Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
nao nadaver meu
Etiquetas: caracteres repetidos Edición visual
Dodro (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3464341 de 201.53.159.176 (conversa)
Liña 3: Liña 3:
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".

loa pessoal najdjshdhsughyusghduhwuduwhduhwudhuwhPosteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].

Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. A repartición do antigo [[reino Visigodo]], que se fai entre [[árabes]], [[Siria|sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Maghreb]] máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2015 ás 16:32

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

A Cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e fenicios.

Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. A repartición do antigo reino Visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Maghreb máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o cristianismo faise un trazo diferenciador que dá forzas á reconquista.

Galicia, ao igual ca outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao camiño de Santiago.

Cultural e lingüisticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.

A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.