Aida Folch
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de novembro de 1986 Reus, España |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de cinema, actriz |
| Período de actividade | 2002 |
| Sitio web | aidafolch.com |
Aida Benítez Folch, nada en Reus (Tarragona) o 24 de novembro de 1986, coñecida como Aida Folch, é unha actriz española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde pequena cursaba teatro na escola nunha compañía chamada Llop's teatre como actividade extraescolar. Tamén os sábados estudaba interpretación no centre de Lectura de Reus. Alí descubriría que a súa paixón era actuar. En 1998 apuntouse nunha axencia de publicidade onde viaxaba de Reus a Barcelona para facer audicións para anuncios de televisión, pero a súa primeira oportunidade chegoulle no ano 2000, cando foi a elixida entre 3 000 nenas de todo o país para protagonizar a produción española El embrujo de Shangai, do gañador do Óscar Fernando Trueba. Tiña catorce anos e pouco tempo despois Fernando León de Aranoa elíxea tamén para a premiada película Os luns ó sol.
Despois intervén en Aquitania, La mirada violeta, Fin de curso, Salvador, Las vidas de Celia e 25 kilates, entre outras. Tamén traballa en telefilmes como Con el 10 en la espalda, Inocentes, No estás sola, Sara, Morir en 3 actes ou Volveremos. En 2008 dáse a coñecer co personaxe de Françoise na exitosa serie Cuéntame cómo pasó.
Traballou no estranxeiro coa superprodución histórica Henri 4, un filme alemán de Jo Baier e en Mi universo en minúsculas, unha produción mexicana.
En 2012 protagoniza El artista y la modelo, de Fernando Trueba, unha película rodada integramente en francés onde traballa con Jean Rochefort e Claudia Cardinale.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2012 | Mellor interpretación feminina protagonista | El artista y la modelo | Pendente |
- Festival de Cine Español de Málaga: Biznaga de Prata á mellor actriz, Sección ZonaZine, por 25 kilates (2009).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aida Folch |