Junts per Catalunya é unha marca electoral rexistrada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e o Partit Demòcrata (PDeCAT), pero integrada basicamente per persoas independentes, con motivo das eleccións ao Parlament de Catalunya de 2017. Despois da declaración de independencia no Parlament de Catalunya e a posterior activación do artigo 155 da Constitución española, o presidente español Mariano Rajoy convocou eleccións autonómicas. Carles Puigdemont exiliouse a Bélxica para evitar a prisión e varios consellers do anterior Govern de Catalunya estaban en prisión preventiva acusados de sedición. Nese contexto, varios dirixentes do PDeCAT, como o ex-president Artur Mas, Marta Pascal ou David Bonvehí, reuníronse con Puigdemont en Bruxelas e este último accedeu a ser candidato a president, coa condición de que fora unha lista que superara as siglas nacionalistas e que sumara independentes. Inicialmente, Puigdemont propuxera presentarse como cabeza de lista dunha agrupación de electores.
O nome non era novo xa que fora unha das propostas que descartaran as bases do PDeCAT no congreso fundacional do novo partido. Finalmente, o sistema aprobouse no consello nacional do partido celebrado o 15 de novembro de 2017.
Nas eleccións, Junts per Catalunya obtivo 34 deputados e quedou por diante, contra todo prognóstico, da outra gran forza independentista, Esquerra Republicana, que obtivo 32. Converteuse na segunda forza do Parlament por detrás de Ciutadans.[4]