Izaskun Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izaskun Bilbao no 2014.

Izaskun Bilbao Barandica,[1] nada en Bermeo, o 27 de marzo de 1961, é unha política vasca do PNV.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade de Deusto. De 1996 a 1998 foi directora de servizos do Departamento Vasco de Interior, e logo ocupou o mesmo cargo en Cultura. Foi concelleira no Concello de Bermeo e é interventora do Concello de Kortezubi. Membro do Partido Nacionalista Vasco, é deputada no Parlamento Vasco desde 1998 e foi presidenta do mesmo entre 2005 e 2009, ao non conseguir o candidato inicial do PNV, Juan María Atutxa, a maioría necesaria para ser elixido.

Nas eleccións autonómicas de 2009 foi cabeza de lista do PNV por Biscaia. Ese mesmo ano, abandona o Parlamento Vasco para formar parte das listas electorais do grupo liberal-demócrata ao Parlamento Europeo a través do Partido Demócrata Europeo, socio menor da coalición.

Izaskun Bilbao domina o éuscaro, o español e o francés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Izaskun Bilbao (ed.). "Páxina oficial". Consultado o 15 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]