Nishi Nippon Pirates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nishi Nippon Pirates
Fundado en 1950
Fusionado en 1950 cos Nishitetsu Clippers para formar os Nishitetsu Lions
Liga
LigaFlag of Japan.svg Nippon Professional Baseball
DivisiónPacific League (1950)
Datos do equipo
EstadioHeiwadai Yakyūjō
DonoNishi Nippon Shinbun
AdestradorToshio Kojima (1950)

Os Nishi Nippon Pirates (西日本パイレーツ Nishi-Nippon Pairētsu?) foron un equipo de béisbol profesional con sede na cidade de Fukuoka, Xapón. O equipo xogaba no Nippon Professional Baseball (NPB), sendo un dos membros fundadores da Liga Central. Os Pirates, propiedade do xornal Nishi Nippon, xogaban os seus xogos como local no Heiwadai Yakyūjō, estadio con capacidade 32.000 espectadores.[1] O equipo tan só xogou durante unha temporada, 1950, na que acabaron en sexto lugar. Na seguinte temporada fusionáronse cos Nishitetsu Clippers, tamén de Fukuoka, para formar os Nishitetsu Lions (actuais Saitama Seibu Lions).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Heiwadai Stadium". Baseball Reference.