Jordi Sebastià
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1966 (57 anos) Burjassot, España |
Eurodeputado | |
Representa: Compromís 1 de xullo de 2014 – 9 de outubro de 2016 – Florent Marcellesi (pt) → Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Alcalde de Burjassot | |
11 de xuño de 2011 – 7 de xuño de 2014 ← José Luis Andrés i Chavarrías – Rafael García García → | |
City councillor of Burjassot (en) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Burjassot |
Ocupación | político, xornalista, mestre, tradutor |
Empregador | Universidade de Valencia |
Partido político | Bloc Nacionalista Valencià |
Membro de | |
Páxina web | jordisebastia.eu |
Jordi Sebastià i Talavera, nado en Burjassot o 23 de novembro de 1966, é un político, escritor, xornalista e profesor universitario valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en filoloxía. Elixido concelleiro da súa cidade natal en 1999 polo Bloc Nacionalista Valencià, dende 2003 exerceu como o seu voceiro na corporación municipal e asemade dende 2004 é profesor de xornalismo na Universidade de Valencia.
Logo dos resultados das eleccións municipais de 2011 que deron unha maioría de esquerdas, converteuse en alcalde o 11 de xuño de 2011 co apoio do PSPV - PSOE e mais de Equerra Unida.[1]
O 21 de marzo de 2014 Compromís elixiuno o seu candidato ás eleccións ao Parlamento Europeo en 2014 nunhas primarias abertas nas que logrou o 48,6% dos votos contra outros catro candidatos[2]. Encabezou logo a coalición Primavera Europea, que logrou un deputado, converténdose Sebastià no primeiro eurodeputado de Compromís [3].
Obra
[editar | editar a fonte]Como escritor publicou a novela Un assumpte de perifèria en 1999, que xira en torno ao xornalismo [4] e o libro de relatos Atzucacs en 2009. No campo do ensaio publicou El parany cosmopolita. Una mirada a les arrels ideològiques de la globalizació ( 2004 ), sobre o proceso de globalización afirmando que o cosmopolitismo é un concepto exclusivo de Occidente que se está a empregar actualmente "como unha coartada para a uniformidade planetaria que Occidente puxo en marcha e que neste momento recibe o nome de globalización" [5] [6]. Esta publicación creou unha certa controversia, recibindo críticas moi eloxiosas e outras moi negativas, mesmo con cualificacións de antioccidental [6]
Escribiu tamén libros xornalísticos como La conquesta del vent (2004), La bellesa industrial (2007) e La dignidat i l'aixada (2010). Como xornalista, especializouse en reportaxes sociais e gañou o premio Laia González con Murir al carrer, unha reportaxe sobre os meniños da rúa brasileiros e o Ramon Barnils con El president, la fallera, l'horta i la carretera, denunciando o tráfico de influencias e a súa relación co urbanismo valenciano, concretamente sobre a horta de Burjassot. En 2013 escribiu para a ONG Fundació Fontilles o libro-reportaxe Llàgrimes de cotó, de pols i de silenci, sobre as mulleres con lepra na India . [7].
En 2008 gañou o premio de narrativa curta Josep Pasqual Tirado da Deputación de Castellón pola obra Atzucacs [8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Bloc logra una vara de mando histórica en Burjassot". Levante-EMV. 12 de xuño de 2011.
- ↑ "Sebastià arrasa en las primarias de Compromís". Levante-EMV. 22 de marzo de 2014.
- ↑ "Elecciones europeas: Compromís logra un eurodiputado y ya está en todas las instituciones". Levante-EMV. 25 de maio de 2014.
- ↑ "Jordi Sebastià desmitifica el periodismo en su primera novela". El País. 9 de setembro de 1999.
- ↑ "Sebastià relaciona en un ensayo el cosmopolitismo y la globalización". El País. 29 de setembro de 2004.
- ↑ 6,0 6,1 "Jordi Sebastià critica el sistema occidental en su primer ensayo". Levante-EMV. 19 de xuño de 2005.
- ↑ "La lepra estigmatiza a niñas y mujeres en India, donde la marginación impide que sean tratadas". RTVE. 27 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Jordi Sebastià guanya el premi de narrativa breu Josep Pasqual Tirado". Levante-emv. 09/10/2008. Arquivado dende o orixinal o 09/12/2008. Consultado o 21/04/2019.