Igrexa católica maronita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m arranxiño
Liña 15: Liña 15:
|orientación = [[Cristianismo oriental]]
|orientación = [[Cristianismo oriental]]
}}
}}
A '''Igrexa Siríaca Maronita de Antioquía''' (en [[lingua siríaca]]: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ''ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia''; {{lang-ar|الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية}}, ''al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya''; {{lang-la|Ecclesia Maronitarum}}), máis coñecida simplemente como '''Igrexa Católica Maronita''', é unha [[igrexa particular]] [[católica]], en comuñón coa [[Santa Sé]] de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por [[Marón]], un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san [[Xoán Marón]], foi elixido a finais do século VII.
A '''Igrexa Siríaca Maronita de Antioquía''' (en [[lingua siríaca]]: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ''ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia''; {{lang-ar|الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية}}, ''al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya''; {{lang-la|Ecclesia Maronitarum}}), máis coñecida simplemente como '''Igrexa Católica Maronita''', é unha [[igrexa particular]] [[Catolicismo|católica]], en comuñón coa [[Santa Sé]] de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por [[Marón]], un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san [[Xoán Marón]], foi elixido a finais do século VII.


Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etno-relixiosos do Líbano. A diferenza doutras [[igrexas católicas orientais]], dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa [[Santa Sé|Igrexa de Roma]] e co [[Papa]].
Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etno-relixiosos do Líbano. A diferenza doutras [[igrexas católicas orientais]], dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa [[Santa Sé|Igrexa de Roma]] e co [[Papa]].

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2014 ás 07:03

Igrexa Siríaca Maronita de Antioquía
Igrexa Católica Maronita
Historia
Fundaciónséculo IV
Parte deIgrexa Católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
EstruturaDividida en eparquías
AgrupaciónsCongregación para as Igrexas Orientais
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis3.300.000[1]
PaísesSiria, Líbano, Chipre, Estados Unidos, Israel, Australia, Brasil e outros
Linguas litúrxicasLingua siríaca
Outros datos
Sede centralBkirki, Líbano

A Igrexa Siríaca Maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa Católica Maronita, é unha igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII.

Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etno-relixiosos do Líbano. A diferenza doutras igrexas católicas orientais, dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa Igrexa de Roma e co Papa.

Historia

A Igrexa Maronita toma o seu nome do seu fundador, san Marón († 410), un asceta siríaco amigo de Xoán Crisóstomo que a instituiu no século IV. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un mosteiro preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do río Orontes. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao Patriarca de Antioquía.

No século VII a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en Siria. Xoán Marón foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en 676, e máis tarde (en 685) foi elixido Patriarca de Antioquía. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en Bkirki, onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa reliquia para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a sé patriarcal.

A catedral maronita de Alepo.
Estatua do santuario de Nosa Señora do Líbano.

En 685 a Igrexa de Antioquía dividiuse entre os calcedonianos e os non calcedonianos, que se convertiron na maioría. A comunidade maronita elixiu permanecer calcedoniana, e non se recoñeceu máis no patriarca Teófanes. Iniciou un período de autonomía, e os mosteiros tornáronse bispados.

Na época das Cruzadas a Igrexa Maronita retomou relacións coa Igrexa Latina, da que nunca se separara formalmente. A unión foi selada algúns séculos máis tarde, en 1584, coa fundación, durante o pontificado de Gregorio XIII, do Colexio maronita de Roma.

Os maronitas foron protexidos por Francia, durante o dominio otomán de Oriente Medio.

Até o século XVIII a Igrexa Maronita estaba só formalmente dividida en eparquías: en realidade, todos os bispos eran considerados como auxiliares do patriarca, o único e verdadeiro guía dos maronitas. En varias ocasións Propaganda Fide interveu para pedir a subdivisión canónica do patriarcado, pero os seus decretos non chegaron a ter efecto. O sínodo do Monte Líbano de 1736 instituiu canonicamente 8 eparquías, ademáis da sñe patriarcal, definindo para cada unha a súa xurisdición territorial: Alepo, Beirut, Biblos e Batrun, Chipre, Damasco, Baalbik, Trípoli e Tiro-Sidón. A Santa Sé aprobou as decisións do sínodo coa bula Apostólica praedecessorum do papa Bieito XIV do 14 de febreiro de 1742. Esta división permaneceu sen variacións até o inicio do século XX, cando foi creada a vigairía patriarcal de Exipto (1904), e foron separadas as de Tiro e Sidón (1906).

Cando o Líbano obtivo a independencia en 1943, os poderes do novo estado foron divididos entre as principais comunidades relixiosas. Os maronitas, que constituían a maioría da poboación, recibiron a Presidencia da República, cargo que continúan a manter hoxe.

Organización

A Peshitta é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de Éxodo 13:14-16, do ano 464.

A cabeza da Igrexa Maronita é o Patriarca de Antioquía dos Maronitas, quen é elixido polos bispos maronitas e reside en Bkirki, ao norte de Beirut. Dende marzo de 2011 o patriarca é o cardeal Bixara Pedro al-Rahi. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do Papa, mantendo deste xeito a comuñón coa Santa Sé. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.

Os maronitas comparten co resto de católicos a doutrina, mais teñen as súas propias tradicións en canto á liturxia, teoloxía e espiritualidade; amais de manter unha disciplina e xerarquía diferenciadas das do resto de Igrexas particulares. A Igrexa Maronota pertence á tradición antioquense e é de rito siro-antioquense occidental. A lingua siríaca é a súa lingua litúrxica propia. Porén, considéranse unha das igrexas católicas orientais máis fortemente latinizadas, aínda que hai esforzos na recuperación de prácticas orientais.

O cardeal Sfeir acelerou persoanlmente as reformas litúrxicas nos oitenta e noventa, que levaron á publicación en 1992 do novo misal maronita. O misal é unha viraxe ás formas orixinais da liturxia antioquense, eliminando a latinización litúrxica dos séculos pasados.

O celibato non está estritamente requirido para os sacerdotes e diáconos, puidendo casar antes de seren ordenados; os monxes, porén, deben ser célibes, así como os bispos. Os eparcas e arquieparcas responden ante o patriarca.

Poboación

Artigo principal: Maronitas.

O número exacto de maronitas no mundo non se coñece con certeza. Estímanse máis de 3 millóns, segundo a Asociación Católica para o Benestar no Oriente Próximo.

Segundo un informe de 2007, hai arredor de are 930.000 maronitas no Líbano, onde constitúen aproximadamente o 22% da poboación.[2] En Siria son un total de 51.000.[3] Existe tamén unha comunidade maronita en Chipre, de arredor de 10.000 fieis,[3] e que fala o seu propio dialecto árabe.[4][5] Finalmente, hai unha salientable comunidade no norte de Israel, na rexión de Galilea, de 7.504 persoas,[3] famosa polos seus intentos de conservación da lingua aramea.

Notas

  1. The Eastern Catholic Churches 2010, Ronald Roberson (fonte: Annuario Pontificio), 22 de agosto de 2010, Catholic Near East Welfare Association. (en inglés)
  2. U.S. Department of State, ed. (2008). "Lebanon - International Religious Freedom Report". 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Datos do Annuario Pontificio: The Eastern Catholic Churches" (PDF). 2008. 
  4. Maria Tsiapera (1969). Mouton and Company, ed. A Descriptive Analysis of Cypriot Maronite Arabic. A Haia. 
  5. Ministerio do Interior de Chipre (ed.). "[[Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias|European Charter for Regional or Minority Languages]]: Answers to the Comments/Questions Submitted to the Government of Cyprus Regarding its Initial Periodical Report" (PDF).  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA