O que é un artigo de calidade.

Miguel.lima 11:11, 5 febreiro 2008 (UTC)

  • para min ao final os artigos Galicia e Galiza deben redirixirse ao que fique como difinitivo (se fose só Galicia-poucoprobable- é evidente que non habería redirección)
  • "Galicia vs Galiza" non me parece nin título nin enfoque para o tema. Basta un apartado que faga referencia ao facto de termos dous termos válidos oficialmente na mesma lingua. Polo demáis todo ben Xermánico! 21:57, 8 febreiro 2008 (UTC).

Fusión de Galicia e Galiza, en marzo de 2008[editar a fonte]

Esta política foi cambiada en marzo de 2008, de acordo co resultado da seguinte votación:

Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia

Miño[editar a fonte]

Habería que cambiar o exemplo de Miño en Lugares cun mesmo nome. --Xas (fálame) 18:28, 2 novembro 2008 (UTC)

Toponimia estranxeira[editar a fonte]

Habitualmente, e como norma de facto, estívose empregando nos últimos unha lista de exotopónimos elaborada e publicada pola Universidade de Vigo, que se pode descargar nesta ligazón en formato .pdf. Propoño que incorporemos á norma unha frase con esta ligazón, como referendo desa práctica (é dicir, non mudar a política, senón mudar o texto da política). --Xabier Cid Conversa 15:59, 23 novembro 2008 (UTC)

Exotoponimia oficial[editar a fonte]

Veño de conseguir por fin unha copia do Atlas de Galicia e de España de Anaya, onde (contrariamente ó seu nome) se especifica tamén toponimia extrapeninsular. A súa relevancia vén de que na súa páxina 2 especifica que as formas están avaladas pola RAG (tema que descubrín nos comenterios finais de aquí, ligazón que inmediatamente engadín en toponimia). Podo tamén conseguir as formas que aparecen nas notas do VOLG, versión en liña, que polo tanto tamén están consagradas indirectamente pola RAG. Nunhas cantas semanas coido que podo facer unha listaxe das formas prescritas nas dúas. Coido que debemos considerar isto para actualizar a política sobre toponimia. Explicarei esta situación máis polo miúdo proximamente no artigo exotoponimia. Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:36, 29 xaneiro 2009 (UTC)

Dicionario da Real Academia Galega[editar a fonte]

No dicionario online da Real Academia Galega pódense atopar (procurando polo xentilicio) o nome dos países adoptado. Por exemplo no caso de Camboxa, como figuraba aquí, a RAG recolle Cambodja. Penso que o dicionario da RAG debería ser a fonte primaria para a toponimia.--Adorian (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:45 (UTC)

Concordo contigo Adorian, e é unha nova moi interesante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 11:01 (UTC)

Galicia/Galiza nos títulos[editar a fonte]

Hai tempo aprobouse como política oficial usa-la forma Galicia nos títulos dos artigos. Agora que vexo un Modelo:Cidades de Galiza quedo coa dúbida de se aquela política limitábase ós títulos de artigo ou debería facerse extensiva ás categorías e (agora) modelos. Supoño que isto semella menta-la bicha pero quede aquí escrito por coherencia. Pedro --Lameiro (conversa) 22:45, 26 decembro 2009 (UTC)

Posible erro[editar a fonte]

Na sección Toponimia de España:Cidades con nomes cooficiais creo que hai un erro no cuarto parágrafo. Dicimos que "Cos nomes das Comunidades pasa algo parecido: Illes Balears (nome oficial), créase unha páxina chamada Illas Baleares e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears". Entendo que o que se quere dicir é "créase unha páxina chamada Illes Balears e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears. Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 10 xaneiro 2010 (UTC)

Para Asturias[editar a fonte]

Cambios pola actualización da política[editar a fonte]

Boas, agora coa recente modificación da política ó cambiar os artigos sería moi bo que se engadira a referencia ó nome en galego do topónimo que se cambie, sexa da RAG, do documento de normalización da UVI ou doutro lado, para así poder revisar de forma doada cada cambio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 23:23 (UTC)

Pequeno cambio[editar a fonte]

Cambio Praga como capital de Francia por capital da RCheca. --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 16:00 (UTC)

Localidades con varios nomes oficiais[editar a fonte]

A norma actual está ben para grandes cidades ou mesmo cidades medias, onde efectivamente pode existir un nome ben coñecido. Pero para as poboacións pequenas, como se determina cal é o nome máis coñecido (en Galicia?, nese territorio?), non sería mellor o nome oficial da lingua propia/orixinal dese territorio para os casos desas localidades pequenas nos que determinar a forma máis coñecida é complexo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 09:03 (UTC)

Se hai mais dun nome oficial vale calquera das dúas formas. Emprégase o criterio do primeiro editor. Tes un exemplo en Sangüesa. --Norrin (Fálame) 21 de setembro de 2015 ás 13:27 (UTC)

Pero iso non é o que di a norma, "escóllese o máis coñecido para o título", que é tanto como non dicir nada, ao non explicarse como se constata iso. Entón mudalo e poñer: segundo o criterio do primeiro editor, que sería ben mellor que o que hai agora.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 14:04 (UTC)

Precisamente por iso. E ante igualdade de formas, criterio do primeiro editor, que non cómpre pór aquí porque xa é un criterio xeral que aplícase a miúdo . --Norrin (Fálame) 21 de setembro de 2015 ás 14:17 (UTC)

Aclaración[editar a fonte]

Despois da lectura da conversa do artigo Toquio creo que necesito unha aclaración. Pensaba que a mención dun topónimo no DRAG xa sancionaba a forma oficial, pero entendo por esa conversa que iso só é así cando aparece na definición e non nos exemplos.

O problema é que hai lugares que si aparecen cunha forma que non é a oficial de acordo coa forma dos exemplos: Dresde (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saxón.) por Dresden, Copenhague (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dinamarqués.) en vez de Copenhaguen que tamén ten referencias, Ámsterdam (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para holandés.). Pola contra, o artigo sobre Nürnberg (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burgrave.) chámase Núremberg.

En resumo: se a forma está referenciada o nome do artigo é o da primeira edición? Cámbiase á forma da RAG só se vén na definición?--Jglamela (conversa) 5 de xullo de 2016 ás 10:28 (UTC)

Jglamela o asunto é que escribiuse á RAG e a academia respondeu que só daba "recomendacións", non fixaba forma correcta algunha. Tivemos hai meses un debate apasionante 1 que resultou no que se está a facer agora. Seica sería necesaria unha nova redacción da política para aclarar este e outros aspectos, si. --Norrin (Fálame) 5 de xullo de 2016 ás 11:38 (UTC)