Estadio Koshien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estadio Hanshin Koshien")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 34°43′16.34″N 135°21′41.84″L / 34.7212056, -135.3616222

Estadio Koshien
Summer Koshien 2009 Final.jpg
Datos
LocalizaciónNishinomiya, Xapón
AlcumeKoshien
Construción
Inauguración1 de agosto de 1924
Ampliación2007–2010
ArquitectoŌbayashi Gumi
Custo¥ 2.500.000 (en 1924)
Estadio
SuperficieCéspede natural
DimensiónsLeft Field – 95 m (312 ft)
Left Center Field – 118 m (387 ft)
Center Field – 118 m (387 ft)
Right Center Field – 118 m (387 ft)
Right Field – 95 m (312 ft)
Capacidade47.508 espectadores
PropietarioHanshin Denki Tetsudō
OperaradoraHanshin Tigers
LocalíaHanshin Tigers (1936–presente)
Nankai Hawks (1948–1949)
Torneos Kōshien (1925–presente)

O Estadio Hanshin Koshien (阪神甲子園球場 Hanshin Kōshien Kyūjō?), habitualmente coñecido como Estadio Koshien é un parque de béisbol situado nas proximidades de Kōbe, en Nishinomiya, Hyōgo (Xapón). O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Desde 1936 é o estadio local dos Hanshin Tigers da Liga Central da Nippon Professional Baseball.

Alén dos xogos dos Tigers, o estadio alberga anualmente o Campionato Nacional de Béisbol entre Institutos (全国高等学校野球選手権大会 Zenkoku Kōtō Gakkō Yakyū Senshuken Taikai?) en agosto, así como o menos importante Torneo Invitacional de Béisbol entre Institutos (選抜高等学校野球大会 Senbatsu Kōtō Gakkō Yakyū Taikai?) en marzo. Normalmente, embos torneos son coñecidos simplemente como "Kōshien de verán" e "Kōshien de primavera". Estes torneos gozan de grande popularidade, sendo o torneo afeccionado máis importante do país. De feito, se os torneos coinciden con encontros dos Tigers, este pospoñense para outras datas. Tamén alberga cada ano a final do torneo universitario de fútbol americano, máis coñecido como Koshien Bowl. O lendario xogador de béisbol Babe Ruth xogou un partido amigábel no estadio en 1934, sendo este feito conmemorado cunha placa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Povich, Shirley (5 de febreiro de 2005). "Legend, Truth Mix With Ruth: 100th Anniversary of Babe's Birth". Washington Post. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]