Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.
En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit,[1] celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.
Data e sistema electoral
[editar | editar a fonte]As eleccións celebráronse entre o xoves 23 e o domingo 26 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. No caso de Chequia e Francia, houbo dous días de votación.
En España, celebráronse ao mesmo tempo as eleccións municipais e autonómicas (excepto Andalucía, Cataluña, Galicia, a Comunidade Valenciana e o País Vasco).
Día | País |
---|---|
xoves 23 de maio | Reino Unido, Países Baixos |
venres 24 de maio | Irlanda, Chequia |
sábado 25 de maio | Chequia, Eslovaquia, Letonia, Malta, Francia |
domingo 26 de maio | Francia, Alemaña, Italia, España, Polonia, Romanía, Bélxica, Grecia, Hungría, Portugal, Suecia, Austria, Bulgaria, Finlandia, Dinamarca, Croacia, Lituania, Eslovenia, Chipre, Estonia, Luxemburgo |
Sistema electoral
[editar | editar a fonte]O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais países. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.[Cómpre referencia]
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Novidades
[editar | editar a fonte]Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2014 un repartimento de escanos lixeiramente diferente. A saída do Reino Unido, que tiña 73 eurodeputados, permitiu un novo repartimento dos pesos dos países. Porén, a incerteza sobre a saída británica, e sobre se finalmente terán lugar eleccións europeas no Reino Unido, pode afectar o número final de escanos a repartir e a súa distribución.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Circunscrición | 2014 | 2019 | Poboación en 2018 |
Habitantes / eurodeputado |
---|---|---|---|---|
Alemaña | 96 | 96 | 82 887 000 | 863 406 |
Francia | 74 | 79 | 67 372 000 | 852 810 |
Reino Unido | 73 | 66 040 000 | ||
Italia | 73 | 76 | 60 395 000 | 794 671 |
España | 54 | 59 | 46 733 000 | 792 085 |
Polonia | 51 | 52 | 38 434 000 | 739 115 |
Romanía | 32 | 33 | 19 524 000 | 591 636 |
Países Baixos | 26 | 29 | 17 285 000 | 596 034 |
Bélxica | 21 | 21 | 11 450 000 | 545 238 |
Grecia | 21 | 21 | 10 768 000 | 512 762 |
República Checa | 21 | 21 | 10 628 000 | 506 095 |
Portugal | 21 | 21 | 10 291 000 | 490 048 |
Hungría | 21 | 21 | 9 771 000 | 465 286 |
Suecia | 20 | 21 | 10 215 000 | 486 426 |
Austria | 18 | 19 | 8 858 000 | 466 211 |
Bulgaria | 17 | 17 | 7 050 000 | 414 706 |
Dinamarca | 13 | 14 | 5 806 000 | 414 713 |
Finlandia | 13 | 14 | 5 522 000 | 394 429 |
Eslovaquia | 13 | 14 | 5 445 000 | 388 929 |
Irlanda | 11 | 13 | 4 857 000 | 373 615 |
Croacia | 11 | 12 | 4 105 000 | 342 083 |
Lituania | 11 | 11 | 2 794 000 | 254 000 |
Eslovenia | 8 | 8 | 2 070 000 | 258 750 |
Letonia | 8 | 8 | 1 921 000 | 240 125 |
Estonia | 6 | 7 | 1 319 000 | 188 428 |
Chipre | 6 | 6 | 864 000 | 144 000 |
Luxemburgo | 6 | 6 | 602 000 | 100 333 |
Malta | 5 | 6 | 475 000 | 79 167 |
total | 751 | 751 | 447 441 000 | 595 794 |
Candidatos a Presidente da Comisión
[editar | editar a fonte]Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:
- Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas: Frans Timmermans
- Partido Popular Europeo: Manfred Weber
- Alianza de Liberais e Demócratas por Europa: aínda por designar
- Verdes Europeos - Alianza Libre Europea: Ska Keller e Bas Eickhout, mentres que o candidato de ALE aínda está por designar.
- Alianza de Conservadores e Reformistas Europeos: Jan Zahradil
- Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica: aínda por designar
- Europa da Liberdade e da Democracia:
- Movemento por unha Europa das Nacións e da Liberdade: aínda por designar.
- Grupo Europarlamentario de Non Inscritos: Non presentará candidato
Candidaturas e cabezas de lista
[editar | editar a fonte]Os comicios celebráronse en España o 26 de maio. Os 54 eurodeputados españois foron elixidos nunha circunscrición única,[2] polo que as listas e candidatos foron as mesmas en todo o país, aínda que algúns partidos e coalicións adaptaron o seu nome á lingua dalgunhas comunidades e mostraron na papeleta só os nomes dalgúns dos compoñentes da lista.[3] Esta é a lista completa de candidaturas e os seus cabezas de lista:
- Partido Popular: Dolors Montserrat
- Partido Socialista Obrero Español: Josep Borrell
- Cidadáns: Luis Garicano
- Unidas Podemos Cambiar Europa: María Eugenia Rodríguez Palop
- Vox: Jorge Buxadé
- Agora Repúblicas: Oriol Junqueras
- Izquierda en Positivo: Javier Couso
- Partido Animalista Contra el Maltrato Animal (PACMA): Silvia Barquero
- Partido Comunista dos Pobos de España: Carmelo Suárez
- Partido Comunista dos Traballadores de España: Ástor García
- Iniciativa Feminista: Consuelo Mira Tornadijo
- Foro de Ciudadanos: Justo Marco Grana Escolar
- Coalición por unha Europa Solidaria: Izaskun Bilbao
- Centristas por Europa: Francisco Jesús Martin Vargas
- Alternativa Republicana:Pedro Alberto García Bilbao
- FE de las JONS, Alternativa Española, La Falange, Democracia Nacional (ADÑ): Martín Ricardo Sáenz de Ynestrillas Pérez
- Volt Europa: Bruno Sánchez-Andrade Nuño
- Partido Humanista: Eva María Ubago Castro
- Actúa: María Garzón Molina
- Pirates de Catalunya: Carlos González Iglesias
- Igualdad Real: Antonia Alba Ortega
- Movimiento Independiente Euro Latino (MIEL): José Luis Cordeiro Mateo
- Contigo Somos Democracia: Domingo Rojo Sánchez
- Andalucía por Sí: Juan Ramón Flores Campos
- Compromiso Por Europa: Jordi Sebastià
- Por un Mundo más Justo (PUM+J): Alejandro Plans Beriso
- Movimiento Corriente Roja (MCR): Laura Requena Tejero
- Lliures por Europa: Gonzalo Boye
- Coalición Verde-Europa Ciudadana: Alejandro León Lacal
- Recortes Cero – Los Verdes – Grupo Verde Europeo: Sara Montero Sánchez
- Extremeños Prex Crex: Juan Carlos Herrero Bermejo
- Solidaridad y Autogestión Internacionalista: Diego Velicia Miranda
Presenza galega nas listas
[editar | editar a fonte]Resultados globais europeos
[editar | editar a fonte]É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (Cidadáns), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertencen Podemos e Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido euroscéptico, que ten como partido máis forte o Movemento Cinco Estrelas italiano. Ademais, está a formación da Europa das Nacións e da Liberdade, que agrupa a partidos de ultradereita.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras de perfil populista, socioliberal ou conservador.
Grupo político Estado |
PPE | S&D | ALDE | Verdes-ALE | EUE-EVN | CRE | ELDD | Non inscritos | Eurodeputados | Participación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 96 | |||||||||
Austria | 19 | |||||||||
Bélxica | 21 | |||||||||
Bulgaria | 17 | |||||||||
Croacia | 12 | |||||||||
Chequia | 21 | |||||||||
Dinamarca | 14 | |||||||||
Chipre | 6 | |||||||||
Eslovaquia | 14 | |||||||||
Eslovenia | 8 | |||||||||
España | 59 | |||||||||
Estonia | 7 | |||||||||
Finlandia | 14 | |||||||||
Francia | 79 | |||||||||
Grecia | 21 | |||||||||
Hungría | 21 | |||||||||
Irlanda | 13 | |||||||||
Italia | 76 | |||||||||
Letonia | 8 | |||||||||
Lituania | 11 | |||||||||
Luxemburgo | 6 | |||||||||
Malta | 6 | |||||||||
Países Baixos | 29 | |||||||||
Polonia | 52 | |||||||||
Portugal | 21 | |||||||||
Reino Unido | ||||||||||
Romanía | 33 | |||||||||
Suecia | 21 | |||||||||
Total | 751 |
Resultados en Galicia e España
[editar | editar a fonte]Partido ou coalición | Votos | % | EuroDep. | ± % | ± ED | Votos en Galicia | % | ± % | |
PSOE | |||||||||
PP | |||||||||
Cidadáns | |||||||||
Podemos | |||||||||
Vox | |||||||||
Agora Repúblicas | |||||||||
Outros | |||||||||
Total | 100% | 54 | — | = | 100% | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La UE pospone el 'brexit' 6 meses, hasta el 31 de octubre". eitb.eus (en castelán).
- ↑ "Elecciones Europeas - Diferencias en las leyes electorales de los distintos Estados de la UE" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Candidaturas ás eleccións europeas 2019" (PDF). BOE (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eleccións europeas 2019 (en varias linguas).
- Parlamento europeo (en varias linguas).