Mar Negro: Diferenzas entre revisións
imaxe |
creación apartado historia |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
=== Teoría da inundación ou o diluvio === |
=== Teoría da inundación ou o diluvio === |
||
En [[1997]] William Ryan e Walter Pitman, da [[Universidade de Columbia]], publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao [[-5600|5.600 a.C]] o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares. |
En [[1997]] William Ryan e Walter Pitman, da [[Universidade de Columbia]], publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao [[-5600|5.600 a.C]] o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares. |
||
== Historia == |
|||
Dende a antiguidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do [[Imperio Otomán]], que controlaba a entrada ao mesmo, e o [[Imperio Ruso]]. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vias de entrada do [[gas natural]] [[Rusia|ruso]] en [[Europa]]. |
|||
* [[Guerra de Crimea]] ([[1854]]-[[1856]]). Contenda entre o [[Imperio Ruso]] e o [[Imperio Otomán]], a quen apoiaban as potencias [[Europa|europeas]] [[Francia]] e [[Reino Unido]]. A contenda centrabase sobre rivalidades relixiosas entre [[Cristianismo ortodoxo|ortodoxos]] e [[Catolicismo|católicos]], e o dominio de [[Moldavia]] e [[Valaquia]] pero focalizouse principalmente na península de [[Crimea]]. |
|||
== Etimoloxía == |
== Etimoloxía == |
||
Liña 101: | Liña 106: | ||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Guerra de Crimea]] |
* [[Guerra de Crimea]] |
||
* [[Gas Natural]] |
|||
* [[Flota rusa do Mar Negro]] |
|||
[[Categoría:Mares e océanos|Negro, Mar]] |
[[Categoría:Mares e océanos|Negro, Mar]] |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2014 ás 15:16
O Mar Negro é un mar interior entre o sueste de Europa e Asia Menor. Conéctase co Mar Mediterráneo polo Bósforo e o Mar de Mármara, e ao Mar de Azov polo estreito de Kerch.
Características
Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.
Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.
Formación
Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno
O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.
Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, esto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estructuras constuídas polo home a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destos moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.
Tendo en conta estos feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independiente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurriu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce rebasaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e se descargaba no Mar Mediterráneo.
Teoría da inundación ou o diluvio
En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.
Historia
Dende a antiguidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vias de entrada do gas natural ruso en Europa.
- Guerra de Crimea (1854-1856). Contenda entre o Imperio Ruso e o Imperio Otomán, a quen apoiaban as potencias europeas Francia e Reino Unido. A contenda centrabase sobre rivalidades relixiosas entre ortodoxos e católicos, e o dominio de Moldavia e Valaquia pero focalizouse principalmente na península de Crimea.
Etimoloxía
O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).
Fauna
O Mar Negro conta con especies animais características como son:
- O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi extendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
- A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.
- O neogobius melanostomus: Tamén é orixinaria do Mar Negro e Caspio e tamén é unha perigosa especie invasora, como por exemplo nos Grandes Lagos de América do Norte.
Poboación
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Yalta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebizonda, Samsun e Zonguldak.
Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro. | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pos. | Cidade | País | Rexión | Poboación urbana | ||||||
1 | Estambul | Turquía | Estambul | 13.624.240[1] | ||||||
2 | Odesa | Ucraína | Odesa | 1.003.705 | ||||||
3 | Samsun | Turquía | Samsun | 535.401[2] | ||||||
4 | Sebastopol | Ucraína | Crimea | 379,200 | ||||||
5 | Sochi | Rusia | Krasnodar Krai | 343,334 | ||||||
6 | Varna | Bulgaria | Varna | 334,870 | ||||||
7 | Trebizonda | Turquía | Trebizonda | 305,231[3] | ||||||
8 | Constanţa | Romanía | Constanța | 283,872[4] | ||||||
9 | Novorosíisk | Rusia | Krasnodar Krai | 241,952 | ||||||
10 | Burgas | Bulgaria | Burgas | 223,902[5] |
Notas
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Negro |