Edoardo Mangiarotti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Edoardo Mangiarotti.jpg

Eduardo Mangiarotti, nado en Renate o 7 de abril de 1919 e finado en Milán o 25 de maio de 2012, foi un tirador de esgrima, xornalista deportivo e dirixente deportivo italiano, gañador de trece medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do esgrimista de prestixio internacional Giuseppe Mangiarotti que participara coa selección italiana nos Xogos Olímpicos de 1908 e mestre de armas que importou a Italia a variante da escola francesa de esgrima. Con seus dous irmáns, Mario e o tamén olímpico Dario, recibiu instrución de seu pai.

Coas súas participacións olímpicas entre 1936 e 1960 logrou 6 medallas de ouro, 5 de prata e 2 de bronce o que o converten no atleta con máis medallas olímpicas na historia da participación de Italia nos Xogos Olímpicos e o cuarto absoluto, despois de Michael Phelps, Larissa Latynina e Nikolai Andrianov. Polo que respecta ao campionato do mundo conquistou 26 medallas, a metade de ouro, sendo o italiano con máis medallas nesa competición.

Retirouse da alta competición tras os Xogos Olímpicos de 1960 de Roma como un dos máis grandes especialistas de todos os tempos en espada e florete. Unha das súas principais cualidades era ser ambidestro, o que lle permitía cambiar de garda tamén dentro dunha mesma competición.

Colaborou como xornalista co xornal La Gazzetta dello Sport desde 1949 a 1972 ocupándose da sección de esgrima. Durante o bienio 1959-1960 formou parte do comité de xestión designado polo Comité Olímpico Nacional Italiano para gobernar a Federación Italiana de Esgrima xunto con Gastone Darè e Renzo Nostini. No ano 1966 publicou o libro La vera scherma, escrito en colaboración con Aldo Cerchiari. No ano 1981 o Comité Olímpico Internacional condecorouno coa Orde Olímpica de bronce en 1977 e no ano 1998 o Presidente da República Italiana Oscar Luigi Scalfaro concedeulle a máxima honra italiana, nomeándoo Cavaliere di Gran Croce.

Foi membro de honra do consello federal da Federación Italiana de Esgrima e membro de honra da Fédération Internationale d'Escrime (FIE), foi un dos redactores das primeiras normas administrativas da FIE en 1962[1] e entre 1980 e 1984 foi o seu secretario xeral e foi presidente da súa comisión de disciplina (2000-2008). Foi tamén presidente da Unión Italiana de Veteranos Deportivos e da Asociación Medalla de Ouro aos Valores Atléticos. A súa filla Carola representou a Italia como tiradora de esgrima nos Xogos Olímpicos de 1976 e de 1980.

Xunto ao marchador Ugo Frigerio e o esquiador Gustav Thöni tivo o privilexio de ser seleccionado por dúas veces como portabandeira de Italia nunha cerimonia de apertura dunhas Olimpiadas, concretamente en Melbourne no ano 1956 e en Roma en 1960. Morreu na súa casa do centro de Milán o 25 de maio de 2012 á idade de 93 anos[2].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Campionatos mundiais[editar | editar a fonte]

Xogos do Mediterráneo[editar | editar a fonte]

  • 6 medallas[4]:
    • 2 de ouro (florete por equipos, espada por equipos en Alexandría 1951)
    • 3 de prata (florete individuale, florete por equipos, espada por equipos en Barcelona 1955)
    • 1 bronce (florete individual en Alexandría 1951)

Universíadas[editar | editar a fonte]

  • 3 medallas[5]:
    • 3 de ouro (florete individual, florete por equipos, espada por equipos en París 1947)

Campionatos italianos[editar | editar a fonte]

  • 7 medallas (datos parciais)[6]:
    • 7 de ouro (espada individual en 1947; espada individual en 1950; florete individual en 1952; florete individual en 1954; florete individual, espada individual en 1955; florete individual en 1957)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]