Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas ou S&D[1] é o grupo europarlamentario socialdemócrata do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. A maior parte dos seus eurodeputados pertencen a formacións que son, á súa vez, membros do Partido Socialista Europeo.

Historia[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 1953 creouse o primeiro Grupo dos Socialistas, así chamado, que reunía os partidos socialdemócratas da [2] Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, a predecesora do Parlamento Europeo. Este primeiro Grupo dos Socialistas tivo a súa primeira oficina en Luxemburgo.

Ao longo da historia o grupo parlamentario foi mudando o seu nome. Dese primeiro Grupo dos Socialistas pasouse a Grupo Socialista coa creación do Parlamento Europeo en 1958, denominación que conservou ata 1993, cando mudou a Grupo do Partido dos Socialistas Europeos. Regresou a Grupo Socialista en 2004 e finalmente pasou a ser Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas en 2009. Moitos dos eurodeputados do S&D son tamén membros de partidos que pertencen ao Partido Socialista Europeo, pero non todos. Tamén existen outras formacións socialdemócratas que, sen pertenceren ao PSE, achegan os seus parlamentarios ao S&D.

Dende que hai eleccións directas ao Parlamento Europeo, o S&D, e as súas denominacións anteriores, foron o grupo maioritario durante a maior parte do tempo. Así foi entre 1979 e 1999 onde foi medrando progresivamente do 27,6%, ao 29,9%, ao 34,7% e ao 34,9% dos parlamentarios en cada unha das eleccións sucesivas. Pero nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 produciuse o primeiro gran retroceso, ao descer ao 28,8% dos escanos e, o que é máis importante, pasar a ser segunda forza. Esa baixa progresiva mantívose durante dous lustros máis, ao caer ao 28,3% e 25% respectivamente nos comicios de 2004 e de 2009.

Cargos de relevancia[editar | editar a fonte]

O grupo socialdemócrata proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu oito presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores): o belga Paul Henri Spaak (1952-54), que ademais foi o presidente inaugural da Asemblea Común da CECA; o alemán Walter Behrendt (1971-1973); o francés Georges Spénale (1975-77); o neerlandés Piet Dankert (1982-84); o español Enrique Barón (1989-92); o alemán Klaus Hänsch 1994-97); o español Josep Borrell (2004-07); e o de novo alemán Martin Schulz (2012-14).

Ademais, tamén pertenceron ao S&D catro presidentes da Comisión Europea: o neerlandés Sicco Mansholt, durante nove meses entre 1972 e 1973, o británico Roy Jenkins de 1977 a 1981, o francés Jacques Delors, que foi o presidente da Comisión Europea que máis ocupou ese cargo ao estar unha década entre 1985 e 1995, e o español Javier Marín, que estivo no posto unicamente durante seis meses e de forma interina en 1999.

Organización[editar | editar a fonte]

O S&D ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.[3]

Os presidentes do grupo do S&D foron:[4]

Número Presidente País Partido Desde Ata
1. Guy Mollet Francia Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) 1953 1956
2. Hendrik Fayat Bélxica Partido Socialista (PS) 1956 1958
3. Pierre Lapie Francia Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) 1958 1959
4. Willi Birkelbach Flag of Germany.svg Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 1959 1964
5. Käte Strobel Flag of Germany.svg Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 1964 1967
6. Francis Vals Francia Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) 1967 1974
7. Georges Spénale Francia Partido Socialista (PS) 1974 1975
8. Ludwig Spénale Flag of Germany.svg Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 1975 1979
9. Ernest Glinne Bélxica Partido Socialista (PS) 1979 1984
10. Rudi Arndt Flag of Germany.svg Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 1984 1989
11. Jean-Pierre Cot Francia Partido Socialista (PS) 1989 1994
12. Pauline Green Flag of the United Kingdom.svg Partido Laborista 1994 1999
13. Enrique Barón Crespo España Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 1999 2004
14. Martin Schulz Alemaña Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) 2004 2012
13. Hannes Swoboda Austria Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) 2012

Parlamentarios[editar | editar a fonte]

Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do S&D[5], logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.

País Partido 1979 1984 1989 1994 1999 2004 2009 2014 Total Total por estado
Alemaña Alemaña Partido Socialdemócrata de Alemaña 35 33 31 40 33 23 23 218 218
Austria Austria Partido Socialdemócrata de Austria 7 7 4 18 18
Bélxica Bélxica Partido Socialista Diferente 3 3 3 3 2 3 2 19
Partido Socialista Valón 4 4 5 3 3 4 3 26 45
Bulgaria Bulgaria Partido Socialista Búlgaro 4 4 4
República Checa República Checa Partido Socialdemócrata Checo 2 7 4 9
Chipre Chipre Movemento pola Socialdemocracia 0 1 1
Partido Democrático 1 1 2 3
Croacia Croacia Partido Socialdemócrata de Croacia
Dinamarca Dinamarca Socialdemócratas 3 3 4 3 3 5 4 11
Siumut (Groenlandia) 1 1 0 2 13
Eslovaquia Eslovaquia Dirección - Socialdemocracia 3 5 8 8
Eslovenia Eslovenia Socialdemócratas 1 2 3 3
España España Partido Socialista Obrero Español 27 22 24 24 21 118 118
Estonia Estonia Partido Socialdemócrata 3 1 4 4
Finlandia Finlandia Partido Socialdemócrata de Finlandia 3 3 2 8 8
Flag of France.svg Francia Partido Socialista 20 20 23 15 18 31 14 141
Partido Radical de Esquerda 2 0 2 0 2 6
Movemento Radical e Cidadán 2 2 149
Grecia Grecia Movemento Socialista Panhelénico (PASOK) 7 9 10 9 8 8 51
Esquerda Democrática Unida (PASOK - EDA) 1 0 1
PASOK - Coalición de Centro 2 2 54
Hungría Hungría Partido Socialista Húngaro 9 4 13 13
Irlanda Irlanda Partido Laborista 4 0 1 1 1 1 3 11 11
Italia Italia Partido Socialista Italiano 9 9 12 2 0 32
Partido Socialista Democrático Italiano 4 3 2 2 2 2 0 15
Partido Democrático 16 15 14 21 66 109
Letonia Letonia Partido Socialdemócrata «Harmonía» 0 1 1 2 1
Lituania Lituania Partido Socialdemócrata Lituano 2 3 5 5
Luxemburgo Luxemburgo Partido Obrero Socialista Luxemburgués 1 2 2 1 1 1 1 9 9
Malta Malta Partido Laborista 3 3 3 3
Países Baixos Países Baixos Partido do Traballo 9 9 8 8 6 7 3 50 50
Polonia Polonia Alianza da Esquerda Democrática-Unión do Traballo 5 7 12
Socialdemocracia de Polonia 3 0 3 15
Portugal Portugal Partido Socialista 7 10 12 12 7 48
Partido Renovador Democrático 1 1 49
Reino Unido Reino Unido Partido Laborista 17 32 45 62 29 19 13 249
Partido Socialdemócrata e Laborista (Irlanda do Norte) 1 1 1 1 1 5 253
Romanía Romanía Partido Socialdemócrata 10 10
Partido Conservador 1 1 11
Suecia Suecia Partido Socialdemócrata dos Traballadores Sueco 6 5 5 16 16

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]