Hanshin Tigers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hanshin Tigers
Fundado en 1936
En Nishinomiya desde 1936
Hanshin tigers insignia.PNG
Insignia
Liga
LigaFlag of Japan.svg Nippon Professional Baseball
DivisiónCentral League (1950–presente)
Liga anteriorJapan Baseball League (1935–1949)
Imaxe do equipo
Enokidadaiki 150829.JPG
Retirados10, 11, 23
Cores              
Datos do equipo
AnteriorOsaka Tigers (1935–1940)
Hanshin B.C. (1940–1944)
Osaka Tigers (1946–1960)
AlcumesTora (トラ, tigres)
Mōko (猛虎, tigres feroces)
EstadioEstadio Koshien (1936–presente)
MascotaTo-Lucky, Lucky e Kita
DonoHanshin Electric Railway Co.
AdestradorAkihiro Yano
Títulos
Nippon S. (1)1985
Central L. (5)1962, 1964, 1985, 2003, 2005, 2014
JBL (4)1937 (O), 1938 (P), 1944, 1947

Os Hanshin Tigers (阪神タイガース Hanshin Taigāsu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede na cidade de Nishinomiya, Hyōgo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1936 é o Koshien Stadium, recinto con capacidade para 47.757 espectadores. A propietaria do equipo é a empresa Hanshin Electric Railway Co., subsidiaria da Hankyu Hanshin Holdings. Os Tigers son un dos equipo máis antigos do país, sendo fundados en 1936 co nome de Osaka Tigers.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Os Hanshin Tigers, un dos equipos profesionais máis antigos do Xapón, foron fundados o 10 de decembro de 1935. O equipo foi realmente formado o ano seguinte, recibindo nos seus comezos o nome de Ōsaka Tigers. En 1940, no medio dunha época onde había certos senimentos anti-estranxeiros, os Tigers mudaron o seu nome a "Hanshin", para despois regresar en 1947 ao seu nome orixinal. Desde os seus comezos, os Tigers consolidáronse xunto aos Tokyo Kyojin (Yomiuri Giants) como un dos equipos máis fortes do béisbol nipón. Antes do comezo do sistema actual de dúas ligas en 1950, a franquía completou unha marca de 730-472 con catro títulos.

A partir da creacións das Ligas Central o do Pacífico, os Tigers acadaron durante varias temporadas a segunda posición da primera, sendo superados tan só polos Giants, que durante os anos 1950 e 1960 dominaron o béisbol no país. Durante os seus primeiros anos na NPB destacaron por un xogo baseado nun forte ataque, con bateadores como Fumio Fujimura. En 1961 pasaron a chamarse adoptaron o seu actual nome, Hanshin Tigers, e tras mellorar o seu elenco con novos pitchers conseguiron gañar os seus primeiros títulos de Liga en 1962 e 1964. Porén, en ambas temporadas non conseguiron gañar as Series do Xapón.

A década de 1970 comezou mal para o equipo, mellorando cara finais da mesma coa chegada de xogadores como Koichi Tabuchi e Masayuki Kakefu. A isto sumouse a chegada do xogador estadounidense Randy Bass, que revolucionou o béisbol xaponés. De feito, Bass estivo a piques de superar en 1985 o récord de home runs establecido de Sadaharu Oh (55). Non puido conseguilo debido a que, nun partido ante os Giants adestrados polo propio Oh, os pitchers toquiotas lanzaron as pelotas fóra da zona de strike de Bass. En toda súa carreira cos Tigers, Bass conseguiu 219 home runs. A nivel colectivo, e liderados polo xogador estadounidense, os Tigers lograron unha marca de 74-49 en 1985 co que gañaron a Liga Central e conseguiron por fin a súa primeira Serie do Xapón ao gañar aos Seibu Lions en seis xogos. Con esta vitoria os Tigers, que xa tiñan unha forte base de afeccionados na Prefectura de Hyōgo, conseguiron atraer a máis seareiros.

A partir de 1987, co regreso de Bass a Estados Unidos, os Tigers comezaron a empeorar o seu xogo, acadando varias marcas negativas. En toda a década de 1990, salvo en 1992, terminaron nas útlimas posicións da Liga Central coas peores estatísticas do campionato. Na década de 2000 a situación mellorou coa chegada do adestrador Senichi Hoshino. En 2003, no segundo ano como técnico de Hoshino, os Tigers conseguiron gañar de novo a súa Liga, aínda que sen éxito nas SEries do Xapón, onde perderon por 4−3 ante os Fukuoka Daiei Hawks. A mesma situación repetiuse no 2005 con Akinobu Okada como técnico, sendo esta vez derrotados na final por 4−0 polos Chiba Lotte Marines. Cómpre destacar que no ano 2004, a Major League Baseball inaugurou a súa temporada no Xapón, xogando os Tigers un partido amigábel ante os New York Yankees no Tokyo Dome, onde os xaponeses venceron por 11–7. Nas temporadas de 2005 a 2009, máis de tres millóns de espectadores acudiron a ver en directo os partidos dos Tigers, sendo o único equipo do país en conseguilo. No ano 2014 os Tigers conseguiron volver xogar unhas Series do Xapón tras gañar a Liga Central. De novo, non conseguiron facerse co título após perder ante os Fukuoka SoftBank Hawks por 4−1.

Nomes[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]

  • Osaka Tigers (1946–1960)
  • Hanshin B.C. (1940–1944)
  • Osaka Tigers (1935–1940)
  • Hanshin Tigers (1961–presente)

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Koshien.

Os Hanshin Tigers xogan desde 1936 como locais no Estadio Hanshin Koshien (阪神甲子園球場 Hanshin Kōshien Kyūjō?), normalmente simplemente chamado Estadio Koshien. O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Cando o estadio está sendo utlizado para os torneos de instituto, os Tigers xogan os seus partidos no Osaka Dome.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Fumio Fujimura
Dorsais retirados polos Hanshin Tigers
Xogador Posición Período
10 Fumio Fujimura Pitcher 1936–1958
11 Minoru Murayama Pitcher 1959–1972
23 Yoshio Yoshida Shortstop 1953–1969

Xogadores MLB[editar | editar a fonte]

Jeff Williams.
País Xogador Posición Temporadas no equipo
Estados Unidos Glenn Davis Primeira base 1994–1995
Estados Unidos Cecil Fielder Primeira base 1989
Xapón Kei Igawa Pitcher 1998–2006
Estados Unidos Leon McFadden Shortstop 1972
Estados Unidos Matt Murton Outfielder 2010–2015
Corea do Sur Seung-hwan Oh Pitcher 2014–2015
Australia Chris Oxspring Pitcher 2006
Estados Unidos Alonzo Powell Outfielder 1998
Estados Unidos Jerrod Riggan Pitcher 2003–2004
Xapón Tsuyoshi Shinjo Outfielder 1991–2000
Estados Unidos Tony Tarasco Outfielder 2000
Estados Unidos Marc Valdes Pitcher 2002
Estados Unidos Ryan Vogelsong Pitcher 2007–2008
Australia Jeff Williams Pitcher 2003–2009
Estados Unidos Craig Worthington Terceira base 1996
Estados Unidos Marvell Wynne Outfielder 1991
Xapón Keiichi Yabu Pitcher 1994–2004

Seareiros[editar | editar a fonte]

Seareiros dos Tigers.

O seguidores do Tigers son coñecidos como un dos seareiros máis fanáticos e adicados do béisbol xaponés. De feito, usualmente superan á afección local nos seus partidos fóra da casa. Unha famosa tradición do club (compartida con outros equipos da NPB) é a solta de globos por parte dos fans na sétima entrada mentres cantan a "Hanshin Tigers no Uta (阪神タイガースの歌?)", tamén coñecida como "Rokko Oroshi (六甲颪, 六甲おろし?, lit. O vento que descende do Monte Rokko)". Esta canción, composta por Yuji Koseki (古関 裕而?) con letra de Sonosuke Sato (佐藤 惣之助?), é popular en toda rexión de Kansai.

阪神タイガースの歌

六甲颪 (ろっこうおろし)に颯爽 (さっそう)と
蒼天 (そうてん)翔 (か)ける日輪 (にちりん)の
青春の覇気 美 (うるわ)しく
輝く我が名ぞ 阪神タイガース
オウ オウ オウオウ 阪神タイガース
フレフレフレフレ

闘志 (とうし)溌剌 (はつらつ) 起 (た)つや今
熱血 既 (すで)に敵を衝 (つ)く
獣王の意気高らかに
無敵の我等ぞ 阪神タイガース
オウ オウ オウオウ 阪神タイガース
フレフレフレフレ

鉄腕強打幾千 (いくち)度 (た)び
鍛えてここに 甲子園
勝利に燃ゆる栄冠は
輝く我等ぞ 阪神タイガース
オウ オウ オウオウ 阪神タイガース
フレフレフレフレ

Hanshin Tigers no Uta

Rokkō oroshi ni sassō to
Sōten kakeru nichirin no
Seishun no haki uruwashiku
Kagayaku wagana zo Hanshin Tigers
Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers
Fure-fure-fure-fure

Tōshi hatsuratsu tatsu ya ima
Nekketsu sude ni teki o tsuku
Jūō no iki takaraka ni
Muteki no warera zo Hanshin Tigers
Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers
Fure-fure-fure-fure

Tetsuwan kyōda ikuchitabi
Kitaete koko ni Kōshien
Shōri ni moyuru eikan wa
Kagayaku warera zo Hanshin Tigers
Ō-ō-ō-ō Hanshin Tigers
Fure-fure-fure-fure

A canción dos Hanshin Tigers
(Traducido a partir da versión oficial en inglés,
a cal non é unha tradución directa)

Correndo a través do vento que sopra desde Rokko
como o gran sol que se ergue no ceo azul
O poderoso corazón xuvenil amosa a graza do vencedor
"Hanshin Tigers", o nome que refulxe na gloria
Oh! Oh! Oh! Oh! Hanshin Tigers

Poderosos bateos e xeitosos lanzamentos logrados mil veces
Adestrados con toda a disciplina aquí no Koshien
Coroados con gloriosas vitorias e fazañas
Sempre orgullosos, invencíbeis "Hanshin Tigers"
Oh! Oh! Oh! Oh! Hanshin Tigers
Vai, vai, vai, vai!

Esta tradición lévase a cabo en todos os xogos dos Tigers, tanto locais como visitantes, excepto nos encontros ante os Yomiuri Giants no Tokyo Dome. Isto é debido ás estritas medidas de seguridade levadas a cabo polas autoridades por mor da rivalidade entre os dous equipos. Esta rivalidade entre os Giants e os Tigers está considerada como a máis importante do país, á par con rivalidades da Major League Baseball como a dos Los Angeles Dodgers e San Francisco Giants ou a dos Boston Red Sox e New York Yankees.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hanshin Tigers". JapanBall (en inglés). 
  2. "Hanshin Tigers". NPB.jp. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]