Os luns ó sol: Diferenzas entre revisións
m Moving from Category:Cine en 2002 to Category:Filmes de 2002 using Cat-a-lot |
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
'''''Os luns ó sol''''' (en {{lang-es|Los lunes al sol}}) é un filme de [[Fernando León de Aranoa]] protagonizado por [[Javier Bardem]] e actores galegos como [[Luís Tosar]] ou [[José Ángel Egido]] entre outros. |
'''''Os luns ó sol''''' (en {{lang-es|Los lunes al sol}}) é un filme de [[Fernando León de Aranoa]] protagonizado por [[Javier Bardem]] e actores galegos como [[Luís Tosar]] ou [[José Ángel Egido]] entre outros. |
||
Esta produción rodada principalmente entre [[ |
Esta produción rodada principalmente entre [[A Coruña]] e [[Vigo]] e estreada en [[2002]], obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios [[premios Goya]]. |
||
== Argumento == |
== Argumento == |
Revisión como estaba o 3 de xuño de 2018 ás 13:19
Os luns ó sol | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los lunes al sol |
Director | Fernando León de Aranoa |
Produtor | Elías Querejeta |
Guión | Fernando León de Aranoa Ignacio del Moral |
Intérpretes | Javier Bardem (Santa) Luís Tosar (José) José Ángel Egido (Lino) Nieve de Medina (Ana) Enrique Villén (Reina) Celso Bugallo (Amador) Joaquín Climent (Rico) Aida Folch (Nata) Serge Riaboukine (Serguei) Laura Domínguez (Ángela) Pepo Oliva (Samuel) Fernando Tejero (Lázaro) Andrés Lima (Avogado) César Cambeiro (Fiscal) Antonio Durán "Morris" (Director do banco) Luis Zahera (Administrador) María Luisa Martínez (Funcionaria INEM) Casilda García (Dona da pensión) Mónica García (Mónica) Luísa Merelas (Muller de Lino) Pablo de la Fuente (Fillo de Lino) Belén López (Filla de Lino) Denis Gómez (Rapaz do trasbordador) Miguel Borines (Encargado da fábrica) Lois Soaxe (Compañeiro de Ana) Isabel Cervino (Secretaría Xudicial) Pablo Vázquez (Neno do chalé) Talco (Bizco) Gracia Mestre (Muller no supermercado) |
Estrea | 27 de setembro de 2002 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros.
Esta produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.
Argumento
O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Personaxes
- Javier Bardem como Santa
- Luís Tosar como José
- José Ángel Egido como Lino
- Nieve de Medina como Ana
- Enrique Villén como Reina
- Celso Bugallo como Amador
- Joaquín Climent como Rico
- Aida Folch como Nata
- Fernando Tejero como Lázaro
- Laura Domínguez como Ángela
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor filme | Elías Querejeta | Gañador |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actor de repartimento | Celso Bugallo | Gañador |
Goya
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio ó mellor actor revelación para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor actriz revelación para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Nomeamento á mellor montaxe.
- Unión de Actores:
- Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor de repartimento para Joaquín Climent.
- Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Nomeamentos ó mellor actor revelación e secundario para José Ángel Egido.
- Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar.
- Festival de San Sebastián:
- Cuncha de ouro á mellor película.
- Premio Ondas á mellor película española.
- Fotogramas de Plata.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem.
- Premios do cine europeo:
- Nomeamento a mellor actor para Javier Bardem.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actriz para Nieve de Medina.
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor actor secundario para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor fotografía, montaxe, música orixinal.
- Premios ACE:
- Premio ó mellor actor para Javier Bardem.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento a mellor película.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actor secundario para Luís Tosar.