Andrés Torres Queiruga: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 18: | Liña 18: | ||
==Obra en galego== |
==Obra en galego== |
||
===Ensaio=== |
===Ensaio=== |
||
Estas son as súas principais obras<ref>As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), ''Diccionario da Literatura Galega'', Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da [http://vello.vieiros.com/biografias/biografia.php?txt=bio_queiruga biografía que aparece en Vieiros]</ref>: |
Estas son as súas principais obras<ref>As datas de publicación das obras están recollidas de [[Dolores Vilavedra]] (coord.), ''Diccionario da Literatura Galega'', Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da [http://vello.vieiros.com/biografias/biografia.php?txt=bio_queiruga biografía que aparece en Vieiros]</ref>: |
||
*''Teoloxía e sociedade'', [[1974]], SEPT. |
*''Teoloxía e sociedade'', [[1974]], SEPT. |
||
*''Recupera-la salvación'', [[1977]], SEPT. |
*''Recupera-la salvación'', [[1977]], SEPT. |
Revisión como estaba o 7 de maio de 2015 ás 23:17
Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.
Traxectoria
Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade de Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese sobre Ángel Amor Ruibal, en 1973. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri.
A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde é profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Ao mesmo tempo, é profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.
Membro da Real Academia Galega (1980) e do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.
A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa Católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[1]
Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego [2].
Predecesor: Francisco Fernández Rei |
Vicesecretario da RAG 2013- |
Sucesor: No cargo |
Obra en galego
Ensaio
Estas son as súas principais obras[3]:
- Teoloxía e sociedade, 1974, SEPT.
- Recupera-la salvación, 1977, SEPT.
- Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
- A revelación como maieútica histórica, 1984.
- Rolda de ideas, 1984, SEPT.
- A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987) e ao italiano (1991[4]).
- Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
- Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, 1990, Fundación Barrié.
- O inferno a revisión, 1995, Irimia.
- Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT.
- Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
- Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.
- Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
- Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
- Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
- Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.
Obras colectivas
- A crise actual da conciencia relixiosa, 1972, SEPT
- As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, 1972, SEPT.
- Homenaxe a Castelao, 1976, Universidade de Santiago de Compostela.
- O Novo Testamento, 1980, SEPT. Cotradutor.
- A Biblia, 1989, cotradutor.
- O pensamento galego na historia. Aproximación crítica, 1990, Universidade de Santiago de Compostela.
- Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991.
- Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
- Congreso Vicente Risco, 1995, Xunta de Galicia.
- Actas do Congreso Inrternacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 1996.
- Galicia 2020, 2000, Ir Indo.
- Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Premios
- Premio da Crítica Galicia de ensaio no 1978, por Recupera-la salvación.
- Premio da Crítica Galicia de ensaio no 1986, por A revelación de Deus na realización do home.
- Premio Galego Egrexio no 1994.
- Premio Losada Diéguez no 1997, por Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora.
- Premio Trasalba no 2003.
- Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2010.
Obra en castelán
Ensaio
- Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
- Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
- El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
- La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
- El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
- El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
- Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
- La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
- Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
- Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
- El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
- Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
- Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
- Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
- Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
- Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
- Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.
Obras colectivas
- Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
- Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
- 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.
Notas
- ↑ A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa", artigo de David Lombao para Praza Pública, 31/3/2012.
- ↑ Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga (3.04.2012).
- ↑ As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da biografía que aparece en Vieiros
- ↑ Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial”, El Correo Gallego, 27/9/2010