Humberto Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Humberto Delgado
Nome completoHumberto da Silva Delgado
Nacemento15 de maio de 1906
Lugar de nacementoBrogueira
Falecemento13 de febreiro de 1965
Lugar de falecementoOlivenza
SoterradoIgreja de Santa Engrácia
NacionalidadePortugal
Relixióncatolicismo
Alma máterColégio Militar
Ocupaciónpolítico e militar
PremiosComendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Commander of the Legion of Merit, Grã-Cruz da Ordem Militar de Avis, Comandante da Orde do Imperio Británico, Comendador da Ordem Militar de Cristo, Grande-Oficial da Ordem Militar de Avis, Comendador da Ordem Militar de Avis, Oficial da Ordem Militar de Avis, Grã-Cruz da Ordem da Liberdade e Oficial da Ordem da Instrução Pública
Na rede
Find a Grave: 182432753 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Humberto da Silva Delgado, nado en Brogueira (Torres Novas) o 15 de maio de 1906 e finado en Villanueva del Fresno o 13 de febreiro de 1965, foi un militar portugués da Forza Aérea, coñecido como o xeneral sen medo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicialmente un convencido seguidor do ditador António de Oliveira Salazar, foi un dos socios fundadores do Grupo de Amigos de Olivença en 1945, pero en 1958 Delgado decidiu enfrontarse con Salazar concorrendo ás eleccións presidenciais dese ano, xuntando arredor súa a toda a oposición democrática, derrotado por mor dunha fraude electoral masiva marchou en 1959 de Portugal, refuxiouse no Brasil e contactou coa oposición ao salazarismo. Participou na fundación do DRIL. En 1961 entrou en Portugal para intentar sublevar o exército, fracasou no seu intento de asalto ao cuartel de Beja pero conseguiu fuxir pola fronteira española. En 1963 o goberno brasileiro retiroulle o permiso de residencia e Delgado dirixiuse a Alxeria. O 13 de febreiro de 1965 apareceu morto xunto a súa secretaria nas proximidades da fronteira portuguesa, —pensaba cruzar a fronteira para manter unha entrevista con militares portugueses pero foi asasinado pola PIDE, a policía política portuguesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]