Scorpius: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado: scn:Scurpiuni (custiddazzioni) |
m r2.7.3) (Bot: Cambio ka:ღრიანკალი (თანავარსკვლავედი) por ka:ღრიანკალის თანავარსკვლავედი |
||
Liña 124: | Liña 124: | ||
[[it:Scorpione (costellazione)]] |
[[it:Scorpione (costellazione)]] |
||
[[ja:さそり座]] |
[[ja:さそり座]] |
||
[[ka: |
[[ka:ღრიანკალის თანავარსკვლავედი]] |
||
[[kk:Сарышаян (шоқжұлдыз)]] |
[[kk:Сарышаян (шоқжұлдыз)]] |
||
[[ko:전갈자리]] |
[[ko:전갈자리]] |
Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2013 ás 19:26
Scorpius | |
---|---|
Nome latino | Scorpius |
Abreviatura | Sco |
Xenitivo | Scorpii |
Simboloxía | O Escorpión |
Ascensión recta | 17 h |
Declinación | −40° |
Área | 497 graos cadrados
Rango 33ª |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
15 |
Estrela máis brillante | Antares (α Sco)
(magnitude ap. 0.96) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +40° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo | |
Scorpius (o escorpión, símbolo , Unicode ♏) tamén chamada Scorpio ou Escorpio, é unha das 88 constelacións. Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe en día se coñece coma Libra (que non existía, crese que foron os romanos os que a inseriron antes que ningunha outra civilización). As estrelas que hoxe en día se coñecen coma alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual:
- Alfa librae: Zuben Elgenubi (garra do sur)
- Beta librae: Zuben Elschemali (garra do norte)
Representado deste xeito, o escorpión colgaba apracible e equilibradamente sobre a eclíptica.
Estrelas principais
- α Sco, coñecida coma Antares. Tratase de una superxigante vermella de magnitude 0,96 e de clase M1 Iab, cun radio que é de 624 millóns de kms, uns 700 radios solares. Esta estrela debe o seu nome a cor vermella que na antigüidade foi asociada mitoloxicamente con Marte (Ares), críase, pola súa semellanza con este, que ambos eran rivais, polo que se lle deu o nome de O rival de Ares: Anti-Ares ou Antares.
- β Sco, coñecida coma Acrab, en realidade é un sistema quíntuplo de estrelas.
- δ Sco, coñecida coma Dschubba, despois de longo tempo estable en magnitude 2.3, a estrela inflamouse en xullo do 2000 ata unha magnitude de 1.9 en cuestión de poucas semanas. Dende entón tornouse coma estrela variable flutuando entre magnitudes 2,0 e 1,6.[1] Esto significa que a día de hoxe é a segunda estrela máis brillante de constelación.
- ε Sco, chamada tamén Wei, de magnitude 2.29, dista 65 anos luz da Terra, Wei é unha estrela xigante laranxa de tipo espectral K1 III cunha luminosidade (incluída a radiación emitida no infravermello) 72 veces maior ca do Sol. Cun radio entre 13 e 15 veces maior co radio solar.
- ζ1 Scorpii (ζ1 Sco / HD 152236 / HR 6262) de magnitude aparente 4,77 e tipo espectral B1Iape. Atopase separada 7 minutos de arco de ζ2 Scorpii, coa que non está fisicamente relacionada.
- θ Sco, coñecida coma Sargas, xigante luminosa branco-amarela de tipo espectral F1 II, cunha magnitude aparente é 1.86, atopase a 270 anos luz da Terra.
- λ Sco, chamada tamén coma Shaula, estrela múltiple con tres compoñentes visibles: Lambda Scorpii A, de magnitude aparente 1.62, Lambda Scorpii B a unha distancia de 42 segundos de arco, e Lambda Scorpii C, a una distancia de 95 segundos de arco de A. Descoñecese se as compoñentes B e C están fisicamente asociadas a A. Lamba Scorpii A é, a súa vez, un sistema estelar triplo.
- κ Sco, coñecida coma Girtab, estrela xigante de tipo espectral B1.5 III e con magnitude aparente 2,39. Situada a uns 460 anos luz da Terra.
- ξ Sco, coñecida coma Grafías. De magnitude visual 4.32, está a 92.5 anos luz.
- ν Sco, coñecida coma Jabbah. De magnitude visual 6.50, está a uns 437 anos luz.
- σ Sco, coñecida coma Al Niyat, de magnitude aparente 2,90, esta estrela forma un sistema estelar cuádruplo.
- τ Scorpii,de magnitude aparente 2,82.
- υ Sco, coñecida coma Lesath, é de magnitude visual 2,64 e dista a uns 519 anos luz.
- 18 Scorpii, estrela cunhas características semellantes ó Sol, é unha estrela anana amarela. Está situada no extremo norte da mesma, preto do límite con Ophiuchus, ó noroeste da estrela Zeta Ophiuchi. Ten magnitude aparente 5,50 e atopase a 45,7 anos luz da Terra.
- Gliese 682, anana vermella situada a pouco máis de 1º da brillante estrela Sargas (θ Scorpii). De magnitude aparente 10.96, non é visible a simple vista. Atopase a 16,34 anos luz de distancia do Sistema Solar, sendo a estrela máis próxima da constelación do Escorpión.
A estrela nun tempo designada coma γ Sco (que está dentro das fronteiras de Libra) é hoxe en día coñecida coma σ Lib. Hai que ter en conta que en tempos da Grecia clásica, a constelación de Libra estaba totalmente dentro de Scorpius (de feito Libra viña sendo o par de pinzas de Scorpius).
λ Sco e υ Sco, as dúas estrelas ó final da cola do escorpión que aparecen moi pechadas entre si, son chamadas moitas veces Ollos de Gato.
Obxectos notables do espazo profundo
- M4, (NGC 6121).
- M6, coñecido coma "Cúmulo da Bolboreta".
- M7, chamado tamén "Cúmulo de Ptolomeo".
- M80.
- NGC 6302 (Nebulosa do Insecto), unha das nebulosas planetarias máis complexas que se coñecen, cunha estrela central que ten unha temperatura superior ós 200.000 K.
- Nebulosa Algodón de Azucre (IRAS 17150-3224), protonebulosa planetaria.
- NGC 6231, cúmulo estelar aberto.
Entre os obxectos do 'espazo profundo' que conten Scorpius destacan os cúmulos globulares M4 e M80: só o primeiro deles é visible con prismáticos. Fotograficamente pode observarse unha complexa rede de 'nubes estelares' ó redor de Antares que se estende ata ρ Ophiuchi.
Mitoloxía
A orixe da constelación atopase na lenda de Orión. Segundo unha das versións, Orión o cazador sacouse os ollos nun arrebato de celos, e mentres vagaba cego polo mundo pisou un escorpión que lle trabou co seu aguillón, provocándolle a morte. Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión ós ceos colocándoos en extremos opostos da bóveda celeste, de xeito que cando Escorpio sae polo horizonte, Orión ocultase fuxindo do animal que lle causara a morte.
Una versión máis ampla suxire que Orion tentou violar a Artemis (a Lua), posto que esta atopábase cazando no medio do bosque cando foi vista polo xigante Orion e Artemis no seu afán de defenderse reclamou a axuda dun escorpión, este picou ó xigante mortalmente e liberouna, razón pola cal Artemis, a deusa, colocouno no firmamento.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, London. ISBN 978-0007251209. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0691135564.
Outros artigos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scorpius |