Saltar ao contido

Spinnerette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spinnerette
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
2007 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2007 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF134102439 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000091628506 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027qr3g Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: nm3586956 Facebook: spinnerette Twitter: spinnerette MySpace: spinnerettemusic Spotify: 5wMFz1uBHGht8wuLM5cmvB Last fm: Spinnerette Musicbrainz: 009a44cd-e5b7-4b0f-beee-64391f8e93fd Songkick: 2349191 Discogs: 1492349 Allmusic: mn0002181666 Genius: Spinnerette Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Spinnerette foi un proxecto en solitario de rock alternativo e indie rock da artista australiana Brody Dalle. Dalle formou estre proxecto tras a disolución da súa banda The Distillers en 2006. Para este proxecto ten colaborado con Tony Bevilacqua (tamñen en The Distillers), Jack Irons (What Is This?, Red Hot Chili Peppers, Walk The Moon, Eleven e Pearl Jam) e Alain Johannes (What Is This?, Walk The Moon, Eleven, Queens of the Stone Age e Them Crooked Vultures). Dalle anunciou a aparición da banda no mes de marzo de 2007 e deixou de usar o alcume de Spinnerette en 2010, continuando a súa carreira en solitario co seu propio nome.

Spinnerette ficchou por Sire Records antes de que Dalle negociase a rescisión do contrato discográfico dicindo que non quería traballar "para xente á que lle importa unha merda a arte".[1] Inicialmente lanzou unha maqueta na súa páxina web chamada "Case of the Swirls".

O 8 de agosto de 2008 anunciouse no MySpace do grupo que os fans xa podían escoitar a primeira canción do próximo álbum a través do sitio web oficial. A canción chamábase "Valium Knights".[2] O 18 dese mesmo mes, Brody interpretou unha versión en directo de "Driving Song" con Queens of the Stone Age como banda de acompañamento para o concerto benéfico de Natasha Shneider.[3]

No mes de outobro de 2008 Dalle realizou varios concertos cunha banda de apoio formada por Tony Bevilacqua, Nicole Fiorentino (Veruca Salt), Bryan Tulao e Dave Hidalgo Jr (Suicidal Tendencies).[4]

Dalle declarou nunha entrevista que habería unha formación diferente cando fixese unha xira para un álbum. "Spinnerette non é unha banda, son eu e os músicos cos que queira traballar nese momento". Máis tarde aclarou que se refería á banda de xira e non aos músicos de estudio.[5]

Spinnerette lanzou un EP dixital, Ghetto Love, a través do seu sitio web oficial o 11 de decembro de 2008. O álbum de estrea da banda, Spinnerette, foi lanzado o 23 de xuño de 2009 a través de Anthem/Hassle Records.

O 27 de maio de 2009, publicouse o seguinte na páxina web da banda: "Estamos moi emocionados de anunciar que este ano formaremos parte do cartel dos festivais de Leeds e Reading. Spinnerette tocará o 28 de agosto en Leeds e o 29 de agosto en Reading, o mesmo día que os nosos amigos Arctic Monkeys e Eagles of Death Metal". Durante ese ano o grupo estivo de xira con bandas como Little Fish, Band of Skulls e Fun Loving Criminals, entre outras.[6]

En 2010, a banda gañou o premio ao Mellor Álbum Pop/Rock nos Premios de Música Independente polo seu álbum Spinnerette.[7]

Dalle deixou de usar o alcume de Spinnerette en 2010; en 2012, Dalle publicou na súa conta de Twitter que estaba gravando no estudio e que estaba traballando con Shirley Manson de Garbage en polo menos unha canción.[8] Dalle lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Diploid Love, en 2014.[9]

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSeloObservacións
Ghetto Love2008Anthem RecordsEP
Spinnerette2009Anthem Records
  1. Martin, Dan (2008-11-14). "Brody Dalle dumps major-label deal". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-02-15.
  2. White, Adam (2008-08-10). "Spinnerette part ways with Sire, offer up song "Valium Knights"". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2026-02-15.
  3. "Queens of the Stone Age Setlist at Natasha Shneider Benefit Show 2008". setlist.fm (en inglés). Consultado o 2026-02-15.
  4. "Brody Dalle's new band debut tracks at Club NME LA". NME (en inglés). 2008-10-30. Consultado o 2026-02-15.
  5. "Teletext Planet Sound Interviews/Features". www.teletext.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 2026-02-15.
  6. "Spinnerette tours, tickets, shows". Last.fm (en inglés). Consultado o 2026-02-15.
  7. "9th IMA Winners Announced". aprescriptionformankind.jigsy.com. Consultado o 2026-02-15.
  8. "SHIRLEY MANSON dat's who". Twitter. Consultado o 15 de febreiro de 2026.
  9. "Brody Dalle talks Drugs, Dolly Parton and Diploid Love". DrownedInSound (en inglés). Consultado o 2026-02-15.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]