Tokyo Dome
Tokyo Dome | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | multi-purpose sports venue (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Edificio adxacente | Korakuen Hall (en) ![]() ![]() | |||
Custo | ¥ 35.000 millóns | |||
Deporte | béisbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Tokyo Dome Corporation (en) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Yomiuri Giants e Hokkaido Nippon-Ham Fighters ![]() | |||
Propietario/a | Tokyo Dome Kigyō | |||
Arquitecto/a | Takenaka Kōmuten, Nikken Sekkei | |||
Datas | ||||
Entrada en servizo | 18 de marzo de 1988 ![]() | |||
Fundación | 17 de marzo de 1988 ![]() | |||
Inauguración | 17 de marzo de 1988 | |||
Dimensións | ||||
Volume | 1.240.000 m³ ![]() | |||
Capacidade | 46.000 espectadores | |||
Superficie | Céspede artificial | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Xapón | |||
Prefectura metropolitana | Toquio | |||
Barrio especial | Bunkyō | |||
Chōchō | Kōraku (en) ![]() ![]() | |||
Localización | Bunkyō, Xapón | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | tokyo-dome.co.jp… ![]() | |||
Teléfono | +81-3-5800-9999 ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
O Tokyo Dome (東京ドーム Tōkyō Dōmu?), alcumado The Big Egg (do inglés: o Gran Ovo), é un parque de béisbol situado no barrio de Bunkyō, en Toquio (Xapón). O estadio foi comezado a construír o 16 de maio de 1985 e inaugurado o 17 de marzo de 1988. Foi construído onde estaba o Velódromo, ao lado do antigo estadio Kōrakuen Kyūjō. Ten capacidade para 55.000 espectadores, 46.000 no caso de estaren todos sentados.[1] Desde 1988 é o estadio local dos Yomiuri Giants da Liga Central da Nippon Professional Baseball (NPB). Entre 1088 e 2003 tamén foi sede dos Nippon-Ham Fighters da Liga do Pacífico da NPB. Ten albergado tamén encontros doutros desportes como o fútbol, fútbol americano ou artes marciais, así como concertos. No estadio está situado tamén o Salón da Fama do béisbol xaponés.
Historia
[editar | editar a fonte]O Tokyo Dome foi inaugurado o 17 de marzo de 1988 como o primeiro estadio cuberto de béisbol do Xapón.[2] A construción, que se fixo sobre os terreos do recinto deportivo de Kōrakuen, levouna a cabo a Corporación Takenaka cun custo total de 35.000 millóns de yenes. O recinto foi inaugurado cun partido de exhibición entre os mellores xogadores da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). Tres días máis tarde acolleu o campionato unificado do peso pesado de boxeo entre Mike Tyson e Tony Tubbs.
Desde a súa apertura é o fogar dos Yomiuri Giants. Tamén foi utilizado polos Nippon-Ham Fighters até que a franquía se trasladou a Sapporo en 2004. A pesar de que os afeccionados xaponeses ao béisbol tiñan receos sobre un estadio cuberto, o Tokyo Dome resultou un éxito e serviu de inspiración para construír outros recintos cubertos no país, como o Osaka Dome e o Sapporo Dome. No que respecta a concertos musicais, o primeiro artista en actuar no Tokyo Dome foi Mick Jagger o 22 e 23 de marzo de 1988, dentro da súa xira mundial en solitario.[3] O primeiro grupo xaponés en actuar no estadio foi Hound Dog. O recinto alcanzou fama internacional grazas á xira Bad World Tour de Michael Jackson, quen actuou en nove concertos en decembro de 1988 para un total de 405.000 espectadores.
O 29 de marzo do 2000 o Tokyo Dome acolleu un partido das Grandes Ligas de Béisbol entre Chicago Cubs e New York Mets, sendo a primeira visita da liga norteamericana ao Xapón.[4] Desde entón, a MLB organizou algúns partidos de inicio de tempada nese campo.[5] Tamén acolleu partidos de exhibición de fútbol americano desde 1989 até 2005.[6]
Carecterísticas
[editar | editar a fonte]A construción do Tokyo Dome estivo inspirada no estadio multiúsos Metrodome de Minneapolis (1982−2013). O seu teito en forma de domo está cuberto por dentro cunha cúpula flexíbel inflábel; para manter a diferenza de presión ha trinta e seis ventiladores e un sistema de esclusas de aire.[7] O edificio ocupa unha área de 46.755 m², mentres que a superficie é de 13.000 m². Respecto ao campo de béisbol, de céspede artificial FieldTurf, a altura do valo é de 100 metros nos extremos e de 122 metros no centro do outfield.[8] O Tokyo Dome forma parte dun complexo maior no barrio de Bunkyō, coñecido como Tokyo Dome City, que dispón de parques de atraccións, augas termais, hoteis, unha galería de arte, o pavillón deportivo Kōrakuen e o pavillón multiúsos City Hall. Pode chegarse en transporte público a través das estacións de Kōrakuen (Metro de Toquio), Suidōbashi (JR East) e Kasuga (Metro Toei).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "東京ドームとは". Tokyo-Dome.co.jp. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ Haberman, Clyde (23 de marzo de 1988). "Amid Some Doubts, a Tokyo Dome". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ Cahoon, Keith (5 de maio de 1988). "Mick Jagger Tour Rolls in Japan". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ "Chicago Cubs at New York Mets Box Score, March 29, 2000". Baseball-Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ "Mariners, Athletics arrive in Tokyo for MLB season-opening series". The Japan Times Online (en inglés). 15 de abril de 2019. ISSN 0447-5763. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ Nagatsuka, Kaz (4 de febreiro de 2015). "Fans want NFL return". The Japan Times Online (en inglés). ISSN 0447-5763. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ "Tokyo Dome". Mimoa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ "Tokyo Dome Corporation Report" (PDF). marketscreener.com (en inglés).
- ↑ "Viajar a Tokio: Tokyo Dome City". Japonismo (en castelán). 26 de outubro de 2012. Consultado o 5 de maio de 2019.