Erwin Bauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Erwin Bauer
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Anos en activo 1953
Escudería(s) Veritas non oficial
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1953
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1953

Erwin Bauer nado en Stuttgart o 17 de xullo de 1912 e finado en Colonia o 3 de xuño de 1958 foi un piloto de carreiras alemá de Fórmula 1 que correu con Veritas privado no seu único Gran Premio no campionato do mundo.

Andaina nas carreiras[editar | editar a fonte]

En abril de 1953, Bauer co-pilotou un Porsche 356 Super 1500 con Hans Herrmann na Mille Miglia. Terminaron a carreira na 30ª posición.

Bauer fíxose famoso por competir cun Lotus nun incomparable cuarto lugar nos 1000 quilometros de Nürburgring de 1954 e polo tanto, proporcionando a Lotus un dos seus primeiros éxitos. A súa única carreira no Campionato do Mundo de Fórmula Un foi no Gran Premio de Alemaña de 1953 en Nürburgring. De trinta e catro participantes, Bauer clasificouse 33º, só por diante do Veritas do seu compañeiro Oswald Karch. Retirouse na segunda volta, que foi máis do que fixeron Hans Stuck e Ernst Loof, logo de que rompera o seu motor. Saltara ata o 28º lugar, pasando por diante dos dous coches retirados máis Rudolf Krause e Maurice Trintignant.

Morte[editar | editar a fonte]

Cinco anos máis tarde, novamente no Nürburgring, morreu nun Ferrari de 2 litros onde, sen decatarse de que pasara a bandeira de cadros, seguiu correndo e estrelouse fatalmente no que se supoñía que era a súa volta de desaceleración.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1953 Erwin Bauer Veritas RS Veritas 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE
Ret
SUI ITA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]