Luis Garicano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Garicano
Luis Garicano - 01.jpg
Nacemento1967
Lugar de nacementoValladolid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid, Colégio da Europa e Universidade de Chicago
Ocupacióneconomista, catedrático e político
Na rede
Twitter: lugaricano Instagram: lugaricano Dialnet: 2603458 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luis Garicano Gabilondo, nado en Valladolid en 1967, é un economista e político español, profesor de estratexia e economía da Escola de Negocios do Instituto Empresa e vicepresidente do partido político europeo Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en ciencias económicas (1990) e dereito (1991) na Universidade de Valladolid e obtivo o doutoramento na Universidade de Chicago en 1998 e neses anos foi tamén profesor axudante de Gary Becker e Kevin M. Murphy, dous dos principais expoñentes da teoría do capital humano, que sostén que a calidade e mais a educación dos traballadores constitúen o principal factor necesario para o crecemento económico. Tras obter o seu doutoramento, foi contratado como profesor na Escola de Negocios Booth da Universidade de Chicago, logrando praza como catedrático en 2006.

Recibiu en 2007 o premio Fundación Banco Herrero ao mellor investigador español menor de 40 anos nos campos do coñecemento económico, empresarial e social[1]. En 2008 pasou á London School of Economics como catedrático de economía e estratexia e mais como director de investigación no equipo fundador dun novo departamento denominado administración de empresas. Na mesma universidade tamén fundou e dirixiu o programa de mestrado en economía e administración. Dende maio de 2017 é catedrático de economía e estratexia na escola de negocios do Instituto Empresa (IE) e director do Instituto para la Economía Digital.

Traballou como economista para a Comisión Europea entre 1992 e 1993 para a consultora McKinsey & Company en 1998 e para a Fundación de Estudos de Economía Aplicada en 2010, onde foi titular da Cátedra McKinsey[2]. Entre xaneiro de 2012 e abril de 2016 tamén foi membro independente do Consello de Administración de Liberbank.

Desenvolveu tarefas de investigación no campo económico, defendendo a idea das xerarquías como ferramentas para fomentar o coñecemento e a especialización nas empresas[3]. Publicou en diversas revistas académicas de economía: Quarterly Journal of Economics, Journal of Political Economy, Review of Economic Studies, American Economic Review ou Journal of Economic Perspectives.[4][5]

E tamén publicou artigos de opinión no Financial Times, El País e El Mundo[6][7], así como varios libros nos que defende reformas en campos clave en España como o modelo educativo, o sistema de pensións ou a lexislación laboral. Dende 2009 escribe no blog sobre economía "NadaEsGratis"[8][9]

En 2013 publicou un manifesto canda Carles Casajuana, César Molinas e Elisa de la Nuez para promover unha reforma da lei de partidos que apoiaron un cento de intelectuais[10]. O 8 de febreiro de 2015 anunciou a súa entrada en Ciudadanos, converténdose no principal economista do partido, e redactando o programa económico co que o partido concorreu ás eleccións xerais de 2015 e 2016, e no que se incluían propostas como o complemento salarial e mais o contrato único[11].

Canda outros 7 políticos de formacións europeas liberais ocupou, en 2016, a vicepresidencia do partido político europeo ALDE (Alianza dos Demócratas e Liberais de Europa), do cal forma parte o seu partido[12]. En febreiro de 2019 o seu partido elixiuno como cabeza de lista ás eleccións europeas dese ano logo dun proceso de primarias no que Garicano conseguiu o 71% dos votos[13][14].

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Garicano, Luis; Bagües, Manuel e Fernández Villaverde, Jesús (2010). La Ley de Economía Sostenible y las Reformas Estructurales. Madrid: FEDEA.
  • Bentolila, Samuel; Cabrales, Antonio; Fernández Villaverde, Jesús; Garicano, Luis; Rubio, Juan e Santos, Tano (2011). Nada es Gratis: Como Evitar una Década Perdida tras la Década Prodigiosa. Barcelona: Destino.
  • Garicano, Luís (2013). El Dilema de España. Barcelona: Península (5 edicións).
  • Garicano, Luís, Roldán, Toni (2015). Recuperar el Futuro: Doce Propuestas que Cambiarán España. Barcelona: Península.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Convocatorias – Fundació Banc Sabadell". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  2. "A Growth Agenda for Spain" (PDF). 
  3. Garicano, Luis. "Hierarchies and the Organization of Knowledge in Production" 108 (5). ISSN 0022-3808. doi:10.1086/317671. Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  4. Garicano, Luis; Rossi-Hansberg. "Organization and Inequality in a Knowledge Economy" 121 (4). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  5. Bloom, Nicholas; Garicano; Sadun; Reenen. "The distinct effects of Information Technology and Communication Technology on firm organization" (14975). National Bureau of Economic Research. Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  6. "Artículos escritos por Luis Garicano". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  7. "Knowledge economy expert Luis Garicano joins IE Business School | IE University". IE University (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  8. Garicano, Luis (1 de decembro de 2009). "“Policy” y “Politics”: Una distinción inexistente en nuestro idioma (pero muy necesaria)". Nada es Gratis (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  9. Fernández-Villaverde, Jesús (29 de setembro de 2011). "Nada es Gratis: el libro". Nada es Gratis (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  10. "Manifiesto por una nueva ley de partidos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  11. Alonso, Mariano (9 de febreiro de 2015). "Ciudadanos encarga a Luis Garicano su programa económico". Libre Mercado (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  12. "Garicano es elegido nuevo vicepresidente de la alianza liberal-demócrata europea". El Español (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  13. "Garicano, elegido candidato de Ciudadanos a las europeas con una baja participación". Consultado o 9 de febreiro de 2019. 
  14. "Luis Garicano, candidato de Ciudadanos a las elecciones europeas con el 71% de los votos". 8 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de febreiro de 2019.