Elvira de Toro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:


Os seus abondosos bens do infantado distribuíanse principalmente entre os reinos de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galiza|Galiza]], con algúns outros no de [[Reino de Castela|Castela]].{{harvnp|Martin|2008|p=}}
Os seus abondosos bens do infantado distribuíanse principalmente entre os reinos de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galiza|Galiza]], con algúns outros no de [[Reino de Castela|Castela]].{{harvnp|Martin|2008|p=}}

O [[10 de decembro]] de [[1068]], nunha doazón de Elvira á [[diocese de Santiago de Compostela]] de varias vilas en Lemos, Triacastela, Valcárcere e outros lugares, a infanta aparece como «raíña» (''Geluira regina'');<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant02lpez#page/248/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1899 |volume=2 | páxina=248 [Apéndices] |ref=harv}}</ref> un erro do compilador do ''[[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|Tombo A]]'' segundo [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]].{{Sfn|{{Versaleta|López Ferreiro}}|1899|p=549}}

O [[25 de abril]] de [[1087]] concedeu un diploma á igrexa compostelá e ó seu [[bispo]] [[Diego Páez]], onde lle doa a metade do mosteiro de Piloño e outras moitas herdades, outorgando ademais un privilexio polo cal no mosteiro non poida entrar o [[meiriño]] real nin en caso de homicidio, roubo ou parricidio; só o ministro do prelado compostelán.<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/24/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1900 |volume=3 | páxinas=12, 14-15; 25 [Apéndices] |ref=harv}}</ref>

Nunha das súas últimas aparicións, o [[14 de marzo]] de 1099, testemuña nunha doazón do seu irmán Afonso VI ó [[mosteiro de San Pedro de Eslonza]].<ref>{{Cita libro | título=Cartulario del Monasterio de Eslonza | url=https://archive.org/stream/cartulariodelmo00ballgoog#page/n19/mode/2up | apelidos={{Versaleta|Vignau Ballester}} |nome=Vicente | ano=1885 |volume=Primera parte | páxina=10}}</ref>


A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|Martin|2008|p=}}
A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|Martin|2008|p=}}

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2018 ás 23:13

Infotaula de personaElvira de Toro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1038 Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1099 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Lugar de sepulturaPanteón de Reis de Santo Isidoro de León Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloInfante of León (en) Traducir
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Ximena Editar o valor em Wikidata
PaisFernando I de León Editar o valor em Wikidata  e Sancha I de Galicia Editar o valor em Wikidata
IrmánsUrraca de Zamora, Sancho III, Afonso VI de León e García II de Galicia Editar o valor em Wikidata
Sinatura

WikiTree: Princess_of_Castile_and_Leon-1


Elvira de Toro, nada en 1038 e finada o 15 de novembro de 1099, foi unha nobre medieval, infanta de León, filla dos reis de Galiza Sancha I e do seu consorte Fernando I[1], e irmá de García II de Galiza, de Afonso VI de León, de Sancho II de Castela e de Urraca de Zamora. Era neta por parte materna de Afonso V o Nobre, rei de Galiza, e da súa esposa a raíña Elvira Méndez. Por parte paterna os seus avós eran Sancho III o Maior, rei de Navarra, e a súa esposa a raíña Muniadona de Castela.

Traxectoria

En 1063 seu pai convocou unha Curia Regia para dar a coñecer as súas disposicións testamentarias onde decidiu repartir o seu patrimonio entre os seus fillos, correspondéndolle á infanta Elvira a cidade de Toro, situada na actual provincia de Zamora, e, coa súa irmá Urraca, o infantado, isto é, «o padroado e mailas rendas de tódolos mosteiros pertencentes ó patrimonio rexio»[2] coa condición de non poder contraer matrimonio.[3].

Os seus abondosos bens do infantado distribuíanse principalmente entre os reinos de León e Galiza, con algúns outros no de Castela.[4]

O 10 de decembro de 1068, nunha doazón de Elvira á diocese de Santiago de Compostela de varias vilas en Lemos, Triacastela, Valcárcere e outros lugares, a infanta aparece como «raíña» (Geluira regina);[5] un erro do compilador do Tombo A segundo López Ferreiro.[6]

O 25 de abril de 1087 concedeu un diploma á igrexa compostelá e ó seu bispo Diego Páez, onde lle doa a metade do mosteiro de Piloño e outras moitas herdades, outorgando ademais un privilexio polo cal no mosteiro non poida entrar o meiriño real nin en caso de homicidio, roubo ou parricidio; só o ministro do prelado compostelán.[7]

Nunha das súas últimas aparicións, o 14 de marzo de 1099, testemuña nunha doazón do seu irmán Afonso VI ó mosteiro de San Pedro de Eslonza.[8]

A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de Tábara o 11 de novembro de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os bispos de Tui, León e Oviedo confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e Covarrubias. Á súa sobriña-neta Sancha Raimúndez, filla do conde de Galiza Raimundo de Borgoña e da súa esposa Urraca I, legoulle Tábara, Wamba e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde García Ordóñez, e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o 16 de xaneiro de 1100 á Catedral de Santiago de Compostela a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.[4]

Sepultura

Após o seu pasamento, o cadáver da infanta Elvira foi sepultado no Panteón de Reis de Santo Isidoro de León, onde recibiran sepultura seus pais e o seu irmán García.[9] Sobre a tampa do seu sartego foi esculpido o seguinte epitafio latino:

H. RE. DOMNA GELOIRA, FILIA REGIS MAGNI FERDINANDI. VAS FIDEI, DECUS HESPERIAE TEMPLUM PIETATIS. VIRTUS JUSTITIAE SIDUS, HONOR PATRIAE. HEU QUINDENA DIES MENSIS, GELOIRA, NOVEMBRIS EXILIUM MULTIS, TE MORIENTE FUIT. ANNIS MILE VIIII CXXX PERACTIS TE TUA MORS RAPUIT, SPES MISEROS LATUIT.

O epitafio parece ser que foi unha ampliatio, isto é, unha inscrición que foi sendo realizada en diferentes épocas.[10] O sartego foi destruído na Francesada, en 1809, cando as tropas francesas ocuparon a Basílica de Santo Isidoro de León, convertendo esta en cuartel e o panteón en corte. Para isto último, os sartegos foron profanados e tornados bebedoiros para cabalos, amoreando os restos nun curruncho. Estes foron recolleitos polos cóengos e levados á igrexa de Santa Marina la Real de León, onde ficaron até seren, unha vez rematada a guerra, devoltos ó panteón e introducidos nos sarcófagos sen orde ningunha.[11] Por mor disto, resulta imposíbel o recoñecemento dos seus restos, igual que acontece cos demais personaxes alí enterrados.[12] En 1997 abríronse os sarcófagos de novo para un ambicioso estudo multidisciplinar[13] co obxectivo principal de identificar os restos dos personaxes rexios alí enterrados.[14] No entanto, despois de 10 anos de pescudas, o proxecto fracasou sen chegar a conclusión ningunha.[14]

Notas

  1. López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 328 e 332. ISBN 84-96403-54-8. 
  2. Martínez Díez, Gonzalo (2003). Alfonso VI: señor del Cid, conquistador de Toledo. (Historia). Madrid: Temas de Hoy. p. 33. ISBN 978-84-8460-251-4. 
  3. Sánchez Candeira 1999, p. 231.
  4. 4,0 4,1 Martin 2008.
  5. López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela 2. p. 248 [Apéndices]. 
  6. López Ferreiro 1899, p. 549.
  7. López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 12, 14-15; 25 [Apéndices]. 
  8. Vignau Ballester, Vicente (1885). Cartulario del Monasterio de Eslonza. Primera parte. p. 10. 
  9. Arco y Garay 1954, p. 188.
  10. Martín López 2004, pp. 956-957.
  11. Prada Marcos 1998, p. 8.
  12. Elorza 1990, pp. 53-54.
  13. Prada Marcos 1998, pp. 8-9.
  14. 14,0 14,1 Viñas, Verónica (23-4-2006). "Fracasa la investigación para poner nombre a los «93 reyes» de San Isidoro". Diario de León (en castelán). 

Véxase tamén

Bibliografía