KBO League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Liga Coreana de Béisbol")
KBO League
LG전자, 야구장서 이색 응원전 눈길 (2).jpg
Fundación 1982
Rexión Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Equipos 10
Actual campión Doosan Bears (5º título)
Máis laureado Kia Tigers (10 títulos)
Sitio web koreabaseball.com

A KBO League (hangul: KBO 리그) é o campionato de liga de béisbol profesional de Corea do Sur. O torneo naceu no ano 1982 con 6 equipos coa misión de profesionalizar este deporte no país. Na actualidade son dez os equipos que compiten cada ano neste torneo. Cada equipo está ligado a unha empresa industrial, de xeito que algúns deles levan no seu nome a marca comercial desa empresa, por exemplo: LG Twins, Kia Tigers, Samsung Lions, e outros. A KBO está considerada a segunda liga de béisbol mais importante de Asia e unha das mais importantes do mundo, so por detrás da MLB norteamericana e da NPB xaponesa.

Formato[editar | editar a fonte]

A liga está composta por 8 equipos que xogan nunha mesma división. Non existen ascensos nin descensos de categoría, é unha liga pechada. Ó longo da tempada regular cada equipo xoga 133 encontros, 19 fronte a cada un dos demais equipos. Ó remate da tempada regular, se disputan uns Play Offs para determinar o campión. En primeiro lugar disputan unha eliminatoria o 3º da clasificación fronte ó 4º. O gañador desta primeira eliminatoria xoga deseguido outra eliminatoria fronte ó 2º da clasificación. Cada unha destas eliminatorias é ó mellor de 3 encontros. O gañador desta última eliminatoria compite fronte ó 1º da clasificación nas Series de Corea ó mellor de 7 encontros polo título de campión nacional.

Equipos[editar | editar a fonte]

Campións[editar | editar a fonte]

O equipo mais dominador da liga coreana de béisbol é o Kia Tigers, que ten gañado o campionato 10 veces, a última en 2009; por diante do Samsung Lions, so 4 veces campión, pero que é o equipo con mais finais disputadas, 13, a última en 2010.

Equipo Campionatos Subcampionatos Tempadas Campións Tempadas Subcampións
KIA Tigers 10 0 1983, 1986, 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1996, 1997, 2009
Samsung Lions 8 9 1985, 2002, 2005, 2006, 2011, 2012, 2013, 2014 1982, 1984, 1986, 1987, 1990, 1993, 2001, 2004, 2010 , 2015
Nexen Heroes 0 1 2014
Doosan Bears 4 5 1982, 1995, 2001 , 2015 2000, 2005, 2007, 2008 , 2013
SK Wyverns 3 4 2007, 2008, 2010 2003, 2009, 2011 , 2012
LG Twins 2 4 1990, 1994 1983, 1997, 1998, 2002
Lotte Giants 2 2 1984, 1992 1995, 1999
Hanwha Eagles 1 5 1999 1988, 1989, 1991, 1992, 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • MLB Liga de Estados Unidos
  • NPB Liga do Xapón
  • LMB Liga de México

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]