Castro de San Millao: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Bot: Arranxos varios, removed: <!--Categorías ocultas-->
catálogo xunta
Liña 10: Liña 10:
| dataescavación = 1953
| dataescavación = 1953
| estadoactual = Abandonado
| estadoactual = Abandonado
| extensión =
| extensión = 2,7
| catálogo = GA32028026
}}
}}
O '''castro de San Millao''' é un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] situado na parroquia de [[San Millao, Cualedro|Santa María de San Millao]], no concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Cualedro]]. É coñecido tamén coma Cidá do Castro<ref>[http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=123&crec=19786&cidi=G Ficha do castro en Turgalicia]</ref> ou Cidá de Grou<ref name=guiaconcello>[http://www.cualedro.es/files/Guia-de-Cualedro.pdf Guía do concello de Cualedro]. (Pdf).</ref>.
O '''castro de San Millao''' é un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] situado na parroquia de [[San Millao, Cualedro|Santa María de San Millao]], no concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Cualedro]]. É coñecido tamén coma Cidá do Castro<ref>[http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=123&crec=19786&cidi=G Ficha do castro en Turgalicia]</ref> ou Cidá de Grou<ref name=guiaconcello>[http://www.cualedro.es/files/Guia-de-Cualedro.pdf Guía do concello de Cualedro]. (Pdf).</ref>.

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2018 ás 13:52

Coordenadas: 41°54′14.41″N 07°36′19.03″O / 41.9040028, -7.6052861

Castro de San Millao
ParroquiaSan Millao
Concello[[Cualedro]]
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA32028026
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSéc. II-IV d.C
Data da descuberta?
Períodos de escavación1953
Estado actualAbandonado
Extensión estimada2,7 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

[[Categoría:Castros de Cualedro sen imaxes]]

O castro de San Millao é un poboado castrexo situado na parroquia de Santa María de San Millao, no concello ourensán de Cualedro. É coñecido tamén coma Cidá do Castro[1] ou Cidá de Grou[2].

Morfoloxía

O Castro de San Millao está sobre un pequeno outeiro a 730 m de altitude, ó pé do río dos Muíños. Está orientado en dirección norte-sur, cun eixo maior na súa dirección leste-oeste. Atópase encaixado no medio de pequenos outeiros, o que dificultaría a visibilidade dos seus habitantes, así como a dos seus posibles atacantes. É de doado acceso se se compara con outros, dado que a zona ten un relevo pouco pronunciado[2]. Canto ao terreo, é pouco fértil na altura dos estratos desa época.

É un castro de tipo chairego, de grandes defensas e de trazos gandeiros. Atópase circundado por un pequeno regato de montaña. Ten certas similitudes en canto a distribución co castro de Elviña: presenta tres barrios superpostos a distinto nivel, todos eles amurallados e independentes os uns dos outros. A súa planta é de forma ovoide.

O sistema defensivo é a particularidade mais salientábel do conxunto.

  • Na cara norte ábrese un grande foxo que chega a acadar unha profundidade de 8 m de alto e ten entre 6 e 12 m de ancho.
  • Nas caras sur e oeste atópase un regato encaixado no substrato do chan que fai de barreira natural inaccesíbel.
  • Na cara este atopamos a área de terreo mais chá, cuberta cunha barreira de pedras fincadas de 70 cm. nunha zona que abarca 130 metros de longo por 30 de ancho.
  • Unha muralla ciclópea de cachotería de granito, que nalgunhas zonas acada mais de metro e medio[3].

Arqueoloxía

Historia

A aparición do castro de San Millao remóntase o século II d.C[2] e a fin da súa ocupación data do século IV d.C[4]. Enmárcase dentro do período de ocupación romana da Gallaecia, mais dentro del non se atopou material arqueolóxico romano ningún[4]. Está situado na zona ocupada polos Bíbalos ou Bebaloi, os cales participaban do Forum Bibalorum, dentro do Conventus Bracarensis, o que antes viría a ser o Oinaikos Growion[5]. Os seus habitantes adicábanse principalmente á gandaría ovina, olería e comercio con outros castros ou aldeas da zona, aproveitando a vía romana que percorría a zona próxima á Xironda[3].

Estudos

Dende mediados ata finais do século XX o sitio arqueolóxico foi estudado en tres períodos, ficando a día de hoxe abandonado. Os primeiros estudos veñen da man de Florentino López Cuevillas e Xesús Taboada Chivite no ano 1953. No ano 1954 López Cuevillas e Taboada Chivite volven ó castro para realizar as primeiras escavacións, así como para analizar a súa estrutura defensiva. Estas escavacións continúanse no ano 1955 co mesmo fin. X. Rodríguez González e Francisco Fariña Busto retoman os traballos desenvolvendo tarefas de limpeza e escavación. Mais tarde publican as memorias científicas nas que recollen os seus estudos[4].

Achados arqueolóxicos

Tanto os traballos de Florentino López Cuevillas e Xesús Taboada Chivite coma os de Rodríguez González e Francisco Fariña Busto deron luz a numerosos achados. Entre os máis importantes atópanse[4]:

  • Fragmentos cerámicos de estampillado SSS pertencentes a unha peza de tamaño medio.
  • Fragmentos cerámicos de bordes.
  • Fragmentos cerámicos de labios.
  • Fondos de pezas cerámicas correspondentes a olas abertas globulares.
  • Fragmentos de remaches e caldeiros de bronce .
  • Fragmentos dun chocallo de ferro.

Notas

  1. Ficha do castro en Turgalicia
  2. 2,0 2,1 2,2 Guía do concello de Cualedro. (Pdf).
  3. 3,0 3,1 Boletín Auriense do 1986.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio.
  5. Atlas histórico da Galiza. Ed. da Galiza. Páx. 21

Véxase tamén

Outros artigos



Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.