Anselme Gaëtan Desmarest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Anselme Gaëtan Desmarest
Anselme Gaetan Desmarest 1784-1838.jpg
Nacemento 6 de marzo de 1784
  París
Falecemento 4 de xuño de 1838
  Maisons-Alfort
Soterrado Cemiterio do Père-Lachaise
Nacionalidade Francia
Ocupación zoólogo, médico, ornitólogo, entomologista e carcinologist
Pai Nicolas Desmarest
Fillos Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest
editar datos en Wikidata ]

Anselme Gaëtan Desmarest, nado o 6 de marzo de 1784 en París e finado o 4 de xuño de 1838 en Maisons-Alfort, Val do Marne, Illa de Francia, foi un zoólogo e escritor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do xeólogo Nicolas Desmarest (1725-1815), fixo os seus estudos na École centrale, e despois no Prytanée national militaire (Escola Militar).

Protexido por Lacépède (1756-1825), alumno de Georges Cuvier (1769-1832) e de Alexandre Brongniart (1770-1847), dedicou o seu tempo de lecer á Historia natural.

A partir de 1814 foi profesor de zooloxía na École nationale vétérinaire de Maisons-Alfort.

En 1820 foi elixido membro da Académie nationale de médecine.

Foi o pai do entomólogo Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest (1816-1889).

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Anselme Gaëtan Desmarest fixo numerosas publicacións sobre os fósiles. Así mesmo publicou, entre outras, as seguintes obras:

  • 1805 – Histoire Naturelle des Tangaras, des Manakins et des Todiers
  • 1825 – Considérations générales sur la classe des crustacés
  • 1816-1830 – Dictionnaire des Sciences Naturelles, con André Marie Constant Duméril.

Abreviarura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Dedsmarets emprégase para indicar a Anselme Gaëtan Desmarest como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.