Diferenzas entre revisións de «Aaron North»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
baterista>batería
m (recat.)
(baterista>batería)
 
=== Nine Inch Nails ===
Despois dunha exitosa audición, North uníuse a [[Nine Inch Nails]] no ano [[2005]] como guitarrista de xira, nunha formación que tamén contaba co bateristabatería [[Jerome Dillon]], o baixista [[Jeordie White]] e o teclista [[Alessandro Cortini]]. Ten afirmado que a invitación á audión foi debido a unha recomendación que lle fixo o produtor [[Alan Moulder]] a [[Trent Reznor]], xa que Moulder traballara tanto con The Icarus Line como con [[Nine Inch Nails]].
 
North estivo co grupo nas xiras ''Live: With_Teeth'' (promocionando o seu álbum de [[2005]] ''[[With Teeth]]'') e ''Performance: 2007'' (que promocionou ''[[Year Zero]]'', editado no [[2007]]). No ano [[2005]], mentres estaba tocando con [[Nine Inch Nails]], North actuou como guitarrista convidado con [[Queens of the Stone Age]] en varios acústicos en tendas e en dous concertos "normais" en [[Los Angeles]]. En xullo do [[2006]], North foi demandado (xunto con [[Nine Inch Nails]]) polo garda de seguridade de Wisconsin Mark LaVoie. O garda afirmaba que fora agredido "intencinadamente e con violencia" no concerto que realizara o grupo no Alliant Energy Center o [[13 de outubro]] de [[2005]]. A demanda resolveuse cun acordo extraxudicial polo que LaVoie recibiría unha sustancial cantidade de cartos.
 
=== Jubilee ===
North formou Jubilee a finais do ano [[2007]] co seu antigo compañeiro de The Icarus Line Troy Petrey, e co baixista [[Michael Shuman]] ([[Queens of the Stone Age]], Wires On Fire). A banda comezou unha breve xira polo [[Reino Unido]] en xaneiro do [[2008]] con membros de Wires On Fire como parte da formación. O grupo regresou ao [[Reino Unido]] a finais dese ano para completar unha xira máis extensa. Jubilee leva editados só dous sinxelos, "Rebel Hiss" e "In With The Out Crowd". O seu álbum de estrea aínda non editado, os sinxelos, caras-b e cancións extra incluén interpretación dunha grande cantidade de bateristasbaterías, entre os que están [[Dave Grohl]], Julian Gross, Nick Jago, [[Joey Castillo]], Carla Azar, [[Josh Freese]], Loren Humphrey, Kevin Haskins, [[Taylor Hawkins]] e [[Josh Homme]]. Outras colaboracións para o álbum inclúen a [[Trent Reznor]] e a [[Maynard James Keenan]]. A finais do [[2008]], a banda tivo outro cambio de formación, marchandose [[Michael Shuman]]. O seu álbum de estrea supostamente está rematado dende finais do [[2008]], pero está sendo retrasado ata conseguir unha formación estable que se encargue da súa xira de promoción.
 
En xullo do [[2009]] revelouse que [[Tony Bevilacqua]] ([[Spinnerette]], [[The Distillers]], The Drips, Darker My Love) era o novo guitarrista do grupo, e que Jenni Tarma (Eskimohunter, Har Mar Superstar, [[Kylie Minogue]]) o novo baixista. A banda anunciou que enviarían un EP chamado ''After the Crash'' a aqueles que se suscribiran ao seu servizo Topspin.
100.015

edicións

Menú de navegación