Hydrodamalis gigas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Almaffi (conversa | contribucións)
contido II
Liña 53: Liña 53:
| range_map_caption = Mapa do hábitat da especie.
| range_map_caption = Mapa do hábitat da especie.
}}
}}
O '''dugongo de Steller'''<ref name="A chave">{{cita web|apelidos=Varios autores|título=Os nomes galegos dos dugongos|url=http://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_focas_manatis_e_dugongos.pdf|dataacceso=8 de febreiro de 2017}}</ref> ou '''vaca mariña de Steller'''<ref name="A chave" /> (''Hydrodamalis gigas'') é unha [[especie]] extinguida de [[mamífero]] mariño da orde [[Sirenia]] que se [[extinción|extinguiu]] ao final do [[século XVIII]]. Este animal habitaba o [[mar de Bering]], mais o rexistro [[fósil]] indica que sirénios do xénero ''Hydrodamalis'' habitaron outrora zonas máis extensas do [[Océano Pacífico]], chegando á costa da [[California]] e do [[Xapón]]. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán [[Georg Steller]] en [[1741]], nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.
O '''dugongo de Steller'''<ref name="A chave">{{cita web|apelidos=Varios autores|título=Os nomes galegos dos dugongos|url=http://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_focas_manatis_e_dugongos.pdf|dataacceso=8 de febreiro de 2017}}</ref> ou '''vaca mariña de Steller'''<ref name="A chave" /> (''Hydrodamalis gigas'') é unha [[especie]] extinguida de [[mamífero]] mariño da orde [[Sirenia]] que se [[extinción|extinguiu]] ao final do [[século XVIII]]. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán [[Georg Steller]] en [[1741]], nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.


== Características ==
== Características ==
Liña 59: Liña 59:


Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregario e vivía en mandas, próximo a [[estuario]]s e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.
Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregario e vivía en mandas, próximo a [[estuario]]s e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.

== Distribución ==
Este animal habitaba o [[mar de Bering]], concretemante ó redor das [[illas Komandorsky]] e á costa oriental da [[península de Kamchatka]]<ref name="quercus367" />. Mais o rexistro [[fósil]] indica que entre 10.000 e 20.000 anos estos sirénios tamén se estendían polas costas do [[Xapón]] e por todo o [[océano Pacífico|pacífico]] chegando ata á costa da [[California]]<ref name="quercus367" />. Alí vivían as formas primixenias dos xéneros ''Hydrodamalis'' e ''Dusisiren''<ref name="quercus367" />.


== Causa da extinción ==
== Causa da extinción ==

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2017 ás 17:48

Dugongo de Steller
Rango fósil: mioceno inferioractualidade (extinto)

Vaca mariña de Steller (Hydrodamalis gigas)
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia (= Eutheria)
Superorde: Afrotheria
Orde: Sirenia
Familia: Dugongidae
Retzius, 1794
Xénero: Hydrodamalis
Linnaeus, 1758
Mapa do hábitat da especie.
Mapa do hábitat da especie.

Mapa do hábitat da especie.
Sinonimia

O dugongo de Steller[1] ou vaca mariña de Steller[1] (Hydrodamalis gigas) é unha especie extinguida de mamífero mariño da orde Sirenia que se extinguiu ao final do século XVIII. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán Georg Steller en 1741, nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.

Características

Este sirenio era considerábelmente maior que os membros actuais da súa orde, o dugongo e o manatí. A vaca mariña de Steller pertence á familia dos manatís, diferenciándose deles, por carecer de unllas, ter a cola escotada e non redondeada e polas súas setes vértebras cervicais, en lugar das seis habituais[2]. A diferenza dos seus familiares, esta vaca mariña vivía en augas frías, polo que evolucionou cara o xigantismo[2]. Así se tiñan medido exemplares de ata 8 metros de lonxitude e pesando entre 5 a 11 toneladas. Polo que tralas baleas, a vaca mariña de Steller foi o meirande mamífero existente en tempos históricos[2]. O seu corpo era macizo, con cabeza pequena e pescozo indiferenciado. Os ollos eran pequenos, así como as narinas, e non tiña orellas. Os adultos non tiñan dentes. A cauda era en forma de abano e os membros dianteiros modificados como barbatanas tiñan a forma de gancho. Por causa do seu peso e estrutura corporal, o dugongo-de-Steller era un animal bastante lento.

Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregario e vivía en mandas, próximo a estuarios e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.

Distribución

Este animal habitaba o mar de Bering, concretemante ó redor das illas Komandorsky e á costa oriental da península de Kamchatka[2]. Mais o rexistro fósil indica que entre 10.000 e 20.000 anos estos sirénios tamén se estendían polas costas do Xapón e por todo o pacífico chegando ata á costa da California[2]. Alí vivían as formas primixenias dos xéneros Hydrodamalis e Dusisiren[2].

Causa da extinción

A extinción do dugongo-de-steller está claramente asociada á chegada ao mar de Bering de pescadores e colonos occidentais. O animal foi de inmediato identificado como fonte de alimento e cazado pola súa carne, que é descrita como de textura e sabor semellantes ao bisté de vaca. A graxa era aproveitada para cociñar ou para as lámpadas a óleo, e o leite das femias era consumido directamente ou transformado en manteiga. O coiro era usado para fabricación de vestiario. No entanto, a caza excesiva non foi o único motivo de extinción. Xuntamente cos dugongos, os pescadores damnificaron tamén as poboacións de lontras mariñas que se alimentaban, entre outras cousas, de ourizos do mar. Cos seus predadores en declínio, a poboación de ourizos estourou e, como se alimentaban da mesma vegetación mariña, tornáronse competidores do dugongo-de-steller. En 1755 foi emitida unha orde nos portos piscatórios do mar de Bering que prohibía a caza do dugongo-de-steller. Porén nesta altura a especie xa se encontraba en declínio acentuado e un dos últimos animais foi cazado en 1768.

Notas

  1. 1,0 1,1 Varios autores. "Os nomes galegos dos dugongos" (PDF). Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Valledor A. (Setembro 2016). "La vaca marina de Steller: descubrimiento y extinción de un gigante". Quercus 367. 

Véxase tamén

Outros artigos