Xogos Mediterráneos
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os Xogos Mediterráneos son unha serie de eventos deportivos e culturais que se engloban dentro do Movemento Olímpico, entre os chamados Xogos Rexionais, celebrados polos países das costas do mar Mediterráneo. É nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 cando sae a idea de organizar uns Xogos nos que só participen os países da contorna do mar Mediterráneo. Farase realidade en 1951, en Alexandría, grazas á labor de Mohamed Taher Pacha. Desde aquela celebráronse 15 edicións, as dez primeiras cada catro anos, sempre no ano anterior duns Xogos Olímpicos, máis a partir de 1993, os Xogos Mediterráneos dispútanse ao ano seguinte duns Xogos Olímpicos, unha decisión tomada polo Comité Internacional dos Xogos Mediterráneos (CIXM) en 1991.
O emblema dos Xogos Mediterráneos son tres aros entrelazados, de cor azul. Os tres aros simbolizan aos tres continentes unidos por esta competición: Asia, África e Europa; a cor azul por estar unidos polo mar Mediterráneo.
A bandeira dos Xogos Mediterráneos é de cor celeste e cos tres aros entrelazados brancos no centro.
Países participantes
[editar | editar a fonte]25 países, pertencentes a tres continentes participan nestes Xogos:
- África: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos e Tunisia.
- Asia: Líbano e Siria
- Europa: Andorra, Albania, Bosnia e Hercegovina, Chipre, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, Portugal, San Marino, Serbia e Turquía (San Marino, Andorra e Serbia participan sen ser países mollados polo Mediterráneo).
Sedes
[editar | editar a fonte]Xogos Mediterráneos | |
Alexandría 1951 | Barcelona 1955 | Beirut 1959 | Nápoles 1963 | Tunes 1967| Esmirna 1971 | Alxer 1975 | Split 1979 | Casablanca 1983 | Latakia 1987 | Atenas 1991 | Languedoc-Rosellón 1993 | Bari 1997 | Tunes 2001 | Almería 2005 | Pescara 2009 | Volos-Larisa 2013 | Xogos Mediterráneos de 2018 | Xogos Mediterráneos de 2021 | |