E. T. A. Hoffmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ernst Theodor Amadeus Hoffmann»)
E. T. A. Hoffmann
Nome completoErnst Theodor Wilhelm Hoffmann
AlcumeE. T. A. Hoffmann
Nacemento24 de xaneiro de 1776 e 1776
Lugar de nacementoKönigsberg e Kaliningrado
Falecemento25 de xuño de 1822, 24 de xullo de 1822 e 1822
Lugar de falecementoBerlín
Causacancro e tuberculose
SoterradoFriedhof III der Gemeinde Jerusalems- und Neue Kirche
NacionalidadeReino de Prusia
EtniaPobo alemán
Alma máterUniversidade de Königsberg
Ocupacióncompositor, xuíz, caricaturista, pintor, escritor de literatura infantil, escritor, director de orquestra, guionista, escritor de ciencia ficción, novelista, crítico musical, debuxante, autor de diarios, crítico e realizador
CónxuxeMaria Thekla Michaelina Hoffmann
Coñecido porUndine, The Devil's Elixirs, O Quebra-Nozes e o Rei dos Camundongos, Mademoiselle de Scuderi, O Homem de Areia, O pote de ouro e Master flea
Na rede
http://www.etahg.de
IMDB: nm0006782 Allocine: 246442 Allmovie: p310470 IBDB: 79587
Bitraga: 1571 Musicbrainz: 996d3e0e-0aea-47c8-9900-741cd8220d72 Discogs: 582111 IMSLP: Category:Hoffmann,_Ernst_Theodor_Amadeus Allmusic: mn0001174445 WikiTree: Hoffmann-2909 Find a Grave: 6825677 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, nado en Königsberg (Prusia Oriental; agora Kaliningrado, en Rusia) o 24 de xaneiro de 1776 e finado en Berlín o 25 de xuño de 1822, foi escritor e compositor alemán, que influíu no movemento romántico da literatura alemá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun avogado aínda que despois da separación dos seus pais en 1778 foi criado pola familia da súa nai. O seu terceiro nome era orixinalmente Wilhelm, pero máis tarde tomou o de Amadeus en honor a Wolfgang Amadeus Mozart.

Hoffmann estudou dereito na Universidade de Königsberg pero soamente exerceu o seu cargo de avogado durante un curto período de tempo, antes de dedicarse á pintura. En 1814 regresou á administración civil prusiana en Berlín e exerceu como xuíz até a súa morte.

Obra[editar | editar a fonte]

Hoffmann é moito máis coñecido como escritor. As súas obras de ficción, combinan o grotesco e o sobrenatural cun poderoso realismo psicolóxico, encóntranse entre as máis influentes do movemento romántico.

As máis famosas son os contos fantásticos nos que Jacques Offenbach baseou a ópera Os contos de Hoffmann (1880) e Léo Delibes o seu ballet Coppélia (1870).

Moitas das novelas curtas máis famosas de Hoffmann foron reunidas nas súas Pezas fantásticas de 2 volumes, (1814-1815), que tamén contén unha colección de crítica musical e as ilustracións propias. Hoffmann escribiu tamén a obra Os elixires do diaño (1816).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sobre a concepción romántica da música en Hoffmann ver Fausto Cercignani, "E. T. A. Hoffmann, Italien und die romantische Auffassung der Musik", in S. M. Moraldo, Das Land der Sehnsucht. E. T. A. Hoffmann und Italien, Heidelberg, Winter, 2002, 191-201 ISBN 978-3-8253-1194-0.