Pacific League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pacific League
Fundación1949
Rexión Xapón
Equipos6
Actual campiónOrix Buffaloes (13º título)
Máis laureadoSeibu Lions (22 títulos)
Sitio webnpb.jp/pl

A Pacific League (パシフィック・リーグ Pashifikku Rīgu?) ou Liga do Pacífico, tamén coñecida como Pa League (パリーグ Pa Rīgu?), é unha das dúas ligas profesionais que constitúen a Nippon Professional Baseball, a máis importante competición de béisbol do Xapón. O gañador desta liga xoga anualmente contra campión da Central League nas Nippon Series para decidir o campión nacional. Actualmente está formada por seis equipos de todo o país, sendo o máis laureado os Seibu Lions. Ao contrario que na Central League, e do mesmo xeito que a Liga Americana da MLB, esta liga permite o uso de bateador designado.

Historia[editar | editar a fonte]

A Liga do Pacífico foi fundada como Taiheiyo Baseball Union en 1949, nome que mantivo até 1980 cando adoptou a actual nomenclatura. O primeiro presidente desta liga foi Masaichi Nagata, propietario dos Daiei Stars.[1] A competición comezou a súa andaina con sete equipos, catro procedentes da anterior Liga Xaponesa de Bésibol (Hankyu Braves, Nankai Hawks, Daiei Stars e Tokyu Flyers) e tres nos novos equipos (Kintetsu Pearls, Mainichi Orions e Nishitetsu Clippers). En 1954 entrou na liga un novo equipo, os Takahashi Unions, incrementando así o número até oito. A pesar de ser un equipo formado con xogadores cos que non contaban o resto de equipos da Liga, os Unions conseguiron unha series de segundos postos consecutivos até a fusión en 1957 cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions, reducindo así de novo o número até sete equipos. Con todo, os novos Unions acabaron en último lugar na súa primeira temporada. Na seguinte temporada, fusionanse de novo, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orion. A liga ficaba así reducida a seis equipos, número que se mantén na actualidade.

Entre 1973 e 1982, a Liga do Pacífico tivo un formato de competición dividido en dúas partes, de forma que o campión da primeira parte se enfrontaba ao campión da segunda para determinar o posuidor do título de Liga. En 1975 a Liga comezou a utilizar a regra do bateador designado, seguindo así a estela da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Cando no ano 2005 se comezaron a xogar partidos entre equipos da Liga do Pacífico e da Liga Central, a regra do bateador designado é utlizada en función da liga na que compita o equipo local. Na temporada 2004 os Orix BlueWave e os Osaka Kintetsu Buffaloes fusionáronse para formar os Orix Buffaloes. Para manter os tradicionais seis equipos, entraron na liga os Tohoku Rakuten Golden Eagles. A partir desa mesma temporada foi introducido un sistema de eliminatorias (as Series de Campionato da Liga do Pacífico) para determinar o campión e participante nas Series do Xapón.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Nome xaponés Localización Estadio Patrocinador
Chiba Lotte Marines 千葉ロッテマリーンズ
Chiba Rotte Marīnzu
Chiba
Chiba Chiba
ZOZO Marine Stadium
30.348 espectadores
Lotte
Fukuoka SoftBank Hawks 福岡ソフトバンクホークス
Fukuoka Sofutobanku Hōkusu
Fukuoka
Fukuoka Fukuoka
Fukuoka Yahuoku! Dome
40.178 espectadores
SoftBank
Hokkaido Nippon-Ham Fighters 北海道日本ハムファイターズ
Hokkaidō Nippon-Hamu Faitāzu
Sapporo
Hokkaidō Hokkaido
Sapporo Dome
40.476 espectadores
Nippon Ham
Orix Buffaloes オリックス・バファローズ
Orikkusu Bafarōzu
Osaca
Osaca Osaca
Kyocera Dome Osaka
36.477 espectadores
Orix
Saitama Seibu Lions 埼玉西武ライオンズ
Saitama Seibu Raionzu
Tokorozawa
Saitama Saitama
MetLife Dome
33.556 espectadores
Seibu
Tohoku Rakuten Golden Eagles 東北楽天ゴールデンイーグルス
Tōhoku Rakuten Gōruden Īgurusu
Sendai
Toquio Miyagi
Estadio de Miyagi
30.508 espectadores
Rakuten

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Equipo Campión Subcampión Terceiro
Saitama Seibu Lions 22 12 14
Fukuoka SoftBank Hawks 19 16 7
Orix Buffaloes 13 15 8
Hokkaido Nippon-Ham Fighters 7 8 15
Chiba Lotte Marines 5 8 14
Osaka Kintetsu Buffaloes 4 9 8
Tohoku Rakuten Golden Eagles 1 1 2
Daiei Unions 0 0 2
Takahashi Unions 0 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nagata, Masaichi". Hall of Famers List. Salón da Fama e Museo (Xapón). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]