José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
Desfíxose a edición 3955782 de 81.37.33.145 (conversa) Traxectoria é o nome da sección nos artigos de biografías |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] ([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]]<ref>Entrevista en ''[[La Noche]]'', 27-4-1955, p. 6.</ref> e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego. |

== |
== Traxectoria == |
||
Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de [[Negreira]] e do [[pazo do Cotón]]. Licenciado en dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1902, foi xuíz de primeira instancia en [[Vilalba]] ([[1908]]), [[Lalín]] ([[1911]]) e [[Betanzos]] ([[1915]]). Publicou versos en castelán e galego na ''[[Revista Gallega]]''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ArtigosPorAutor.do?autoritasName=Jos%E9&autoritasSurname=Reino%20Caama%F1o&letter=none Poemas de José Reino]</ref> e ''[[El Umia (Cambados)|El Umia]]''. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da [[Deputación da Coruña]] polo distrito de Negreira-Corcubión. En [[1923]] foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas [[Cortes Españolas]] pola fracción demócrata do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]]. |

[[Ficheiro:José Reino Caamaño 1916.jpg|miniatura|125px|José Reino Caamaño, 1916.]] |
[[Ficheiro:José Reino Caamaño 1916.jpg|miniatura|125px|José Reino Caamaño, 1916.]] |
Revisión como estaba o 13 de xuño de 2016 ás 20:26
José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do pazo do Cotón. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[2] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal.
Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933.
Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[3], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[4]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
Notas
- ↑ Entrevista en La Noche, 27-4-1955, p. 6.
- ↑ Poemas de José Reino
- ↑ Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
- ↑ La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)
Véxase tamén
Bibliografía
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.