Hans Stuck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hans Stuck
Bundesarchiv Bild 102-08188, Hans von Stuck.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade ALE
Anos en activo 19511953
Escudería(s) BRM, AFM, privado Ferrari
Grandes Premios disputados 5 (3 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1951
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1953
Este artigo trata sobre o pai; para o fillo, véxase Hans-Joachim Stuck."

Hans Stuck (ás veces chamado Hans Stuck von Villiez, apelido pronunciado shtook), nado o 27 de decembro de 1900, en Varsovia e finado o 9 de febreiro de 1978, en Grainau, foi un piloto de Alemaña. O seu fillo Hans-Joachim Stuck (nado en 1951) e os seus netos Johannes e Ferdinand Stuck convertéronse en pilotos de carreiras.

Malia moitos éxitos nas carreiras de Gran Prix para a Auto Union a principios dos anos 1930, durante a era dos famosos "Frechas prateadas", agora é coñecido principalmente polo seu dominio nas subidas de montaña, que lle valeu o apelido de "Bergkönig" ou "Rei das montañas".

Carreira antes da Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

A experiencia de Stuck nas carreiras de automóbiles comezou en 1922 nas madrugadas, levando leite da súa granxa a Múnich, pouco despois do seu primeiro matrimonio. Isto acabou levandoo a competir nas subidas de montaña, gañou a súa primeira carreira, en Baden-Baden, en 1923. Poucos anos despois, despois dun ano como privado para Austro-Daimler, converteuse nun piloto oficial para eles en 1927, foille ben nas subidas e fixo a súa primeira aparición nunha carreira en circuíto no Gran Premio de Alemaña ese mesmo ano. En 1931, Austro-Daimler deixou as carreiras e Stuck acabou conducindo un Mercedes-Benz SSKL en carreiras deportivas, onde continuou sobresaíndo.

En 1933, a súa relación con Adolf Hitler (a quen coñeceu por casualidade nunha viaxe de caza en 1925) levouno a involucrarse con Ferdinand Porsche e Auto Union nos plans de Hitler para o automobilismo alemán. Coa súa experiencia nas carreiras de montaña nos Alpes na década de 1920, foi practicamente imbatible cando recibíu o novo coche de carreiras Auto Union, deseñado por Porsche. O seu motor montado na parte traseira proporcionou unha tracción superior en comparación cos proxectos de motores frontais convencionais, de xeito que o seu (eventualmente) +500 cabalos podería transformarse en velocidade pura mesmo en estradas non pavimentadas. No circuíto de carreiras, o novo coche era moi difícil de dominar, porén, debido ao deseño da suspensión traseira adoptado inicialmente por Porsche (relativamente avanzado no seu día, e agora completamente obsoleto).

A súa carreira con Auto Union tivo bastante éxito. En 1934 gañou as carreiras alemá, o Suíza e checoslovaca (así como o segundo posto no Gran Premio de Italia e Eifelrennen). Non houbo campionato de Europa de automobilismo para as carreiras de circuíto dese ano, ou o gañaría. Gañou unha serie de carreiras en subidas que lle deron o Campionato Europeo de Montaña, o primeiro dos tres que lograría.

En 1935, gañou o Gran Premio de Italia (xunto co posto segundo no Gran Premio de Alemaña, tamén gañou a súa habitual colección de vitorias en subidas de outeiros, logrando de novo o Campionato Europeo de Montaña. 1936 foi peor, quedou segundo en Trípoli e nos Grandes Premios de Alemaña, terminando segundo na competición do Campionato de Europa. Despois de que Stuck se perdese unha serie de subidas debido a accidentes, aquel ano o Campionato Europeo de Montaña caeu do lado do seu famoso compañeiro de equipo Bernd Rosemeyer, 1937, foi igualmente pobre e só conseguiu dous segundos postos no Gran Premio de Río de Xaneiro e Gran Premio de Bélxica.

1938 comezou mal, Stuck foi despedido ou abandonou o equipo de Auto Union (as versións dos dous lados difiren). Logo dunha serie de lesións doutros pilotos do equipo, así como da presión do goberno alemá (unha vez máis, as versións diferéncianse de que combinación de factores foi a causa), foi contratado de novo e gañou un terceiro Campionato Europeo de Montaña, o seu último gran éxito antes da guerra.

Carreira de posguerra[editar | editar a fonte]

Despois da guerra, aínda que os alemáns tiveron prohibido correr ata 1950, Stuck obtivo a cidadanía austríaca e inmediatamente continuou correndo. Un vínculo con Alex von Falkenhausen levou a Stuck a pilotar para o seu equipo nas carreiras de Fórmula 2, aínda que con pouco éxito.

En 1953 pilotou un Porsche Spyder, sen éxito. Un contrato con BMW, a partir de 1957, foi máis fructífero, aínda que as súas primeiras subidas para eles (nun Tipo 507) non o foron. O cambio ao diminuto BMW 700 RS funcionou, e nos anos 60 converteuse no campión de subidas alemán por última vez. Decidiu retirarse cunha nota elevada e pechou a súa carreira profesional.

Como instrutor do circuíto de Nürburgring, ensinou ao seu fillo Hans-Joachim os segredos deste circuíto.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Stuck naceu en Varsovia en 1900. Aínda que os seus pais eran de ascendencia suíza, mudáronse a Alemaña cando Stuck naceu, e creceu alí.

Foi chamado para o servizo militar na Primeira Guerra Mundial en 1917. En 1918, o seu irmán maior, Walter, foi asasinado, xunto co comandante de Walter, como resultado, Stuck coñeceu á irmá do comandante, Ellen Hahndorff, e casáronse en 1922. Despois de varios anos, a implicación de Stuck nas carreiras, tanto dentro como fóra delas fixo que se separaran e divorciaran.

En 1931, coñeceu a Paula von Reznicek, unha famosa xogadora de tenis, casáronse en 1932. O feito de ter un avó xudeu provocou que Stuck tivese algúns problemas co ascenso dos nazis, pero a súa relación persoal con Hitler salvouno de serios problemas.

En 1939, coñeceu a Christa Thielmann, naquel momento comprometida co irmán máis novo de Paula. Stuck e Paula se divorciaron en 1948 e casouse con Christa ese ano. O seu fillo, Hans-Joachim, naceu en 1951. Christa morreu en 2014, aos 93 anos.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados completos do Campionato de Europa[editar | editar a fonte]

(clave) (As carreiras en negra indican pole position) (As carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Participante Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Pts
1932 Wilhelm Merck Mercedes-Benz SSKL Mercedes-Benz 7.1 L6 ITA FRA GER
NTS
[1]
1935 Auto Union AG Auto Union B Auto Union 5.6 V16 MON FRA
Ret
BEL 36
Auto Union 5.0 V16 ALE
2
SUI
11
ITA
1
ESP
Ret
1936 Auto Union AG Auto Union C Auto Union 6.0 V16 MON
3
ALE
2
SUI
3
ITA
Ret
15
1937 Auto Union AG Auto Union C Auto Union 6.0 V16 BEL
2
ALE
Ret
MON
4
SUI
4
ITA
9
20
1938 Auto Union AG Auto Union D Auto Union 3.0 V12 FRA ALE
3
SUI
4
ITA
Ret
20
1939 Auto Union AG Auto Union D Auto Union 3.0 V12 BEL FRA
6
ALE
Ret
SUI
10
23
Fonte:[2]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Pts
1951 BRM Ltd BRM P15 BRM P15 1.5 V16s SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA
NTS
ESP NC 0
1952 AFM AFM 6 Küchen 2.0 V8 SUI
Ret
500 BEL FRA GBR ALE NED NC 0
Écurie Espadon Ferrari 212 Ferrari 166 2.0 V12 ITA
NSC
1953 Hans Stuck AFM 6 Bristol BS1 2.0 L6 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE
Ret
SUI ITA
14
NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non aparece no Campionato.
  2. "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Consultado o 11 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hans Stuck and E. G. Burggaller (editors), Motoring Sport (G.T. Foulis, London, 1935) Although this is a collection of items by various writers, it does contain a number of items by Stuck

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]