Nippon Professional Baseball: Diferenzas entre revisións
Liña 177: | Liña 177: | ||
[[Ficheiro:Tokyo Dome 2007-1.jpg|dereita|450px|miniatura|'''Tokyo Dome''', fogar dos '''Yomiuri Giants'''.]] |
[[Ficheiro:Tokyo Dome 2007-1.jpg|dereita|450px|miniatura|'''Tokyo Dome''', fogar dos '''Yomiuri Giants'''.]] |
||
[[Ficheiro:Saitama Seibu Lions in Seibu Dome November 23-2007-01.jpg|dereita|450px|miniatura|'''Seibu Dome''', fogar dos '''Seibu Lions'''.]] |
[[Ficheiro:Saitama Seibu Lions in Seibu Dome November 23-2007-01.jpg|dereita|450px|miniatura|'''Seibu Dome''', fogar dos '''Seibu Lions'''.]] |
||
[[Ficheiro:Hanshin Koshien Stadium 2007-21.jpg|dereita|450px|miniatura|''' |
[[Ficheiro:Hanshin Koshien Stadium 2007-21.jpg|dereita|450px|miniatura|'''Estadio Koshien''', fogar dos '''Hanshin Tigers'''.]] |
||
[[Ficheiro:Sapporo dome view from seats.jpg|450px|miniatura|'''Sapporo Dome''', fogar dos '''Hokkaido Nippon-Ham Fighters'''.]] |
[[Ficheiro:Sapporo dome view from seats.jpg|450px|miniatura|'''Sapporo Dome''', fogar dos '''Hokkaido Nippon-Ham Fighters'''.]] |
||
{| class="wikitable sortable" style="font-size:85%" |
{| class="wikitable sortable" style="font-size:85%" |
Revisión como estaba o 25 de maio de 2019 ás 21:00
Nippon Yakyū Kikō | |
---|---|
Fundación | 1950 |
Rexión | Xapón |
Comisionado | Katsuhiko Kumazaki |
Presidente | Ryozo Kato |
Equipos | 12 |
Actual campión | Fukuoka Hawks (9º) |
Máis laureado | Yomiuri Giants (22 títulos) |
Sitio web | npb.jp |
A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.[1]
Considérase que a orixe de liga está na fundadicón do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu) en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganización desta última liga en 1950. A competición actual consta de dúas conferencias de seis equipos cada unha: a Central League e a Pacific League. Cada temporada, os equipos gañadores de cada liga compiten nas Series do Xapón, as finais polo campionato da NPB.
Formato
A torneo xaponés está composto por 12 equipos divididos en dúas ligas, chamadas Liga Central e Liga do Pacífico. Nel non existen ascensos nin descensos de categoría. O campionato comeza no mes de marzo, e durante a tempada regular cada equipo xoga 144 encontros, a maioría deles fronte a equipos da súa mesma liga. O máis habitual é que cada equipo xogue 6 días á semana, descansando os luns, salvo excepcións. Cando a 2 equipos lles toca xogar entre si, o fan 3 días seguidos, e despois xogan outros 3 partidos seguidos fronte a outro rival, logo descansan un día, e así sucesivamente.[2] No medio da tempada regular se disputa un "encontro das estrelas" entre combinados de xogadores cada unha das dúas ligas.
En outubro remata a tempada regular e teñen lugar os Play Offs de cada unha das dúas ligas. Nos Play Offs se enfrontan primeiro o 2º e o 3º equipo da clasificación de cada liga ó mellor de 3 encontros, e o gañador xoga a final fronte ó 1º da clasificación desa liga ó mellor de 7 encontros. Para rematar, deseguido se disputan as Series do Xapón, na que se enfrontan os dous equipos campións ó mellor de sete encontros, para decidir cal dos dous equipos é o campión nacional.
Cando remata a tempada, é costume dende o ano 2005 que o campión da NPB dispute as Series de Asia fronte ó equipo campión da KBO surcoreana. Entre o ano 2005 e o 2008 tamén participaban nestas Series de Asia os campións das ligas moito menos importantes de Taiwan e de China. Dende a primeira edición das Series de Asia, en 2005, estas sempre foron gañadas polo equipo campión xaponés.
Semellanzas entre a NPB e a MLB
Ó igual que a MLB, a NPB está composta por dúas ligas (Xapón: Ligas Central e Pacífico. USA: Ligas Americana e Nacional). A Liga Pacífico asemellase á Liga Americana na norma do bateador designado, norma que non seguen nin a Liga Central xaponesa nin a Liga Nacional norteamericana. Cando un equipo dunha liga xoga fronte a un equipo da outra, a norma que se usa é a que segue equipo local. A maior diferenza entre a NPB e a MLB é que na liga xaponesa os encontros poden rematar en táboas, mentres que nese caso en Norteamérica se xogan as entradas extra que sexan precisas ata desfacer as táboas.
Equipos
Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Ingreso |
---|---|---|---|---|---|
Central League | |||||
Chunichi Dragons | Nagoia, Aichi | Nagoya Dome | 40.500 | 1937 | 1950 |
Hanshin Tigers | Nishinomiya, Hyōgo | Estadio Hanshin Koshien | 47.757 | 1935 | 1950 |
Hiroshima Toyo Carp | Hiroshima, Hiroshima | Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima | 33.000 | 1950 | |
Tokyo Yakult Swallows | Shinjuku, Tokyo | Estadio Meiji Jingu | 37.933 | 1950 | |
Yokohama DeNA BayStars | Yokohama, Kanagawa | Yokohama Stadium | 32.170 | 1950 | |
Yomiuri Giants | Bunkyō, Toquio | Tokyo Dome | 46.000 | 1934 | 1950 |
Pacific League | |||||
Chiba Lotte Marines | Chiba, Chiba | ZOZO Marine Stadium | 30.348 | 1950 | |
Fukuoka SoftBank Hawks | Fukuoka, Fukuoka | Fukuoka Yafuoku! Dome | 40.178 | 1938 | 1950 |
Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Sapporo, Hokkaidō | Sapporo Dome | 40.476 | 1946 | 1950 |
Orix Buffaloes | Osaka, Osaka | Kyocera Dome Osaka | 36.146 | 1936 | 1950 |
Saitama Seibu Lions | Tokorozawa, Saitama | MetLife Dome | 33.556 | 1950 | |
Tohoku Rakuten Golden Eagles | Sendai, Miyagi | Estadio de Miyagi | 30.508 | 2005 |
Equipos desaparecidos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Equipo | Cidade | Estadio | Fundación | Desaparición | Notas |
Nishi Nippon Pirates | Fukuoka, Fukuoka | Heiwadai Stadium | 1950 | 1950 | Fusionados cos Nishitetsu Clippers (agora Saitama Seibu Lions) |
Shochiku Robins | Quioto, Quioto | Kinugasa Stadium | 1936 | 1952 | Fusionados cos Taiyo Whales (agora Yokohama DeNA BayStars) |
Takahashi Unions | Kawasaki, Kanagawa | Kawasaki Stadium | 1954 | 1956 | Fusionados cos Daiei Stars (máis tarde coñecidos como Daiei Unions) |
Daiei Unions | Bunkyō, Toquio | Korakuen Stadium | 1946 | 1957 | Fusionados cos Mainichi Orions (agora Chiba Lotte Marines) |
Kintetsu Buffaloes | Osaka, Osaka | Osaka Dome | 1949 | 2004 | Fusionados cos Orix BlueWave (agora Orix Buffaloes) |
Campións
Series do Xapón
- Artigo principal: Nippon Series.
O equipo mais dominador da historia da Liga Xaponesa de Béisbol son os Yomiuri Giants[3] da Liga Central, 22 veces campións das Series do Xapón, seguido dos Seibu Lions[4] da Liga Pacífico, 13 veces campión.
Liga Central | Liga Pacífico |
Ano | Campión | Finalista | Serie | Mellor Xogador |
---|---|---|---|---|
1950 | Mainichi Orions | Shochiku Robins | 4-2 | Kaoru Bettou |
1951 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Yukou Minamimura |
1952 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Takehiko Bessho |
1953 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2-1 | Tetsuharu Kawakami |
1954 | Chunichi Dragons | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeru Sugishita |
1955 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-3 | Takehiko Bessho |
1956 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Yasumitsu Toyoda |
1957 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-0-1 | Hiroshi Oshita |
1958 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Kazuhisa Inao |
1959 | Nankai Hawks | Yomiuri Giants | 4-0 | Tadashi Sugiura |
1960 | Taiyō Whales | Oriones Daimai | 4-0 | Akihito Kondo |
1961 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Toshio Miyamoto |
1962 | Toei Flyers | Hanshin Tigers | 4-2-1 | Masayuki Dobashi, Masayuki Tanemo |
1963 | Yomiuri Giants | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeo Nagashima |
1964 | Nankai Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Joe Stanka |
1965 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Shigeo Nagashima |
1966 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Isao Shibata |
1967 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Masaaki Mori |
1968 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeru Takada |
1969 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeo Nagashima |
1970 | Yomiuri Giants | Lotte Orions | 4-1 | Shigeo Nagashima |
1971 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Toshimitsu Suetsugu |
1972 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
1973 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
1974 | Lotte Orions | Chunichi Dragons | 4-2 | Sumio Hirota |
1975 | Hankyu Braves | Hiroshima Toyo Carp | 4-0-1 | Takashi Yamaguchi |
1976 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-3 | Yutaka Fukumoto |
1977 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-1 | Hisashi Yamada |
1978 | Tokyo Yakult Swallows | Hankyu Braves | 4-3 | Katsuo Osugi |
1979 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Yoshihiko Takahashi |
1980 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Jim Lyttle |
1981 | Yomiuri Giants | Hokkaidō Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Takashi Nishimoto |
1982 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Osamu Higashio |
1983 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takuji Ota |
1984 | Hiroshima Toyo Carp | Hankyu Braves | 4-3 | Kiyoyuki Nagashima |
1985 | Hanshin Tigers | Seibu Lions | 4-2 | Randy Bass |
1986 | Seibu Lions | Hiroshima Carp | 4-3-1 | Kimiyasu Kudo |
1987 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Kimiyasu Kudo |
1988 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-1 | Hiromichi Ishige |
1989 | Yomiuri Giants | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Norihiro Komada |
1990 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-0 | Orestes Destrade |
1991 | Seibu Lions | Hiroshima Toyo Carp | 4-3 | Kouji Akiyama |
1992 | Seibu Lions | Yakult Swallows | 4-3 | Takehiro Ishii |
1993 | Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-3 | Kenjiro Kawasaki |
1994 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-1 | Hiromi Makihara |
1995 | Tokyo Yakult Swallows | Orix BlueWave | 4-1 | Thomas O'Malley |
1996 | Orix BlueWave | Yomiuri Giants | 4-1 | Troy Neel |
1997 | Tokyo Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-1 | Atsuya Furuta |
1998 | Yokohama BayStars | Seibu Lions | 4-2 | Takanori Suzuki |
1999 | Fukuoka Daiei Hawks | Chunichi Dragons | 4-1 | Kouji Akiyama |
2000 | Yomiuri Giants | Fukuoka Daiei Hawks | 4-2 | Hideki Matsui |
2001 | Tokyo Yakult Swallows | Osaka Kintetsu Buffaloes | 4-1 | Atsuya Furuta |
2002 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-0 | Tomohiro Nioka |
2003 | Fukuoka Daiei Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Toshiya Sugiuchi |
2004 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Takashi Ishii |
2005 | Chiba Lotte Marines | Hanshin Tigers | 4-0 | Toshiaki Imae |
2006 | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Chunichi Dragons | 4-1 | Atsunori Inaba |
2007 | Chunichi Dragons | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-1 | Norihiro Nakamura |
2008 | Saitama Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takayuki Kishi |
2009 | Yomiuri Giants | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Shinnosuke Abe |
2010 | Chiba Lotte Marines | Chunichi Dragons | 4-2-1 | Toshiaki Imae |
2011 | Fukuoka SoftBank Hawks | Chunichi Dragons | 4-3 | Hiroki Kokubo |
2012 | Yomiuri Giants | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | 4-2 | Tetsuya Utsumi |
2013 | Tohoku Rakuten Golden Eagles | Yomiuri Giants | 4-3 | Manabu Mima |
2014 | Fukuoka SoftBank Hawks | Hanshin Tigers | 4-1 | Seiichi Uchikawa |
2015 | Fukuoka SoftBank Hawks | Tokyo Yakult Swallows | 4-1 | Lee Dae-ho |
2016 | Hokkaido Nippon-Ham Fighters | Hiroshima Toyo Carp | 4-2 | Brandon Laird |
2017 | Fukuoka SoftBank Hawks | Yokohama DeNA BayStars | 4-2 | Dennis Sarfate |
2018 | Fukuoka SoftBank Hawks | Hiroshima Toyo Carp | 4-1-1 | Takuya Kai |
Títulos por equipo
Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
Yomiuri Giants | ||
Saitama Seibu Lions | ||
Fukuoka SoftBank Hawks | ||
Tokyo Yakult Swallows | ||
Orix Buffaloes | ||
Chiba Lotte Marines | ||
Hiroshima Toyo Carp | ||
Hokkaido Nippon-Ham Fighters | ||
Chunichi Dragons | ||
Yokohama BayStars | ||
Hanshin Tigers | ||
Tohoku Rakuten Golden Eagles | ||
Osaka Kintetsu Buffaloes | ||
Shochiku Robins |
Notas
- ↑ "For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan" (en inglés). japanball.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2017.
- ↑ Calendario da tempada 2011 na web da NPB (en inglés)
- ↑ Yomiuri Giants na web da NPB (en inglés)
- ↑ Saitama Seibu Lions na web da NPB (en inglés)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en xaponés)
- Páxina oficial (en inglés)