Club Regatas Perillo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2980172 |
|||
Liña 20: | Liña 20: | ||
[[Categoría:Clubs de remo de Galicia|Perillo]] |
[[Categoría:Clubs de remo de Galicia|Perillo]] |
||
[[es:Club de Regatas Perillo]] |
|||
[[eu:Club de Regatas Perillo]] |
|||
[[fr:Club de régates Perillo]] |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2013 ás 17:05
O Club Regatas Perillo é un club galego de remo de Perillo, no concello de Oleiros (A Coruña). O club foi fundado en 1970 e actualmente compite na Liga Noroeste de Traíñas.
Historia
O Club Regatas Perillo nace en Outubro co ánimo de promover e desenvolver o deporte do remo na localidade oleirense. O entusiasmo posto por aquelas persoas que promoveron a creación do club fixo que se desenvolveran un bo número de actividades dentro desta sociedade ademais do remo, tales coma a pesca, halterofilia, tenis de mesa, windsurf, etc.
Momento no que se recibe a primeira traíña
Son tres décadas dende aquela ben diferenciadas; nos anos '70 unha grande actividade social móvese en Perillo arredor deste club, dando os seus primeiros pasos na participación en Campionatos de España de Traíñas e bateles e o título galego nas dúas modalidades en diferentes anos; os anos '80 destacan pola introdución ao Banco Móvil e a participación nos primeiros Campionatos Estatais; é na década dos '90 cando comezan os títulos e medallas, así coma o recoñecemento deste club a nivel estatal, chegando a ser recibidos os seus remeiros polo daquela Presidente da Xunta (Manuel Fraga Iribarne) en 1998. Tamén nesta década comeza a participación das primeiras tripulacións femininas, que pronto recollen bos resultados.
Palmarés
- Campión de España: 1996, 1997 e 1998.
- Bandeira Teresa Herrera de 2005
Véxase tamén
Ligazóns externas