Chunichi Dragons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chunichi Dragons
Fundado en 1936
En Nagoia desde 1936
Chunichi dragons insignia.png
Insignia
Liga
LigaFlag of Japan.svg Nippon Professional Baseball
DivisiónCentral League (1950–presente)
Imaxe do equipo
CD-Hirokazu-Ibata.jpg
Retirados10, 15
Cores          Azul, branco
Datos do equipo
AnteriorNagoya-gun (1936–1943)
Sangyo-gun (1944)
Chubu Nippon (1946)
Chubu Nippon Dragons (1947)
Chunichi Dragons (1948–1950)
Nagoya Dragons (1951–1953)
AlcumesRyu (竜, dragóns)
EstadioNagoya Dome (1997–presente)
Estadios antigosKorakuen Stadium (1948)
Nagoya Baseball S. (1949–1996)
MascotaDoala, Shaolon e Paolon
DonoUichirō Ōshima (Chunichi Shinbun)
AdestradorTsuyoshi Yoda
Títulos
Nippon S. (2)1954, 2007
Central L. (9)1954, 1974, 1982, 1988, 1999, 2004, 2006, 2010, 2011

Os Chunichi Dragons (中日ドラゴンズ Chūnichi Doragonzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Nagoia, principal cidade da Rexión de Chūbu. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. Entre o seu palmarés destacan nove títulos da Liga Central (o último en 2011), dous das Series do Xapón (1954 e 2007) e un das Series de Asia (2007).

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado en 1936 co nome da cidade que o albergaba, Nagoia. Sen patrocinador durante as súas primeiras tempadas, o club mudou a súa denominación en 1944 cando a empresa Sangyo adquiriu o club e puxo o nome da súa compañía. Ao terminar a Segunda Guerra Mundial o equipo volve mudar de propietario e é renomeado como Chubu Nihon. En 1947 pasa a ser adquirido polo Chunichi Shinbun. O novo propietario engade á franquía o alcume de Dragons (Dragóns) e inclúe o nome da súa empresa no do equipo. Durante as súas primeiras temporadas no campionato nacional profesional, os resultados non lle fan destacar demasiado. Con todo, a partir de 1950, ano en que se estabelece a Liga Central e pasan a chamarse Nagoya Dragons, o conxunto mellora o seu xogo e consegue terminar na segunda posición.

En 1954 os Dragons adquiren o seu nome definitivo, Chunichi Dragons. Ese mesmo ano conseguen gañar a Liga Central e a súa primeira Serie do Xapón após vencer por catro partidos a tres ante os Nishitetsu Lions. Debido á superioridade dos Giants nas décadas de 1950 e 1960, a franquía non volve gañar un título até 1974, cando volven vencer na súa División. Porén, perden a final ante Lotte Orions por 4−2.

Nos anos 1980 os Dragons conseguen tres títulos de Liga en 1982, 1988 e 1989. Ademais, xogaron dúas Series do Xapón na época, en 1982 e 1988, perdendo ambas ante os Saitama Seibu Lions, equipo dominador do béisbol xaponés da dácada. En 1999 e 2004 volveron gañaron o título de Liga, mais volveron caer nas Series, en ambas ocasións fronte os Fukuoka Daiei Hawks. O segundo título das Series chega por fin en 2007 tras 53 anos. NEsta ocasión conseguen vencer por 4-1 aos Hokkaido Fighters sendo as catro vitorias consecutivas. Ademais conseguen novembro desde mesmo ano as súas primeiras e únicas Series de Asia ao vencer na final ao SK Wyverns surcoreano.

Nomes[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[1]

  • Nagoya-gun (1936–1943)
  • Sangyo-gun (1944)
  • Chubu Nippon (1946)
  • Chubu Nippon Dragons (1947)
  • Chunichi Dragons (1948–1950)
  • Nagoya Dragons (1951–1953)

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nagoya Dome.

Actualmente, os Chunichi Dragons xogan os seus encontros como local no Nagoya Dome, recinto con capacidade para 40.500 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios:

Estadio Localización Prefectura Capacidade Período
Kōrakuen Kyūjō Bunkyō Toquio Toquio 42.337 1948
Nagoya Kyūjō Nagoia Aichi Aichi 4.495 1949 1996
Nagoya Dome Nagoia Aichi Aichi 40.500 1997

Xogadores[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados polos Chunichi Dragons
Xogador Posición Período
10 Tsuguhiro Hattori Pitcher 1939–1958
15 Michio Nishizawa Pitcher 1936–1958

Xogadores MLB[editar | editar a fonte]

País Xogador Posición Temporadas no equipo
Taiwán Wei-Yin Chen Pitcher 2004–2011
Estados Unidos Matt Clark Primeira base 2013
Estados Unidos Darnell Coles Terceira base 1996
Xapón Kosuke Fukudome Outfielder 1999–2007
Porto Rico Leo Gómez Terceira base 1997–2002
Xapón Kenshin Kawakami Pitcher 1998–2008, 2012–2014
Estados Unidos Vance Law Terceira base 1990
Estados Unidos Ken Macha Terceira base 1982–1985
Xapón Akinori Otsuka Pitcher 2003
Corea do Sur Lee Sang-hoon Pitcher 1998–1999
Canadá Matt Stairs Outfielder 1993

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chunichi Dragons". NPB.jp. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]