Aethelflaed: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
aa
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Æthelflæd_as_depicted_in_the_cartulary_of_Abingdon_Abbey.png|miniatura|Aethelflaed]]
[[Ficheiro:Æthelflæd_as_depicted_in_the_cartulary_of_Abingdon_Abbey.png|miniatura|Aethelflaed]]
'''Aethelflaed de Wessex''' (Æthelflæd), nada en [[869]] e finada en [[918]], foi a filla maior de [[Alfredo o Grande]] e da súa esposa [[Aethelswitha]]. casou con [[Aethelred II de Mercia|Aethelred II de Mercia,]] a cuxa morte, gobernou o reino. A [[Crónica anglosaxoa]] denomínaa ''Señora dos mercios''.
'''Aethelflaed de Wessex''' (Æthelflæd), nada en [[869]] e finada o [[12 de xuño]] de [[918]], foi a filla maior de [[Alfredo o Grande]] e da súa esposa [[Aethelswitha]]. casou con [[Aethelred II de Mercia|Aethelred II de Mercia,]] a cuxa morte, gobernou o reino. A [[Crónica anglosaxoa]] denomínaa ''Señora dos mercios''.


== Mercia e os viquingos ==
== Mercia e os viquingos ==

Revisión como estaba o 12 de agosto de 2017 ás 11:02

Aethelflaed

Aethelflaed de Wessex (Æthelflæd), nada en 869 e finada o 12 de xuño de 918, foi a filla maior de Alfredo o Grande e da súa esposa Aethelswitha. casou con Aethelred II de Mercia, a cuxa morte, gobernou o reino. A Crónica anglosaxoa denomínaa Señora dos mercios.

Mercia e os viquingos

Os viquingos daneses invadiron a maioría dos reinos ingleses durante o século IX. Alfredo o Grande e os seus descendentes reconquistaron os territorios para Wessex a finais do século e comezos do século X.

Como recoñecemento á axuda de Mercia, Alfredo preferiu desposar á súa filla Aethelflaed con Aethelred II, no canto de exercer un dominio directo cunha conquista. Co matrimonio, Aethelred II recibiu o título de ealdorman ou conde de Mercia, ademais dunha certa autonomía.

Dado que o oeste de Mercia nunca estivo baixo control dos daneses, tratábase dunha medida prudente que deu os seus froitos.

Goberno de Mercia

Á morte do seu marido, Aethelflaed gobernou desde 911 até 918, ano en que morreu, construíndo fortificacións e emprendendo expedicións militares. Foi enterrada na igrexa de san Pedro (agora, convento de san Oswald), de Gloucester, cidade que reconstruíra a partir das ruínas romanas.

A herdeira foi a súa filla Aelfwynn, pero debido á correlación de forzas, viuse obrigada a someterse ao seu irmán, o rei Eduardo o Vello de Wessex, cuxos sucesores completaron a unión de Mercia a Wessex, o que resultou ser o principio da Inglaterra unificada.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Paul Hill.The Age of Athelstan.Templus Publising. 2004. ISBN 0-7524-2566-8
  • Crónica anglosaxoa. Editorial M. Swanton. Dent, Londres.1997