Negreira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 98: Liña 98:


[[Category:Concellos galegos]]
[[Category:Concellos galegos]]
[[pt:Negreira]]

[[it:Negreira]]
[[it:Negreira]]

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2005 ás 14:19

Negreira
Situación
Xentilicio[1]Negreirés - Nicrariense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Barcala
Poboación6.782 hab.[2][3]
Área113,5 km²[3]
Densidade59,75 hab./km²
Entidades de poboación-[4]
Política (2003)
AlcaldeJosé Blanco Pazos (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: PIN - 3
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes%
Na rede
http://www.concellodenegreira.org
editar datos en Wikidata ]

Concello da Provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca da Barcala.

Poboación en 2004: 6.497 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (6.529 en 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Negreirés - Nicrariense

Linda ó leste co concello de Ames, ó sur co de Brión, Noia e Outes, ó oeste linda con Outes e Mazaricos, ó norte con A Baña e Santa Comba.

Evolución da poboación de Negreira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.847 6.958 8.440 7.771 6.497
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Como chegar

Dende Santiago, pola comarcal C-543 ata Bertamiráns (Ames), desviarmos á dereita pola local LC-450. Esta estrada chega ó centro da vila de Negreira (e segue ata Muxía, na Costa da Morte).

Economía

Fundamentalmente baseada no sector primario: agricultura e gandería. No concello cultívase principalmente: millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para pasto do gando (maioritariamente vacuno). Na gandería explótanse principalmente o gando bovino e na parte do vacuno as frisonas leiteiras. A producción leiteira ten certa importancia. as cooperativas da bisbarra fundaron Feiraco que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.

Explotación de minas de Tungsteno durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial, hoxe esas minas están pechadas.

Historia

Prehistoria

Complexos megalíticos no monte Corzán. Dolmen e mámoas en Espiñaredo: conxunto de 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. Estatuas de Logrosa: dúas estatuas prehistóricas testemuñas dun importante asentamento castrexo, cortadas á altura do ventre. Presentan claramente brazos e mans, posturas hieráticas. estas pezas encóntranse nun museo compostelán. Restos de castros en: Logrosa, Vilachán, Xallas e Broño. Todo o Val da Barcala tivo unha importante actividade pre-romana.

Idade Antiga

Asentamento de Nicraria Tamara. Explotación de minas de prata.

Idade Media

Concesión real do feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando (876). No 979 incursión normanda arrasa a vila. No 1113, superada a ameaza normanda e árabe, reconstrúese a vila.

Idade Moderna

Os Reis Católicos declaran á vila, Fuero Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I no 1520.

Lugares de Negreira

Destaca o Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, séculos XVII-XVIII, claustro, triple arcada na porta da capela. Balaustrada barroca, piso superior cunha galería de grandes pilares. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)


Véxase tamén

Modelo:Véxase


Ligazóns externas

Páxina do concello nicrariense


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Negreira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google