Michael Shuman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Shuman
Michael Shuman.jpg
Alias Mikey Shoes
Nacemento 20 de agosto de 1985 (32 anos)
Orixe Os Ánxeles (California) Flag of the United States.svg
Xénero rock alternativo
Instrumento(s) baixo, voz, guitarra
Relacionado con Queens of the Stone Age, Wires On Fire, Jubilee, Mini Mansions
Tempo en activo 2004 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Michael Shuman, coñecido ás veces como Mikey Shoes, e nado o 20 de agosto de 1985 nos Ánxeles, é un músico estadounidense, coñecido por ser o actual baixista da banda Queens of the Stone Age. Tamén tocou o baixo na banda Jubilee, da que foi co-fundador e co-líder, e tamén está relacionado cos grupos Wires Of Fire e Mini Mansions.

Biografía[editar | editar a fonte]

Shuman graduouse na Loyola Marymount University dos Ánxeles, e previamente fora a tres distintos centros de ensino: o Campbell Hall High School de North Hollywood, o Portola Middle School en Tarzana e o Lanai Road Elementary School en Encino. Shuman co-fundou, co-liderou e tocou o baixo en Jubilee ata finais do ano 2008, e é o baixista na banda Wires On Fire, ambalasdúas cun contrato con Buddyhead Records. Shuman uníuse a Queens of the Stone Age no ano 2007, despois da edición do álbum Era Vulgaris como substituto de Alain Johannes, que preferíu centrase noutros proxectos musicais.