Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Liña 12: Liña 12:
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]]. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do [[Lar Gallego]] (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]].

Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Suramérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro de pulmón]].

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo=Velo Mosquera, Xosé |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=303 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita libro |artigo=Velo Mosquera, Xosé |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=303 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |nome=Xosé |apelidos=González Martínez |ligazónautor=Xosé González Martínez |artigo=Xosé Velo Mosquera |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}

* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |nome=F. |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |título=[[Diccionario de escritores en lingua galega]] |editorial= [[Ediciós do Castro|Do Castro]] |ano=1992 |ano-orixinal=1990 |páxina=456 |isbn=84-7492-465-0 |ref=harv }}

* {{Cita libro |ligazónautor=Xosé Luís Méndez Ferrín |ano=[[1984]] |apelidos={{Versaleta|Méndez Ferrín}} |nome=Xosé Luis |título=[[De Pondal a Novoneyra]] |editorial=[[Edicións Xerais de Galicia]] |páxina= |páxinas= |isbn=84-7507-139-2 }}

*{{Cita libro |título= Pepe Velo. Pensador, soñador e mestre revolucionario |nome= Antonio |apelidos={{Versaleta|Piñeiro}} |ligazónautor= |ano= 2000 |editorial= Xerais |lugar= Vigo |isbn= 84-8302-507-8 }}
* {{Cita libro |título= Pepe Velo. Pensador, soñador e mestre revolucionario |nome= Antonio |apelidos={{Versaleta|Piñeiro}} |ligazónautor= |ano= 2000 |editorial= Xerais |lugar= Vigo |isbn= 84-8302-507-8 }}

===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
*[https://web.archive.org/web/20160130050300/http://www.centenariovelo.org/ Páxina web da Comisión Pro Centenario Xosé Velo Mosquera]
* [https://web.archive.org/web/20160130050300/http://www.centenariovelo.org/ Páxina web da Comisión Pro Centenario Xosé Velo Mosquera]

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Velo Mosquera, Xose}}
{{ORDENAR:Velo Mosquera, Xose}}

[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]

Revisión como estaba o 4 de maio de 2020 ás 19:50

Infotaula de personaXosé Velo
Nome orixinal(gl) Xosé Velo Mosquera Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata
Celanova (España) Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
São Paulo (Brasil) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Gethsêmani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 1961Assalto ao paquete Santa Maria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosVictor José Velo Perez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLino Velo Castiñeiras Editar o valor em Wikidata

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un escritor e político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Xosé Velo, membro do comité de homenaxe a Manuel Lezón, Celanova 1932.

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O 24 de abril casou con Jovita Pérez González.

Trala sublevación do 18 de xullo de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á Guinea Española. Volveu ao remate da Guerra civil española, e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Suramérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão, e con outros galegos como José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea, co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961 acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas