Michael Phelps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Phelps nos Xogos Olímpicos de 2016.

Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal convirte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol. Ó longo da súa carreira bateu 39 récords mundiais de natación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Phelps comezou a súa carreira olímpica nos Xogos de Sydney 2000 con 15 anos de idade, sen acadar ningunha medalla. Nas súas seguintes 3 participacións acadou 22 medallas nestas probas:

  • Xogos de Atenas 2004: 6 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 2 bronces (200m libres, 4x100m libres).
  • Xogos de Pequín 2008: 8 ouros (400m estilos, 4x100m libres, 200m libres, 200m bolboreta, 4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos).
  • Xogos de Londres 2012: 4 ouros (4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos) e 2 pratas (4x100m libres, 200m bolboreta).

Trala cita de Londres, Phelps anunciou a súa retirada do deporte profesional, malia ter tan só 27 anos de idade.

Nos Campionatos Mundiais[editar | editar a fonte]

Phelps competiu en campionatos do mundo de natación entre os anos 2001 e 2011, colleitando 26 ouros, 6 pratas e 1 bronce, repartidos do seguinte xeito:

  • Mundial de Fukuoka 2001: 1 ouro (200m bolboreta).
  • Mundial de Barcelona 2003: 4 ouros (200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m estilos) e 2 pratas (100m bolboreta, 4x200m libres).
  • Mundial de Montreal 2005: 5 ouros (200m libres, 200m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (100m bolboreta).
  • Mundial de Melbourne 2007: 7 ouros (200m libres, 100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres).
  • Mundial de Roma 2009: 5 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (200m libres).
  • Mundial de Xangai 2011: 4 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x200m libres, 4x100m estilos), 2 pratas (200m libres, 200m estilos) e 1 bronce (4x100m libres).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]